MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL

Seguridade Social

Escudo de España ao carón do logotipo do Ministerio de Emprego e Seguridade Social con ligazón á súa páxina web. Ligazón nunha nova ventá. Logotipo da Seguridade Social con enlace á páxina de inicio
Información Lingüística

Traballadores

Estás en: Inicio » Traballadores » Prestacións / Pensións de Traballadores » Xubilación » Réximes Especiais

Réximes Especiais

Integración do Réxime Especial Agrario no Réxime Xeral:

Os traballadores por conta allea agrarios incluídos no REA , así como os empresarios aos que prestan os seus servizos, quedan integrados, con efectos do 01-01-12, no Réxime Xeral da Seguridade Social, mediante o establecemento dun Sistema especial para estes traballadores,  tendo dereito ás prestación da Seguridade Social nos mesmos termos e condicións que no  Réxime Xeral, coas particularidades establecidas  regulamentariamente (Lei 28/2011, do 22 de setembro).

Integración do Réxime Especial de Empregados de Fogar no Réxime Xeral:

Con efectos do 01-01-2012, o Réxime Especial dos Empregados de Fogar queda integrado no Réxime Xeral da Seguridade Social, mediante o establecemento dun sistema especial para estes traballadores, quen terá dereito ás prestacións da Seguridade Social nos mesmos termos e condicións que no Réxime Xeral, coas peculiaridades que se determinen regulamentariamente (Lei 27/2011, do 1 de agosto). 



Os requisitos xerais esixidos para causar dereito á prestación nos réximes especiais son, en cada caso, os seguintes:

  • Estar en alta ou en situación asimilada á alta no Réxime correspondente. Non obstante, pódese causar dereito a pensión de xubilación dende a situación de non alta, sempre que se reúnan os requisitos de idade e cotización establecidos.

  • Estar ao corrente no pagamento das cotas, das que sexan responsables directos os traballadores.

  • Reunir as condicións para a inclusión no censo agrario. Este requisito esíxese unicamente no Réxime Especial Agrario.


A prestación recoñécese nos mesmos termos e condicións ca no réxime xeral da Seguridade Social, coas particularidades seguintes:

  • Idade: 65 anos.

Non obstante, en determinados casos especiais, poderán xubilarse con menos de 65 anos aqueles traballadores que, ao longo da súa vida laboral, efectuasen cotizacións nalgún dos Réximes da Seguridade Social que recoñezan o dereito á xubilación anticipada, sempre que se cumpran determinados requisitos.

  • Base reguladora:

Non existe integración de lagoas. Se no período tomado en conta para efectuar o cálculo aparecesen meses durante os cales non houbese obriga de cotizar, estes non se completarán coas bases mínimas vixentes, correspondentes aos traballadores maiores de 18 anos.

Nos casos de exoneración de cotas, polos períodos de actividade nos que non se cotizase, a efectos de determinar a base reguladora, teranse en conta as seguintes regras:

  1. As bases de cotización tomadas en consideración para a determinación da base reguladora serán equivalentes ao resultado de incrementar a media das bases de cotización do ano natural inmediatamente anterior ao comezo do período de exención de cotización, na porcentaxe de variación media coñecida do IPC no último ano indicado, sen que as bases así calculadas poidan ser inferiores á contía da base mínima de cotización fixada anualmente na correspondente Lei de Orzamentos Xerais do Estado.
  2. A efectos do cálculo desta media tomaranse as bases de cotización correspondentes á actividade por conta propia pola que estea exonerado de cotización.
  3. Se non existisen bases de cotización en todas as mensualidades do ano natural anterior ao comezo do período de exención de cotización, tomarase a media das bases de cotización que existan, dividido polo número de meses ao que as mesmas correspondan.
  4. De non existir bases de cotización no ano anterior, tomaranse as bases de cotización do primeiro ano en que existan, calculando a media citada conforme ás regras mencionadas nos apartados anteriores; esta media incrementarase na porcentaxe de variación media do ano ou anos naturais anteriores ata chegar ao ano correspondente ao do período de exoneración de cotas.
  • Porcentaxe:

Non se aplica a escala de aboamento de anos, segundo a idade que se teña en 1-1-67, a efectos do cómputo dos anos de cotización.

  • Feito causante da prestación:
    • O último día do mes do cesamento no traballo, para quen se atope na situación de alta.
    • O último día do mes en que se presente a solicitude, para quen se atope nalgunha das situacións asimiladas ás de alta.
    • A data da solicitude, para as situacións de non alta.
  • Efectos económicos:

O día primeiro do mes seguinte á data do feito causante.

  • Compatibilidade/Incompatibilidade:

A pensión é compatible co mantemento da titularidade do negocio e co desempeño das funcións inherentes a esta titularidade.

O réxime de incompatibilidade entre pensión de xubilación e o traballo do pensionista será tamén aplicable, a partir do 01-07-2011, con respecto ao exercicio da actividade por conta propia dos profesionais colexiados que, ao amparo do establecido na disposición adicional décimo quinta da Lei 30/1995, do 8 de novembro, de ordenación e supervisión dos seguros privados, na redacción dada polo artigo 33 da Lei 50/1998, do 30 de decembro, se atopen exonerados de causar alta no RETA, con independencia de que queden ou non integrados nunha das mutualidades de previsión social ás que a indicada disposición legal posibilita a súa actuación como alternativas á alta no expresado réxime especial.

Non será aplicable esta incompatibilidade aos supostos nos que a correspondente pensión de xubilación viñera compatibilizándose co exercicio da actividade por conta propia do profesional colexiado con anterioridade ao 01-07-2011, así como para quen na citada data tivesen xa cumpridos os 65 anos de idade.

  • Exoneración de cotas:

Os traballadores están exentos de cotizar á Seguridade Social agás, no seu caso, por incapacidade temporal e por continxencias profesionais, no suposto de ter 65 ou máis anos de idade e acreditar 35 ou máis anos de cotización efectiva á Seguridade Social, sen que se computen a estes efectos as partes proporcionais de pagas extraordinarias. Se ao chegar aos 65 anos o traballador non reunise o requisito esixido, a citada exención será aplicable a partir da data en que se acredite o mesmo.

  • A xubilación parcial: pendente de desenvolvemento regulamentario.
  • A xubilación especial aos 64 anos non se protexe.
  • A xubilación anticipada sen ter a condición de mutualista non se protexe.
  • A xubilación anticipada de traballadores discapacitados: non se protexe.
  • Máis información relativa a este Réxime:


A prestación recoñécese nos mesmos termos e condicións que no Réxime Xeral da Seguridade Social, coas seguintes particularidades:

XUBILACIÓN:

  • Idade:

A idade mínima esixida de 65 anos rebaixarase nun período equivalente ao que resulte de aplicar ao período de tempo efectivamente traballado en cada categoría e especialidade profesional da minaría do carbón, o coeficiente que corresponda de conformidade cunha escala que comprende dende o 0,50 ao 0,05, segundo a perigosidade e toxicidade da actividade desenvolvida.

O traballador, con idade real inferior a 60 anos, só poderá xubilarse se coa idade teórica (idade real máis as bonificacións), chega a superar os 65 anos.

Xubilación anticipada por ter a condición de mutualista: a partir dos 60 anos de idade real, con aplicación de coeficientes redutores, para aqueles traballadores que estivesen comprendidos no campo de aplicación deste réxime especial o día 1-4-69 e fosen cotizantes a algunha das Mutualidades Laborais do Carbón no 31 de marzo deste ano ou en calquera outra data con anterioridade, ou quen fose cotizante a algunha das Mutualidades Laborais de traballadores por conta allea con anterioridade ao 1-1-67.

  • Base reguladora:

Será a que corresponda, pero as bases de cotización a ter en conta serán as bases normalizadas.

  • Porcentaxe:

O período de tempo no que resulte rebaixada a idade de xubilación do traballador computarase como cotizado para os efectos de incrementar a porcentaxe da pensión por anos de cotización.

XUBILACIÓN DE INVÁLIDOS TOTAIS:

  • Beneficiarios:

Considéranse en situación asimilada á de alta, ao exclusivo efecto de poder causar a pensión de xubilación, aos pensionistas de incapacidade permanente total deste Réxime Especial, que reúnan os seguintes requisitos:

    • Ter 65 anos de idade real ou da teórica que resulte de aplicar ao período de tempo efectivamente traballado en cada unha das categorías da minaría do carbón o coeficiente que corresponda, segundo a escala citada.
    • Que a pensión de incapacidade permanente total non substituíse, en virtude de opción, á de xubilación que o interesado percibise deste Réxime Especial.
    • Ter ingresado, incluíndo as achegas de empresario e traballador, as cotas do período comprendido entre a data de efectos da incapacidade permanente total e a do feito causante da xubilación, con dedución do importe das cotas que, durante este período, fosen ingresadas a nome do interesado neste Réxime Especial.
  • Base reguladora:

Determínase tomando, para cada un dos meses que a integren, as bases normalizadas que correspondesen nos mesmos á categoría ou especialidade profesional que tivese o interesado ao producirse a incapacidade permanente total.

  • Porcentaxe:

As cotas satisfeitas polo beneficiario do período comprendido entre a data de efectos da pensión de incapacidade permanente total e a do feito causante da xubilación, serán computables:

    • Para a determinación da porcentaxe aplicable en función dos anos de cotización.
    • Para o cómputo do período mínimo de cotización esixido para causar dereito á pensión.
  • Máis información relativa a este Réxime:


A prestación recoñécese nos mesmos termos e condicións ca no Réxime Xeral, coas seguintes particularidades:

  • Idade:

No réxime especial do mar existen coeficientes redutores da idade de xubilación en determinados traballos debido á dureza, condicións de penosidade, afastamento, etc. no que se desenvolve o traballo no mar, e que fan posible reducir a idade de xubilación en ata 10 anos, como máximo, respecto á xeral de 65 anos.

Os coeficientes redutores que se aplican varían segundo a clase de embarcación, tipos de navegación e natureza do traballo:

    • Traballos a bordo de buques de mariña mercante: 0,40 a 0,20.
    • Traballos a bordo de embarcacións de pesca. 0,40 a 0,15.
    • Estibadores portuarios: 0,30.
    • Mariscadores, percebeiros e recolledores de algas: 0,10

O período de tempo en que se reduce a idade de xubilación considérase como cotizado, unicamente para determinar a porcentaxe aplicable á base reguladora. Tanto a redución de idade como o cómputo dese período a efectos da porcentaxe serán de aplicación aínda que a pensión se cause en calquera outro réxime da Seguridade Social.

Xubilación anticipada por ter a condición de mutualista: recoñécese en iguais termos ca no  Réxime Xeral, se ben toda referencia á data de efectos do Réxime Xeral (1-1-67) entenderase feita ao 1-8-70, data de entrada en vigor do Réxime Especial dos Traballadores do Mar (REM).

No Réxime Especial dos Traballadores do Mar establécese como dereito transitorio que os traballadores que estivesen en alta no Montepío Marítimo Nacional, na Mutualidade Nacional de Previsión dos Pescadores de Baixura e na Caixa de Previsión dos Estibadores Portuarios na data de entrada en vigor do réxime Especial do mar (1-8-1970) ou con anterioridade e que, de acordo coas normas vixentes nesa data, tivesen dereito a obter a pensión de xubilación, a partir dos 55 anos ou 60 no caso de estibadores portuarios, poderán causar dereito á pensión de xubilación a partir desas idades, sen prexuízo de que a porcentaxe da pensión experimente unha diminución de sete centésimas por cada ano que falte para acadar a idade de xubilación.

Xubilación anticipada por ter a condición de mutualista: Recoñécese en iguais termos ca no réxime xeral. Con todo, no Réxime Especial do Mar unicamente poderán acceder a este tipo de xubilación os traballadores por conta allea.

  • Base reguladora:

Calcúlase igual que no Réxime Xeral. Porén, aos traballadores por conta propia non se lles integran as lagoas de cotización que aparezan no período que se deba ter en conta para o cálculo da base reguladora.

  • Porcentaxe:

O período de tempo no que resulte rebaixada a idade de xubilación do traballador, computarase como cotizado para os efectos de incrementar a porcentaxe da pensión por anos de cotización.

Xubilación anticipada por ter a condición de mutualista:  A porcentaxe da base reguladora que corresponda, de acordo cos anos de cotización, verase diminuída pola aplicación dos seguintes coeficientes redutores:

    • Cando o traballador acceda á pensión desde un cesamento voluntario ou cando acredite menos de 38 anos de cotización, calquera que sexa a causa do cesamento no traballo, a contía da pensión reducirase nun 7 % por cada ano que lle falte para facer os 65 anos no momento do feito causante.

    • Cando o traballador acredite 38 anos ou máis de cotización e acceda á pensión por extinción do contrato de traballo en virtude de causa non imputable á súa libre vontade, as porcentaxes de redución da contía da pensión en función dos anos cotizados serán as seguintes:

PORCENTAXE REDUCIÓN CONTÍA XUBILACIÓN MUTUALISTA
Anos cotizados Cesamento e 38 ou máis anos cotizados
Entre 38 e 39 anos 6,50%
Con 40 ou máis anos 6,00%

Xubilación anticipada por ter a condición de mutualista: Este tipo de xubilación outórgase nos mesmos termos e condicións ca no réxime xeral. Con todo, no Réxime Especial do Mar unicamente poderán acceder a este tipo de xubilación os traballadores por conta allea.

Máis información relativa a este Réxime:


  • Tramitación

    Direccións provinciais e locais do Instituto Social da Mariña.


Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.

Icona de conformidade cos estándares AA Icona de conformidade cos estándares HTML 4.0. Icona de conformidade cos estándares CSS