
MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL
Contenido
Traballadores
Estás en: Inicio » Traballadores » Prestacións / Pensións de Traballadores » Morte e supervivencia » Réxime Xeral » Pensión de orfandade » Beneficiarios
Beneficiarios
-
Os fillos do causante, calquera que sexa a natureza legal da súa filiación.
-
Os fillos do cónxuxe sobrevivente achegados ao matrimonio, sempre que este se celebrase dous anos antes do falecemento do causante, convivisen ás súas expensas e ademais non teñan dereito a outra pensión da Seguridade Social, nin queden familiares con obriga e posibilidade de prestarlles alimentos, segundo a lexislación civil.
Na data do falecemento do causante, os fillos indicados nos dous parágrafos anteriores deben ser:
-
Con carácter xeral, menores de 21 anos ou maiores que teñan reducida a súa capacidade de traballo nunha porcentaxe valorada en grao de incapacidade permanente absoluta ou grande invalidez.
-
Nos casos de orfandade absoluta (inexistencia de proxenitores ou adoptantes):
- Cando o orfo non efectúe un traballo lucrativo por conta allea ou propia, ou cando realizándoo, os ingresos que obteña resulten inferiores, en cómputo anual, á contía vixente do SMI que se fixe en cada momento, tamén en cómputo anual, a idade amplíase ata os 25 anos (aplicable dende o 02-08-2011).
- Se o orfo estivese cursando estudos e fixese os 25 anos durante o transcurso do curso escolar, a percepción da pensión de orfandade manterase ata o día 1 do mes inmediatamente posterior ao do inicio do seguinte curso académico.
-
Nos casos de orfandade simple (cando sobreviva un dos proxenitores ou adoptantes):
-
Se o orfo non traballa ou os seus ingresos son inferiores ao SMI, o límite dos 25 anos será aplicable a partir do 01-01-2014. Ata esta data, o límite será: durante o ano 2011, 22 anos; durante o ano 2012, 23 anos e, durante 2013, de 24 anos.
-
Se o orfo estivese cursando estudos e fixese os 25 anos durante o transcurso do curso escolar, a percepción da pensión de orfandade manterase ata o día 1 do mes inmediatamente posterior ao do inicio do seguinte curso académico.
Información Relacionada
Pie
Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.





