MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL

Seguridade Social

Escudo de España ao carón do logotipo do Ministerio de Emprego e Seguridade Social con ligazón á súa páxina web. Ligazón nunha nova ventá. Logotipo da Seguridade Social con enlace á páxina de inicio
Información Lingüística

Traballadores

Extinción

  1. Por cumprir 21 anos (agás que, en tal momento, tivese reducida a súa capacidade de traballo nunha porcentaxe valorada nun grao de incapacidade permanente absoluta ou grande invalidez). 

    Cando só existe un proxenitor, se o orfo non traballa ou os seus ingresos son inferiores ao SMI:

    - Dende o 02-08 ao 31-12 de 2011, ao cumprimento de 22 anos.
    - Durante 2012, ao cumprimento dos 23 anos.
    - Durante 2013, ao cumprimento dos 24 anos. 
    - A partir de 2014, ao cumprimento dos 25 anos ou dende o día primeiro do mes inmediatamente posterior ao do inicio do seguinte curso académico


    Cando non exista ningún proxenitor ou o orfo presentase unha discapacidade en grao igual ou superior ao 33%, se o orfo traballa ou os seus ingresos son inferiores ao SMI, a pensión extinguirase aos 25 anos. 

    Se o orfo estivese cursando estudos e cumprise 25 anos durante o transcurso do curso escolar, a percepción da pensión manterase ata o día 1º do mes inmediatamente posterior ao do inicio do seguinte curso académico.

  2. Por cesar na incapacidade que lle outorgaba o dereito á pensión.

  3. Por adopción.

  4. Por contraer matrimonio, agás que estivese afectado de incapacidade permanente absoluta ou grande invalidez (aplicable aos matrimonios celebrados a partir do 23-11-05).

  5. Por falecemento.

  6. Por comprobarse que non faleceu o traballador desaparecido en accidente.

Se ao extinguirse a pensión, por algunha das catro primeiras causas, o beneficiario non devindicou 12 mensualidades da mesma, seralle entregada dunha soa vez a cantidade precisa para completalas.

Igual regra será de aplicación, cando o beneficiario non chegase a devindicar cantidade algunha da pensión de orfandade antes de chegar á idade límite para ser perceptor da mesma, por tela solicitado en data posterior a chegar a esta idade, sempre que na data do feito causante reunise as condicións para ser beneficiario.

                              



Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.

Icona de conformidade cos estándares AA Icona de conformidade cos estándares HTML 4.0. Icona de conformidade cos estándares CSS