
Está vostede en: Inicio > Traballadores > Prestacións / Pensións de Traballadores > Prestacións familiares > Prestación económica por nacemento ou adopción de fillo
Prestación económica de pagamento único cuxa finalidade é compensar, en parte, os maiores gastos que ocasiona o novo ser, en especial, na primeira etapa da súa vida. Esta nova prestación ten unha natureza dobre:
Serán causantes cada fillo nacido ou adoptado, a partir do 1 de xullo de 2007, sempre que o nacemento se producise en territorio español e que a adopción se constituíse ou recoñecese por autoridade española competente.
Enténdese como nacido o feto con figura humana e que teña vivido 24 horas enteiramente desprendido do seo materno (art. 30 do Código Civil).
As persoas que a seguir se indican, sempre que acrediten a súa residencia de forma legal, efectiva e continuada en territorio español durante polo menos os 2 anos inmediatamente anteriores ao nacemento ou adopción.
Por cada fillo nacido ou adoptado, o beneficiario terá dereito a:
O beneficiario poderá cederlle o dereito ao cobro da dedución ou da prestación económica ao outro proxenitor ou adoptante cando lle sexa recoñecido, sempre que este reúna os requisitos esixidos.
A percepción da prestación por nacemento ou adopción de fillo será compatible coa percepción das demais prestacións familiares da Seguridade Social, pero incompatible coas deducións do IRPF.
Xestión
A xestión e administración da prestación económica non contributiva é competencia do INSS, malia delegarse o seu exercicio nos órganos competentes da Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT).
Prazo de presentación da solicitude:
A solicitude poderase presentar a partir da inscrición do nacemento ou adopción do fillo no Rexistro Civil.
Prescrición:
O dereito ao recoñecemento da prestación prescribe aos 5 anos, contados desde o día seguinte a aquel no que se produce o feito causante.
A presentación da solicitude de aboamento anticipado da dedución no IRPF e da prestación non económica, axustadas aos modelos 140 e 141, non requirirá que se acompañe ningún documento xustificativo do cumprimento dos requisitos esixidos, cuxa verificación se efectuará pola |AEAT mediante o intercambio da información necesaria coas administracións públicas competentes en cada caso.
Non obstante, nos casos en que efectuado o intercambio de información, non se puidese constatar o cumprimento dos requisitos esixidos, poderáselle requirir ao solicitante a achega, entre outros, dos seguintes documentos:
Deberán presentar o modelo 140:
Os contribuíntes do IRPF con dereito á aplicación do pagamento anticipado da dedución por maternidade e que, á súa vez, desexen percibir o aboamento anticipado da dedución por nacemento ou adopción.
Deberán presentar o modelo 141: