
MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL
Contenido
Traballadores
Estás en: Inicio » Traballadores » Prestacións / Pensións de Traballadores » Xubilación » Réxime Xeral » Xubilación ordinaria » Requisitos
Requisitos
Regra xeral:
Ter feitos os 65 anos de idade. Este requisito será esixible, en todo caso, cando se acceda á pensión sen estar en alta ou en situación asimilada á de alta.
Excepcións:
A idade mínima pode rebaixarse ou anticiparse, só para traballadores en alta ou en situación asimilada á de alta, en determinados supostos especiais:
-
Xubilación anticipada a partir dos 60 anos por ter a condición de mutualista.
-
Xubilación anticipada a partir dos 61 anos sen ter a condición de mutualista.
-
Xubilación parcial.
-
Xubilación especial aos 64 anos.
-
Xubilación do persoal do Estatuto Mineiro, persoal de voo de traballos aéreos, ferroviarios, artistas, profesionais taurinos, bombeiros e membros do corpo da Ertzaintza.
-
Xubilación flexible.
-
Xubilación de traballadores afectados por unha discapacidade igual ou superior ao 45% ou ao 65%.
En ningún caso, a aplicación dos coeficientes redutores da idade dará lugar a que o interesado poida acceder á pensión de xubilación cunha idade inferior a 52 anos; esta limitación non afectará aos traballadores dos réximes especiais (da Minería do Carbón e Traballadores do Mar) que, no 01-01-08, tivesen recoñecidos coeficientes redutores da idade de xubilación, aos que se aplicará a normativa anterior.
Traballadores en situación de alta ou asimilada:
-
Período de cotización xenérico: 15 anos (5.475 días), a partir do 25-05-2010.
-
Período de cotización específico: 2 anos deberán estar comprendidos dentro dos 15 anos inmediatamente anteriores ao momento de causar o dereito ou á data na que cesou a obriga de cotizar, se se accede á pensión de xubilación desde unha situación de alta ou asimilada, sen obriga de cotizar.
Traballadores en situación de non alta nin asimilada:
-
Período de cotización xenérico: 15 anos (5.475 días), a partir do 25-05-2010.
-
Período de cotización específico: 2 anos deberán estar comprendidos dentro dos 15 anos inmediatamente anteriores ao momento de causar o dereito.
A efectos de acreditar o período mínimo de cotización:
-
Só se computan as cotizacións efectivamente realizadas ou as asimiladas a elas legal ou regulamentariamente.
-
Non se terá en conta a parte proporcional correspondente por pagas extraordinarias.
No caso dos traballadores contratados a tempo parcial:
Para acreditar os períodos de cotización correspondentes, computaranse exclusivamente as cotizacións efectuadas en función das horas traballadas, tanto ordinarias como complementarias, calculando a súa equivalencia en días teóricos de cotización:
-
O número de horas efectivamente traballadas dividirase entre 5, equivalente diario do cómputo de 1.825 horas anuais.
-
Ao número de días teóricos de cotización obtidos, aplicarase o coeficiente multiplicador 1,5. Diso resultará o número de días que se considerarán acreditados para determinar:
-
Os períodos mínimos de cotización. A fracción de día, de ser o caso, asimilarase a día completo.
-
O número de anos cotizados para os efectos de fixar a porcentaxe aplicable á base reguladora da pensión. A fracción de ano computarase coma un ano completo.
Para estes efectos, cando se trate de traballadores incluídos no Sistema especial para empregados de fogar, dende 2012 ata 2018, as horas efectivamente traballadas no mesmo determinaranse en función das bases de cotización a que se refiren os números 1º, 2º e 3º do apartado 2.a) da disposición adicional 39 da Lei 27/2011, divididas polo importe fixado para a base mínima horaria do Réxime Xeral pola LPGE para cada un destes exercicios.
Segundo a situación dende a que se acceda á pensión, considérase producido o feito causante:
-
O día do cesamento na actividade laboral, cando o traballador está en alta na Seguridade Social.
-
O día de presentación da solicitude, nas situacións asimiladas á de alta, coas seguintes excepcións:
-
En caso de excedencia forzosa, o día do cesamento no cargo que deu orixe á asimilación.
-
En caso de traslado fóra do territorio nacional, o día do cesamento no traballo por conta allea.
-
O día de presentación da solicitude, nas situacións de non alta.
Información Relacionada
Pie
Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.





