MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL

Seguridade Social

Escudo de España ao carón do logotipo do Ministerio de Emprego e Seguridade Social con ligazón á súa páxina web. Ligazón nunha nova ventá. Logotipo da Seguridade Social con enlace á páxina de inicio
Información Lingüística

Traballadores

Estás en: Inicio » Traballadores » Prestacións / Pensións de Traballadores » Maternidade » Réxime Xeral » Situacións protexidas / Beneficiarios / Requisitos

Situacións protexidas / Beneficiarios / Requisitos



Considéranse situacións protexidas, durante os períodos de descanso e permisos dos que se goce por estas situacións:

  • A maternidade biolóxica, incluídos os alumbramentos que teñan lugar tras máis de 180 días de vida fetal, con independencia de que o feto naza vivo ou morto.
  • A adopción e o acollemento familiar, tanto preadoptivo como permanente ou simple, de conformidade co Código Civil ou as leis civís das |CCAA  que o regulen, sempre que, neste último caso, a súa duración non sexa inferior a 1 ano, e aínda que estes acollementos sexan provisionais, de:
    • Menores de 6 anos.
    • Maiores de 6 anos pero menores de 18 discapacitados ou que polas súas circunstancias e experiencias persoais ou por provir do estranxeiro, teñan especiais dificultades de inserción social e familiar, debidamente acreditadas polos servizos sociais competentes. Para estes efectos, enténdese que presentan algunha discapacidade, cando esta se valore nun grao igual ou superior ao 33%.
    Non se terá en conta a idade do menor, cando se trate de persoas integradas no Réxime Xeral da Seguridade Social e incluídas no ámbito de aplicación do EBEP.

    Considéranse xuridicamente equiparables aquelas institucións xurídicas declaradas por resolucións xudiciais ou administrativas estranxeiras, cuxa finalidade e efectos xurídicos sexan os previstos para a adopción e o acollemento preadoptivo, permanente ou simple, cuxa duración non sexa inferior a 1 ano, calquera que sexa as súa denominación.

    Non se consideran equiparables ao acollemento preadoptivo, permanente ou simple, outras modalidades de acollemento familiar distintas ás mencionadas anteriormente.
  • A tutela sobre menor por designación de persoa física, cando o titor sexa un familiar que, de acordo coa lexislación civil, non poida adoptar ao menor, sempre que conleve a convivencia entre o titor e o tutelado, nos mesmos termos de idade có adoptado ou acollido.  


A efectos do subsidio contributivo por maternidade:

  • Serán beneficiarios os traballadores por conta allea ou propia, incluídos os traballadores contratados para a formación e a tempo parcial, calquera que fora o seu sexo, que gocen dos períodos de descanso por maternidade, adopción e acollemento legalmente establecidos, sempre que acrediten os requisitos esixidos.
  • Cando o período de descanso sexa gozado, simultánea ou sucesivamente, polos dous proxenitores, adoptantes ou acolledores, ambos terán a condición de beneficiarios, sempre que reúnan de forma independente os requisitos esixidos.
  • No suposto de parto, se se produce o falecemento da nai, con independencia de se esta realiza ou non algún traballo, o outro proxenitor terá dereito á prestación durante o período que corresponda, sempre que acredite os requisitos esixidos. Nestes casos, o goce da prestación é compatible co dereito ao subsidio de paternidade.
  • En caso de parto, se a nai traballadora non reúne o período de cotización esixido e recoñéceselle o subsidio de maternidade non contributivo, o outro proxenitor poderá percibir, a opción da nai exercitada ao inicio do descanso,  o subsidio contributivo durante o período de descanso que corresponda, sempre que aquel acredite os requisitos esixidos. Este subsidio é compatible co de paternidade.
  • No caso de parto, cando a nai traballadora por conta propia estivese incorporada, por razón da súa actividade, á mutualidade de previsión social establecida polo correspondente colexio profesional:
    • Se non ten dereito a prestacións por non estar comprendida a protección de maternidade na mutualidade, o outro proxenitor poderá percibir o subsidio por maternidade, sempre que reúna os requisitos esixidos e goce do correspondente descanso, durante o período que correspondese á nai. Este subsidio é compatible co de paternidade.
    • Se por causas alleas á súa vontade, non reunise os requisitos esixidos para a concesión da prestación a cargo da mutualidade, pese a ter optado por incluír a protección por maternidade dende o momento en que puido exercitar a opción, o outro proxenitor poderá percibir o subsidio nos mesmos termos que no parágrafo anterior.
    • Se tivese dereito a prestacións por maternidade no sistema de previsión privado (independentemente da súa duración ou contía), ou cando non alcanzara este dereito por non ter incluído voluntariamente a cobertura desta prestación, o outro proxenitor non terá dereito ao subsidio no sistema da Seguridade Social.
  • Cando a nai no tivese dereito a prestacións por non estar incluída no RETA nin nunha mutualidade de previsión social alternativa, o outro proxenitor poderá percibir o subsidio sempre que reúna os requisitos esixidos e goce do correspondente descanso, durante o período que correspondese á nai. Este subsidio é compatible co de paternidade.

A efectos do subsidio especial por parto, adopción ou acollemento múltiples:

Será beneficiario quen, á súa vez, o sexa da prestación económica por maternidade, sempre que goce dun período de descanso de 6 semanas inmediatamente seguintes ao parto, adopción ou acollemento múltiples, se ben aquel unicamente poderá percibirse por un dos proxenitores ou acolledores que, en caso de parto, determinarase a opción da nai e, en caso de adopción ou acollemento, por acordo dos interesados.



  • Estar afiliados e en alta ou en situación asimilada á alta. 
  • Ter cuberto un período de cotización de:
    • Se o traballador ten menos de 21 anos de idade na data do parto ou na data da decisión administrativa ou xudicial de acollemento ou da resolución xudicial pola que se constitúe a adopción, non se exigirá período mínimo de cotización.
    • Se o traballador ten cumpridos entre 21 e 26 anos de idade na data do parto ou na data da decisión administrativa ou xudicial de acollemento ou da resolución xudicial pola que se constitúe a adopción.
      • 90 días dentro dos 7 anos inmediatamente anteriores ao momento do inicio do descanso ou, alternativamente,
      • 180 días cotizados ao longo da súa vida laboral con anterioridade a esta data.
    • Se o traballador é maior de 26 anos de idade na data do parto ou na data da decisión administrativa ou xudicial de acollemento ou da resolución xudicial pola que se constitúe a adopción:
      • 180 días dentro dos 7 anos inmediatamente anteriores ao momento do inicio do descanso ou, alternativamente,
      • 360 días cotizados ao longo da súa vida laboral con anterioridade a esta data.

No suposto de parto e con aplicación exclusiva á nai biolóxica:

A idade indicada nos apartados anteriores será a que teña cumprida no momento de inicio do descanso, tomándose como referente o momento do parto a efectos de acreditar o período mínimo de cotización que, no seu caso, corresponda.

Se a traballadora iniciase o período de descanso antes do parto e, recoñecéndose o dereito ao subsidio tomando como referente a data probable do parto, unha vez producido este, non acreditara o período mínimo de cotización esixido, extinguirase o subsidio e as prestacións percibidas ata ese momento non se considerarán indebidas. En tales casos, recoñecerase o subsidio non contributivo polo período que corresponda, a contar dende o parto.

Supostos de adopción/acollemento internacional con desprazamento previo ao país de orixe do adoptado:

Cando os adoptantes se acollan ao período de suspensión previsto no artigo 48.4 do |ET , a idade sinalada será a que teñan cumprida no momento de inicio do descanso, que poderá comezar a gozarse ata 4 semanas antes da resolución pola que se constitúa a adopción, tomándose como referente o momento da resolución para comprobar se se acredita o período mínimo de cotización esixido.

Cando os adoptantes se acollan ao disposto no artigo 49. b) do EBEP , a idade será a que teñan cumprida no momento do inicio do permiso por adopción ou acollemento, que poderá comezar a gozarse ata 4 semanas antes da resolución pola que se constitúa a adopción ou da decisión administrativa ou xudicial de acollemento (unha vez esgotado, no seu caso, o permiso de ata 2 meses con dereito á percepción de retribucións básicas), tomándose como referente a data da resolución ou a da decisión administrativa ou xudicial para verificar se se acredita o período mínimo de cotización.

Nos supostos referidos en que se recoñecese o dereito ao subsidio ao inicio do período de descanso tendo en conta as 4 semanas en que pode anticiparse o seu goce:

    • Se unha vez ditada resolución xudicial ou administrativa, non se acredita o período de cotización esixido, extinguirase o subsidio e as prestacións percibidas ata ese momento non se considerarán indebidas.
    • Se transcorrido o período de 4 semanas, aínda non recaese a resolución xudicial ou administrativa, a Entidade xestora poderá suspender cautelarmente a percepción da prestación ata o momento en que aquela se produza.
    • Se non culminara a adopción ou o acollemento internacional, os interesados non estarán obrigados a devolver as prestacións percibidas ata o momento da denegación ou, no seu caso, ata o momento en que se suspendese o seu aboamento, polo transcurso do período de 4 semanas, de acordo co parágrafo anterior.

Consideración como período de cotización efectiva:

O período por maternidade ou paternidade que subsista á data de extinción do contrato de traballo, ou que se inicie durante a percepción da prestación por desemprego, será considerado como período de cotización efectiva para os efectos das prestacións da Seguridade Social correspondentes por xubilación, incapacidade permanente, supervivencia, maternidade e paternidade.

No caso dos traballadores contratados a tempo parcial:

Para acreditar os períodos de cotización, computaranse exclusivamente as cotizacións efectuadas en función das horas traballadas, tanto ordinarias como complementarias, calculando a súa equivalencia en días teóricos de cotización:

    1. O número de horas efectivamente traballadas dividirase entre 5, equivalente diario do cómputo de 1.825 horas anuais.
    2. O período de 7 anos dentro do que han de estar comprendidos os 90 ou 180 días de cotización esixidos incrementarase en proporción inversa á existente entre a xornada efectuada polo traballador e a xornada habitual na actividade correspondente e exclusivamente en relación cos períodos en que, durante este lapso, se realizase unha xornada inferior á habitual.
    3. A fracción de día, de ser o caso, asimilarase a día completo.

Cando se trate de traballadores incluídos no Sistema especial para empregados de fogar, dende 2012 ata 2018, as horas efectivamente traballadas no mesmo se determinarán en función das bases de cotización a que se refiren os números 1º, 2º e 3º do apartado 2.a) da disposición adicional 39 da Lei 27/2011, divididas polo importe fixado para a base mínima horaria do Réxime Xeral pola LPGE para cada un destes exercicios.

A estes efectos, os períodos de |IT , risco durante o embarazo ou a lactanción natural, descanso por maternidade ou paternidade, durante os que perviva o contrato a tempo parcial, así como os de percepción da prestación por desemprego determinados pola suspensión ou extinción dunha relación laboral dese tipo, terán a mesma consideración que o período precedente á baixa médica, ao descanso, á suspensión ou á extinción do contrato respectivamente.

O cómputo dos períodos que legalmente se asimilan a cotizados, que sucedan a períodos traballados a tempo parcial, levarase a cabo de forma idéntica á utilizada en relación co último período traballado.

Cuando se realice simultaneamente máis dunha actividade a tempo parcial, sumaranse os días teóricos de cotización acreditados nas distintas actividades, tanto nas situacións de pluriemprego como nas de pluriactividade nas que deba aplicarse o cómputo recíproco.

En ningún caso se poderá computar un número de días cotizados superior ao que correspondería de realizarse a prestación de servizos a tempo completo.

Estas particularidades non serán de aplicación para persoal contratado a xornada completa que, no entanto, goce dos períodos de descanso por maternidade en réxime de xornada a tempo parcial.

En caso de pluriemprego ou pluriactividade:

O beneficiario gozará dos descansos e prestacións por maternidade en cada un dos empregos de forma independente e ininterrompida, de acordo coa lexislación aplicable en cada caso.

Cando, en supostos de pluriactividade, os traballadores acrediten as condicións para acceder á prestación soamente nun dos réximes, recoñecerase un único subsidio computando exclusivamente as cotizacións satisfeitas a este réxime. Se en ningún dos réximes se reúnen os requisitos, totalizaranse as cotizacións efectuadas en todos eles, sempre que non se superpoñan, e causarase o subsidio no réxime no que se acrediten máis días de cotización. Se finalmente, aínda totalizando, non se alcanza dereito, recoñecerase, en caso de parto, o subsidio de maternidade non contributivo.

En caso de goce compartido do permiso deberá coincidir o número de días gozado nos dous empregos ou actividades polo beneficiario que se atopa en pluriemprego ou pluriactividade.

  • Estar ao corrente no pagamento das cotas, das que sexan responsables directos os traballadores, aínda que a prestación sexa recoñecida, como consecuencia do cómputo recíproco de cotizacións, nun réxime de traballadores por conta allea.

    A tales efectos, será de aplicación o mecanismo de invitación ao pagamento previsto no |art.  28.2 do Decreto 2530/1970, do 20 de agosto, calquera que sexa o réxime de Seguridade Social no que o interesado estivese incorporado, no momento de acceder á prestación ou no que se cause esta.


    Considéranse situacións asimiladas á de alta:

    1. A situación legal de desemprego total pola que se perciba prestación de nivel contributivo.

    2. O mes seguinte ao cesamento no cargo público ou ao cesamento no exercicio de cargo público representativo ou de funcións sindicais de ámbito provincial, autonómico ou estatal, que deu lugar á situación de excedencia forzosa ou situación equivalente, durante o que debe solicitarse o reingreso ao traballo.

    3. O traslado do traballador pola empresa fóra do territorio nacional.

    4. Para os artistas e profesionais taurinos, os días que resulten cotizados por aplicación das normas que regulan a súa cotización, os cales terán a consideración de días cotizados e en situación de alta, aínda que non se correspondan cos de prestación de servizos.

    5. O convenio especial para diputados e senadores das Cortes Xerais e diputados do Parlamento Europeo e o convenio especial para os membros dos Parlamentos e Gobernos das Comunidades Autónomas.

    6. O período considerado de cotización efectiva respecto das traballadoras por conta allea e por conta propia que sexan vítimas da violencia de xénero.

    7. A situación do traballador durante o período correspondente ás vacacións anuais retribuídas que non se gozasen polo mesmo con anterioridade á finalización do contrato.

    8. Os períodos entre campañas dos traballadores fixos descontinuos que non perciban prestacións por desemprego de nivel contributivo, sen prexuízo da devindicación da prestación cando se produza o reinicio da actividade.

    9. No Réxime Especial Agrario, a situación de desprazamento ao estranxeiro por razón de traballo (artigo 71 do Decreto 3772/1972, do 23 de decembro).

    10. Maternidade precedida de incapacidade temporal (IT). Cando entre a extinción da IT por alta médica e o inicio da situación por maternidade non haxa solución de continuidade, tanto por ter lugar a alta médica por IT e o inicio do descanso por maternidade o mesmo día, ben por ter lugar esta ao día seguinte da outra.

    11. Maternidade causada en prórroga de efectos de IT.

    Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.

    Icona de conformidade cos estándares AA Icona de conformidade cos estándares HTML 4.0. Icona de conformidade cos estándares CSS