MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL

Seguridade Social

Escudo de España ao carón do logotipo do Ministerio de Emprego e Seguridade Social con ligazón á súa páxina web. Ligazón nunha nova ventá. Logotipo da Seguridade Social con enlace á páxina de inicio
Información Lingüística

Traballadores

Estás en: Inicio » Traballadores » Prestacións / Pensións de Traballadores » Maternidade » Maternidade non contributiva

Maternidade non contributiva



Serán beneficiarias as traballadoras por conta allea ou por conta propia que, en caso de parto, reúnan todos os requisitos establecidos para acceder á prestación por maternidade, agás o período de cotización esixido.

No caso de traballadoras que sexan responsables do ingreso das cotizacións, será requisito imprescindible para o recoñecemento e aboamento da prestación que se atopen ao corrente no pagamento das cotas á Seguridade Social.

A estes efectos, será de aplicación o mecanismo de invitación ao pagamento previsto no |art. 28.2 do Decreto 2530/1970, do 20 de agosto, calquera que sexa o réxime de Seguridade Social no que a interesada estivese incorporada no momento de acceder á prestación ou no que se cause esta.



A prestación económica consiste nun subsidio, cuxa contía diaria será igual ao 100% do IPREM   diario vixente en cada momento, coas seguintes salvidades:

  • Se a base reguladora diaria, equivalente á que estea establecida para a prestación por |IT derivada de continxencias comúns, fose de contía inferior, tomarase esta.
  • Cando se trate de traballadoras a tempo parcial, se a base reguladora diaria, resultante de dividir a suma das bases de cotización acreditadas durante o ano anterior ao feito causante entre 365, fose de contía inferior, tomarase esta.
  • O subsidio poderá recoñecerse, mediante resolución provisional do INSS , coa última base de cotización que conste nas bases de datos corporativas do sistema, en tanto non estea incorporada a estas bases a base de cotización derivada de continxencias comúns do mes anterior ao inicio do descanso ou do permiso, en cuxo momento, emitirase a resolución definitiva co recálculo do subsidio que corresponda.

A base reguladora actualizarase nos seguintes supostos:

  • Cando se produza un incremento da base de cotización, como consecuencia dunha elevación dos salarios en virtude de disposición legal, convenio colectivo ou senteza xudicial, que retrotraia os seus efectos a unha data anterior á do inicio do descanso por maternidade. En tal suposto, se a base reguladora resultase de contía superior ao IPREM vixente nese momento, tomarase este para determinar a contía do subsidio.
  • Nos casos en que para o cálculo do subsidio se tomase a última base de cotización que conste nas bases de datos do sistema e, posteriormente, se comproba que esta non coincide coa base de cotización por continxencias comúns do mes anterior ao do inicio do permiso ou descanso.


Terase dereito ao subsidio a partir do día do parto.



  • A duración da prestación para a traballadora será de 42 días naturais a contar dende o parto.

  • Incrementarase en 14 días naturais, nos casos seguintes:

    • Nacemento de fillo nunha familia numerosa ou na que, con tal motivo, adquira esta condición.
    • Nacemento de fillo nunha familia monoparental.
    • Parto múltiple.
    • Cando a nai ou o fillo estean afectados de discapacidade nun grao igual ou superior ao 65%.

      O incremento da duración é único, sen que proceda a súa acumulación cando concorran dúas ou máis circunstancias das sinaladas.

      A efectos da consideración de familia numerosa, estarase ao disposto na Lei 40/2003, do 18 de novembro, de protección ás familias numerosas.

      Enténdese por familia monoparental a constituída por un só proxenitor co que convive o fillo nacido e que constitúe o sustentador único da familia.

      Enténdese que existe parto múltiple cando o número de nacidos sexa igual ou superior a dous.

  • Nos casos de falecemento do fillo e de alumbramentos que teñan lugar a máis de 180 días de vida fetal, non se verá reducida a prestación, aínda que non reúna as condicións establecidas no artigo 30 do Código Civil para adquirir a personalidade.

  • Nos casos de parto prematuro e nos de hospitalización dos acabados de nacer, non se ampliará a duración do subsidio nin procederá a interrupción do seu aboamento.


O disposto para o subsidio de maternidade contributiva en relación coa maternidade, incapacidade temporal e extinción do contrato, será aplicable ao subsidio de maternidade non contributiva, sempre que as situacións alí contempladas resulten análogas para ambos tipos de subsidios.



O dereito ao subsidio extinguirase:

  • Polo transcurso do prazo de duración establecido.
  • Polo falecemento da beneficiaria.
  • Por recoñecerse á beneficiaria unha pensión de incapacidade permanente.

 



O dereito ao subsidio poderá ser denegado, anulado ou suspendido:

  • Cando a beneficiaria actuase fraudulentamente para obter ou conservar o subsidio.
  • Cando a beneficiaria traballara por conta propia ou allea durante a percepción do subsidio.


  • O subsidio será xestionado directamente polo INSS ou polo ISM, se se trata de traballadoras incluídas no Réxime Especial dos Traballadores do Mar.

  • O pagamento será realizado directamente pola Entidade xestora, sen que caiba fórmula algunha de colaboración na xestión por parte das empresas, e por períodos vencidos.

  • No momento de facer efectivo o subsidio, descontarase do importe do mesmo:
    • A cota correspondente á traballadora, xa que se mantén a obriga de cotizar, cuxa contía se determinará sobre a base de cotización do mes anterior ao do parto; se esta base resultara inferior á base mínima de cotización do grupo de categoría profesional da traballadora, aplicarase esta última.
    • A retención por IRPF.


Solicitude da prestación:

  • O procedemento para o recoñecemento do dereito iníciase a instancia da traballadora, mediante solicitude dirixida á Dirección provincial da Entidade xestora competente, segundo o réxime de encadramento.

A solicitude formularase nos modelos normalizados e deberá conter os datos e circunstancias que establece o |art.  70 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, á que se acompañarán os documentos necesarios.

  • A Entidade xestora poderá iniciar de oficio o procedemento para o recoñecemento da prestación, cando dispoña dos datos suficientes para elo, debendo comunicar á interesada esta circunstancia no prazo de 15 días contados dende o día seguinte ao do feito causante.

Resolución e notificación:

  • O Director provinciall da Entidade xestora onde se presentase a solicitude ditará resolución expresa e notificaralla á interesada no prazo de 30 días, contados dende a recepción da solicitude.
  • Non obstante o anterior, o subsidio poderá recoñecerse mediante resolución provisional do INSS , coa última base de cotización que conste nas bases de datos corporativas do sistema, en tanto non estea incorporada a estas bases a base de cotización derivada de continxencias comúns do mes anterior ao inicio do descanso ou do permiso, en cuxo momento, emitirase a resolución definitiva co recálculo do subsidio que corresponda.

Excepcionalmente, será necesario presentar un certificado da empresa no que conste a correspondente base de cotización, que será a que se considere a efectos do cálculo da prestación, nos supostos seguintes:

  • Cando se iniciase a actividade na empresa no mesmo mes ou no anterior ao do feito causante.
  • Cando a traballadora estea contratada a tempo parcial e non sexa posible determinar a base reguladora.
  • Nos casos nos que as empresas fosen autorizadas pola TGSS  a diferir o ingreso das cotas con posterioridade.

Prescrición:

O dereito ao recoñecemento da prestación prescribe aos 5 anos, contados dende o día seguinte a aquel no que se produce o feito causante. 

Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.

Icona de conformidade cos estándares AA Icona de conformidade cos estándares HTML 4.0. Icona de conformidade cos estándares CSS