MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL

Seguridade Social

Escudo de España ao carón do logotipo do Ministerio de Emprego e Seguridade Social con ligazón á súa páxina web. Ligazón nunha nova ventá. Logotipo da Seguridade Social con enlace á páxina de inicio
Información Lingüística

Traballadores

Extinción

  • Por contraer novo matrimonio ou constituír unha parella de feito. Non obstante, poderase seguir percibindo a pensión de viuvez, a pesar de que o pensionista contraia un novo matrimonio ou unha parella de feito, sempre que se acrediten os seguintes requisitos:

    • Ser maior de 61 anos ou menor e ter recoñecida tamén unha pensión de incapacidade permanente absoluta ou de grande invalidez ou acreditar unha discapacidade en grao superior ao 65%.

    • A pensión de viuvez debe constituír a principal ou única fonte de ingresos do pensionista. Enténdese que constitúe a principal fonte de ingresos cando o o seu importe, en cómputo anual, representa como mínimo o 75% do total de ingresos de aquel.

    • Ter o matrimonio ou parella de feito uns ingresos anuais, de calquera natureza e incluída a pensión de viuvez, que non superen en dúas veces o importe, en cómputo anual, do SMI vixente en cada momento.

  • Por declaración, en sentenza firme, de culpabilidade na morte do causante.
  • Por falecemento.
  • Por comprobarse que non faleceu o traballador desaparecido en accidente.
  • Por condena, en sentenza firme, pola comisión dun delito doloso de homicidio en calquera das súas formas ou de lesións, cando a ofendida fose a causante da pensión, agás que, no seu caso, medie reconciliación entre eles.

Nestes supostos, a pensión de viuvez que se debese recoñecer incrementará as pensións de orfandade se as houbese.

                              



Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.

Icona de conformidade cos estándares AA Icona de conformidade cos estándares HTML 4.0. Icona de conformidade cos estándares CSS