
MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL
Contenido
Traballadores
Estás en: Inicio » Traballadores » Prestacións / Pensións de Traballadores » Xubilación » Réxime Xeral » Xubilación parcial » Obrigas da empresa
Obrigas da empresa
-
Se durante a vixencia do contrato de remuda, antes de que o traballador substituído alcance a idade que lle permite acceder á xubilación ordinaria ou anticipada, se producise o cesamento do traballador remudista, o empresario:
-
Deberá substituílo por outro traballador desempregado ou que tivese concertado coa empresa un contrato de duración determinada.
-
Concertará con este traballador un novo contrato de remuda no prazo de 15 días naturais seguintes a aquel no que se producise o cesamento.
-
A xornada pactada no novo contrato será, como mínimo, igual á que realizaba o traballador no momento da extinción do seu contrato.
-
Se o traballador xubilado parcialmente fose despedido improcedentemente antes de ter a idade que lle permita acceder á xubilación ordinaria ou anticipada e non se procedese á súa readmisión, a empresa:
-
Ofrecerá ao traballador remudista a ampliación da súa xornada de traballo. Se a xornada de traballo do remudista fose superior á xornada deixada vacante, a ampliación terá como límite a xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, a xornada ordinaria máxima legal.
-
Se a ampliación de xornada non fose aceptada, deberá contratar a outro traballador desempregado ou que tivese concertado coa empresa un contrato de duración determinada. A nova contratación deberá facerse na modalidade de contrato de remuda no prazo de 15 días naturais seguintes a aquel no que se producise a decisión de non readmisión tras a declaración de improcedencia do despido.
-
A xornada pactada será, como mínimo, igual á que realizaba o traballador no momento da extinción do seu contrato.
-
En caso de incumprimento das obrigas establecidas nos parágrafos anteriores, o empresario deberá aboar á Entidade xestora correspondente o importe da prestación de xubilación parcial devindicado dende o momento da extinción do contrato ata que o xubilado parcial acceda á xubilación ordinaria ou anticipada.
Información Relacionada
Pie
Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.





