MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL

Seguridade Social

Escudo de España ao carón do logotipo do Ministerio de Emprego e Seguridade Social con ligazón á súa páxina web. Ligazón nunha nova ventá. Logotipo da Seguridade Social con enlace á páxina de inicio
Información Lingüística

Traballadores

Contía / Aboamento



A contía da pensión calcúlase aplicándolle á base reguladora a porcentaxe correspondente.

  • Base reguladora: calcúlase da mesma forma ca a pensión de viuvez.
  • Se o falecemento foi debido a accidente de traballo (AT) ou enfermidade profesional (EP), concédese, ademais, a cada orfo unha indemnización especial dunha mensualidade da base reguladora.
  • Nos casos de orfandade absoluta, as prestacións correspondentes ao orfo incrementaranse nos termos e condicións seguintes:
    1. Cando á morte do causante non exista beneficiario da pensión de viuvez, a contía da pensión de orfandade incrementarase co importe resultante de aplicar á base reguladora o 52%.

    2. Cando á morte do causante exista algún beneficiario da pensión de viuvez, a pensión de orfandade poderá, no seu caso, incrementarse no importe resultante de aplicar á base reguladora a porcentaxe de pensión de viuvez que non fora asignado.

    3. Cuando o proxenitor sobrevivente faleza sendo beneficiario da pensión de viuvez, procederase a incrementar a porcentaxe da pensión que tivera recoñecida o orfo, sumándolle o que se aplicase para determinar a contía da pensión de viuvez extinguida.

    4. En calquera dos supostos previstos nos tres parágrafos anteriores, se existen varios orfos con dereito a pensión, a porcentaxe de incremento que corresponda distribuirase a partes iguais entre todos eles.

    5. Os incrementos regulados nos parágrafos 1 a 4 en ningún caso darán lugar a que se supere o límite establecido para as pensións por morte e supervivencia. Non obstante, estes incrementos serán compatibles coa prestación temporal de viuvez, podendo ser recoñecidos durante a percepción desta última.

    6. En caso de falecemento por AT ou EP , a indemnización que se recoñeza aos orfos absolutos incrementarase coa que correspondese ao cónxuxe ou a quen fora cónxuxe ou parella de feito do falecido. En caso de concorrer varios beneficiarios, o incremento distribuirase a partes iguais entre todos eles.

    7. Os incrementos establecidos só poderán ser recoñecidos con respecto a un só dos proxenitores, cando concorran nun mesmo beneficiario pensións causadas polo pai e a nai.

Nos supostos de violencia de xénero,cando o proxenitor supervivente perdese a condición de beneficiario da pensión de viuvez, o orfo terá dereito aos incrementos previstos para os casos de orfandade absoluta.

Así mesmo, asimílase a orfo absoluto o orfo dun só proxenitor coñecido.


  • Límite das prestacións:

    • Se existen varios beneficiarios, a suma das contías de todas as pensións por morte e supervivencia non poderá superar o 100% da base reguladora, agás para garantir o mínimo de pensión vixente en cada momento.

      Esta limitación aplícase á determinación inicial das contías citadas, pero non afecta ás revalorizacións periódicas que procedan no sucesivo.

      A efectos da limitación do 100% da base reguladora, as pensións de orfandade terán preferencia sobre as pensións a favor doutros familiares.

    • O límite do 100% establecido con carácter xeral poderá ser superado en caso de concorrencia de varias pensións de orfandade cunha pensión de viuvez, cuando a esta lle corresponda a porcentaxe  do 70%, se ben, a suma das pensións de orfandade non poderá superar, en ningún caso, o 48% da base reguladora que corresponda (70% + 48% = 118%).

      A superación do límite das pensións de viuvez e orfandade ata o 118%, afecta non só aos feitos causantes posteriores ao 01-01-08 senón tamén aos anteriores con efectos dende esta data.

    • Cando concorran nun mesmo beneficiario pensións causadas polo pai e a nai, as pensións orixinadas por cada un dos causantes poden alcanzar ata o 100% da súa respectiva base reguladora.


  • A pensión abóase mensualmente, con dúas pagas extraordinarias ao ano, que se fan efectivas coas mensualidades de xuño e novembro, agás nos casos de accidente de traballo e enfermidade profesional, en que se prorratean as pagas nas doce mensualidades ordinarias.
  • A pensión, incluído o importe da pensión mínima, revalorízase  ao comezo de cada ano, de acordo co Índice de Prezos ao Consumo previsto para ese ano.
  • Garántense  contías mínimas mensuais por beneficiario. No caso de orfandade absoluta, o mínimo de orfandade increméntase coa contía mínima da pensión de viuvez do titular menor de 60 anos sen cargas familiares, distribuíndose esta contía entre o número de orfos, se son varios.
  • A partir de 1-1-03, a pensión está exenta de tributación a efectos do  Imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF).
  • A pensión  aboarase:
    • Se o orfo é menor de 18 anos, a quen o teña ao seu cargo, en tanto cumpra coa obriga de mantelo e educalo, ou a quen teña atribuída a garda do menor, se este se atopa en situación de desamparo constatado pola entidade pública competente.

      En ningún caso, será aboada a pensión  a quen fose condenado, por sentenza firme, pola comisión dun delito doloso de homicidio en calquera das súas formas ou de lesións cando a ofendida polo delito fose o seu cónxuxe ou ex cónxuxe, ou estivese ou tivese estado ligado a ela por análoga relación de afectividade, aínda sen convivencia, agás que mediara reconciliación entre eles.  
    • Se o orfo é maior de 18 anos, aboarase directamente a este, agás que fose declarado incapacitado xudicialmente, en cuxo caso se aboará a quen teña atribuída a súa garda.


Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.

Icona de conformidade cos estándares AA Icona de conformidade cos estándares HTML 4.0. Icona de conformidade cos estándares CSS