MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL

Seguridade Social

Escudo de España ao carón do logotipo do Ministerio de Emprego e Seguridade Social con ligazón á súa páxina web. Ligazón nunha nova ventá. Logotipo da Seguridade Social con enlace á páxina de inicio
Información Lingüística

Traballadores

Estás en: Inicio » Traballadores » Prestacións / Pensións de Traballadores » Maternidade » Réxime Xeral » Prestación económica / Contía

Prestación económica / Contía

 



  • A prestación económica consiste nun subsidio equivalente ao 100% da base reguladora correspondente. 
  • No caso de parto múltiple e de adopción ou acollemento de máis dun menor, realizados de forma simultánea, concederase un subsidio especial por cada fillo ou menor acollido, a partir do segundo, igual ao que corresponda percibir polo primeiro, durante o período de 6 semanas inmediatamente posteriores ao parto ou, cando se trate de adopción ou acollemento, a partir da decisión administrativa ou xudicial de acollemento ou da resolución xudicial pola que se constitúa a adopción.


Regra xeral:

  • A base reguladora (BR) será equivalente á que esté establecida para a prestación por |IT derivada de continxencias comúns, tomando como referencia a data do inicio do descanso.
  • Cando o período de descanso sexa gozado, simultánea ou sucesivamente, por ambos proxenitores, adoptantes ou acolledores, a prestación determinarase para cada un en función da súa respectiva BR.

No caso de traballadores contratados a tempo parcial:

  • A BR diaria será a que resulte de dividir a suma das bases de cotización acreditadas na empresa durante os 12 meses anteriores á data do feito causante entre 365.
  • De ser menor a antigüidade do traballador na empresa, será o resultado de dividir a suma das bases de cotización acreditadas entre o número de días naturais a que estas correspondan.

No caso de artistas e profesionais taurinos:

  • A BR será o promedio diario que resulte de dividir por 365 a suma das bases de cotización dos 12 meses anteriores ao feito causante, ou a media diaria do período de cotización que se acredite, se este é inferior a un ano.
  • En ningún caso, a media diaria que resulte poderá ser inferior en cómputo mensual, á base mínima de cotización que, en cada momento, corresponda á categoría profesional do traballador. 

Non obstante o indicado nos apartados anteriores, o subsidio poderá recoñecerse mediante resolución provisional do INSS coa última base de cotización que conste nas bases de datos corporativas do sistema.

Se a base de cotización do mes inmediatamente anterior ao inicio do descanso fose diferente á utilizada na resolución provisional, recalcularase a prestación e emitirase resolución definitiva. Se a base non variase, a resolución provisional devirá en definitiva nun prazo de 3 meses dende a súa emisión.

Se o descanso se goza en réxime de xornada a tempo parcial:

  • A BR reducirase en proporción inversa á redución que experimentase a xornada laboral.

En caso de pluriemprego ou pluriactividade:

  • A BR calcúlase computando todas as bases de cotización correspondentes a cada unha das empresas ou actividades con aplicación do tope máximo vixente a efectos de cotización.

No caso de traballadores contratados para a formación:

  • A BR será o 75% da base mínima de cotización vixente.

Excepcionalmente, a BR modificarase nos seguintes casos:

  • Cando se modifique a base mínima de cotización aplicable ao traballador no réxime de que se trate, para actualizar a súa contía a partir da data de entrada en vigor desta nova base mínima.
  • Cando se produza un incremento da base de cotización, como consecuencia dunha elevación dos salarios en virtude de disposición legal, convenio colectivo ou senteza xudicial, que retrotraia os seus efectos económicos a unha data anterior á do inicio do descanso.
  • Cando para o cálculo do subsidio se tomase a última base de cotización que conste nas bases de datos corporativas do sistema e, posteriormente, se comprobe que esta non coincide coa base de cotización por continxencias comúns do mes correspondente ao mes anterior ao do inicio do descanso ou permiso.

 



Nos casos de parto prematuro e naqueles nos que, por calquera outra causa, o acabado de nacer deba permanecer hospitalizado a continuación do parto, cando se continúe o subsidio, unha vez que o menor sexa dado de alta hospitalaria, percibirase na mesma contía que se viña aboando antes da interrupción, agás que fora necesario modificar a base reguladora por concorrer algún dos supostos legalmente previstos.



Beneficiaria que, esgotado o período de descanso por maternidade, continúa necesitando asistencia sanitaria como consecuencia do parto, atopándose incapacitada para o traballo:

  • Será considerada en situación de incapacidade temporal (IT ) debida a enfermidade común.
  • O pagamento do subsidio correspondente á nova continxencia iniciarase a partir dese momento, se reúne os requisitos esixidos e sen solución de continuidade.
IT iniciada antes do parto sen que a interesada optase polo descanso maternal:

  • O subsidio de IT manterase ata o momento do parto, deixando sempre a salvo a posibilidade de opción da interesada polo descanso maternal. A partir da data do parto, comezará o gozo do descanso por maternidade. Se transcorrido este persistise a situación de IT, continuarase o cómputo interrompido, aínda cando se extinguise o contrato.
  • Se a interesada se atopara en prórroga de efectos da situación de IT, poderá, tamén, causar a prestación por maternidade, a partir da data do parto, se reúne os requisitos esixidos, interrompéndose o cómputo da situación de prórroga de efectos que se continuará, se procede, unha vez extinguido o subsidio por maternidade.

 

IT derivada de continxencias comúns ou profesionais, sobrevida mentras se goza do período de descanso por maternidade:

Non procede o recoñecemento do dereito ao subsidio por IT durante o período de descanso maternal. Esgotado este, se a interesada necesitase asistencia sanitaria e se atopase impedida para o traballo, iniciarase a situación de IT que corresponda, sempre que reúna os requisitos esixidos.

Non obstante, se o proceso de IT se inicia durante a percepción dun subsidio por maternidade en réxime de xornada a tempo parcial:

  • Poderanse percibir simultaneamente os dous subsidios. En tal caso, a base reguladora calcularase sobre a base de cotización da xornada a tempo parcial que se compatibilizase co subsidio de maternidade. Se se trata dunha traballadora por conta propia, a base reguladora do subsidio por IT, no seu caso, reducirase nun 50%.
  • Esgotado o subsidio por maternidade, se a traballadora continúa en situación de IT, manterase a percepción do subsidio por esta continxencia na contía que correspondese ao réxime de xornada completa, tomándose como referencia, para os efectos da súa duración e porcentaxe, a data da baixa médica no traballo en réxime de xornada a tempo parcial.

 

Extinción do contrato de traballo de traballadora que ve interrompida a súa situación de IT derivada de continxencias comúns ou profesionais, por pasar á situación de descanso por maternidade:

Extinción do contrato unha vez que se inicia o período de descanso por maternidade:

  • Mantense o percibo da prestación por maternidade ata o termo desta situación. Cando o período de descanso se goce en réxime de xornada a tempo parcial, o subsidio por maternidade percibirase na súa totalidade a partir da data ena que se produza a extinción do contrato.
  • Se o outro proxenitor xa estivese gozando dun período de descanso, en réxime de xornada completa ou a tempo parcial, o subsidio que lle correspondería manterase nos termos nos que o estivese percibindo.
  • Finalizado o descanso de maternidade da nai, se continuara a situación anterior de IT, reanudarase o cómputo interrompido e o aboamento do subsidio correspondente, con aplicación do previsto no artigo 222.1 da LGSS.

Extinción do contrato antes do inicio do descanso por maternidade, aínda que a traballadora non pasase á situación de desemprego total con percepción da prestación económica do nivel contributivo ou esta se extinguise durante a IT precedente á situación de maternidade:

  • A traballadora causa dereito á prestación por maternidade desde o día do inicio do descanso e interrómpese a IT anterior ao parto e o abonamento do subsidio correspondente ao substituírse este polo subsidio de maternidade.

  • Tamén causará dereito á prestación por maternidade cando entre a extinción da IT por alta médica e o inicio da situación por maternidade non haxa solución de continuidade, tanto por ter lugar esta ao día seguinte da outra.
  • Se a extinción do contrato de traballo de calquera dos proxenitores se produce antes do inicio do descanso por maternidade, o subsidio que, no seu caso, corresponda percibirase na súa contía íntegra e non se poderá compartir o goce do descanso entre ambos, en réxime de xornada a tempo parcial.

 

IT iniciada despois de continuar a prestación de servizos ou a actividade, cando o interesado optara por interromper a percepción do subsidio por maternidade nos casos de parto prematuro e naqueles nos que o acabado de nacer deba permanecer hospitalizado despois do parto:

  • O proceso de IT interrómpese pola alta hospitalaria do menor, coa conseguinte reanudación do subsidio por maternidade.
  • Finalizado o subsidio por maternidade, se persiste a situación de IT, reanudarase o subsidio correspondente a esta contixencia.
Extinción do contrato estando o traballador en situación de maternidade:

  • Continuará percibindo a prestación por maternidade ata que se extinga a devandita situación, momento no que pasará á situación legal de desemprego e a percibir, se reúne os requisitos necesarios, a prestación correspondente.
  • Neste caso, non se descontará do período de percepción da prestación por desemprego de nivel contributivo o tempo que permanecese en situación de maternidade.
Traballador que estea percibindo a prestación por desemprego total e pase á situación de maternidade:

  • Suspenderánselle a prestación por desemprego e a cotización á Seguridade Social e pasará a percibir a prestación por maternidade xestionada directamente pola súa entidade xestora.
  • Extinguida a prestación de maternidade, reanudarase a de desemprego pola duración que restaba por percibir e a contía que correspondía no momento da suspensión.

 

 



Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.

Icona de conformidade cos estándares AA Icona de conformidade cos estándares HTML 4.0. Icona de conformidade cos estándares CSS