
MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL
Contenido
Traballadores
Estás en: Inicio » Traballadores » Prestacións / Pensións de Traballadores » Xubilación » Réxime Xeral » Xubilación parcial » Contía
Contía
-
A contía da pensión é o resultado de aplicar a porcentaxe de redución de xornada ao importe da pensión que lle correspondería, de acordo cos anos de cotización que acredite o traballador na data do feito causante, calculada de conformidade coas normas xerais do Réxime da Seguridade Social de que se trate, mais sen a aplicación do coeficiente adicional do 2%.
O importe da pensión así calculada non poderá ser inferior, en ningún caso, á contía que resulte de aplicar esa mesma porcentaxe ao importe da pensión mínima vixente en cada momento para os xubilados maiores de 65 anos, de acordo coas circunstancias familiares do xubilado.
A efectos de determinar a porcentaxe aplicable á base reguladora da pensión de xubilación parcial, cando se acceda á mesma antes de facer os 65 anos, non se aplicarán coeficientes redutores en función da idade.
-
Nos casos nos que resulte procedente o incremento da porcentaxe de redución de xornada, solicitado polo xubilado parcial coa conformidade do empresario:
-
Modificarase a contía da pensión, aplicando á recoñecida inicialmente a porcentaxe que corresponda en función da nova redución de xornada.
-
A nova pensión será obxecto de actualización coas revalorizacións que tivesen lugar dende a data de efectos da pensión inicial de xubilación parcial ata a de efectos do novo importe de pensión.
Para poder ampliarse a contía da pensión nos termos indicados, nos casos en que, para a percepción da pensión de xubilación parcial, resulte necesario o mantemento dun contrato de remuda, a empresa:
-
Ofrecerá ao traballador remudista a ampliación da súa xornada de traballo, en proporción á redución da do xubilado parcial. Se a xornada de traballo do remudista fose superior á xornada deixada vacante, a ampliación terá como límite a xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo aplicable ou, no seu defecto, a xornada ordinaria máxima legal.
-
Se o remudista non acepta a ampliación da súa xornada, deberá contratar, pola xornada reducida polo xubilado parcial, a outro traballador en situación de desemprego ou que teña concertado coa empresa un contrato de duración determinada.
-
Nos supostos de pluriemprego, para o cálculo da base reguladora só se terán en conta as bases de cotización correspondentes ao traballo desempeñado ata este momento e que é obxecto da correspondente redución de xornada.
-
As pensións de xubilación parcial serán obxecto de revalorización nos mesmos termos que as demais pensións de modalidade contributiva.
Información Relacionada
Pie
Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.





