MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL

Seguridade Social

Escudo de España ao carón do logotipo do Ministerio de Emprego e Seguridade Social con ligazón á súa páxina web. Ligazón nunha nova ventá. Logotipo da Seguridade Social con enlace á páxina de inicio
Información Lingüística
Buscador avanzado

Traballadores

Requisitos



Regra xeral: 

A partir do 1-1-2013, a idade de acceso á pensión de xubilación depende da idade do interesado e das cotizacións acumuladas ao longo da súa vida laboral, requirindo ter feito a idade de:

  • 67 anos ou
  • 65 anos cando se acrediten 38 anos e 6 meses de cotización.

Este requisito será esixible, en todo caso, cando se acceda á pensión sen estar en alta ou en situación asimilada á de alta.

As idades de xubilación e o período de cotización a que se refiren os parágrafos anteriores aplicaranse de forma gradual, nos termos que resultan do seguinte cadro:

Ano Períodos cotizados Idade esixida
2013 35 anos e 3 meses ou máis 65 anos
Menos de 35 anos e 3 meses 65 anos e 1 mes
2014 35 anos e 6 meses ou máis 65 anos
Menos de 35 anos e 6 meses 65 anos e 2 meses
2015 35 anos e 9 meses ou máis 65 anos
Menos de 35 anos e 9 meses 65 anos e 3 meses
2016 36 ou máis anos 65 anos
Menos de 36 anos 65 anos e 4 meses
2017 36 anos e 3 meses ou máis 65 anos
Menos de 36 anos e 3 meses 65 anos e 5 meses
2018 36 anos e 6 meses ou máis 65 anos
Menos de 36 anos e 6 meses 65 anos e 6 meses
2019 36 anos e 9 meses ou máis 65 anos
Menos de 36 anos e 9 meses 65 anos e 8 meses
2020 37 ou máis anos 65 anos
Menos de 37 anos 65 anos e 10 meses 
2021 37 anos e 3 meses ou máis 65 anos
Menos de 37 anos e 3 meses 66 anos
2022 37 anos e 6 meses ou máis 65 anos
Menos de 37 anos e 6 meses 66 anos e 2 meses
2023 37 anos e 9 meses ou máis 65 anos
Menos de 37 anos e 9 meses 66 anos e 4 meses
2024 38 ou máis anos 65 anos
Menos de 38 anos 66 anos e 6 meses
2025 38 anos e 3 meses ou máis 65 anos
Menos de 38 anos e 3 meses 66 anos e 8 meses
2026 38 anos e 3 meses ou máis 65 anos
Menos de 38 anos e 3 meses 66 anos e 10 meses
A partir de 2027 38 anos e 6 meses ou máis 65 anos
Menos de 38 anos e 6 meses 67 anos 

 

Excepcións:

Mantense a idade de 65 anos para os que resulte de aplicación a lexislación anterior ao 01-01-2013, de conformidade co establecido na disposición transitoria cuarta. da LGSS.

A idade mínima pode ser rebaixada ou anticipada, só para traballadores en alta ou en situación asimilada á de alta, en determinados supostos especiais:

  • Xubilación anticipada a partir dos 60 anos por ter a condición de mutualista.
  • Xubilación anticipada a partir dos 61 anos sen ter a condición de mutualista.
  • Xubilación parcial.
  • Xubilación especial aos 64 anos para quen resulte de aplicación a lexislación anterior ao 1-1-2013, de conformidade co establecido na disposición transitoria cuarta da LGSS.
  • Xubilación do persoal do Estatuto Mineiro, persoal de voo de traballos aéreos, ferroviarios, artistas, profesionais taurinos, bombeiros e membros do corpo da Ertzaintza.
  • Xubilación flexible.
  • Xubilación de traballadores afectados por unha discapacidade igual ou superior ao 45% ou ao 65%.

En ningún caso a aplicación dos coeficientes redutores da idade ordinaria de xubilación dará lugar a que o interesado poida acceder á pensión de xubilación cunha idade inferior a 52 anos; esta limitación non afectará os traballadores dos réximes especiais (da Minaría do Carbón e Traballadores do Mar) que o 01-01-08 tivesen recoñecidos coeficientes redutores da idade de xubilación, aos que se aplicará a normativa anterior.

Determinación do período cotizado:

  • O cómputo dos meses realizarase de data a data a partir da correspondente ao nacemento. Cando no mes do vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, considerarase que se fará a idade o último día do mes.
  • Os períodos de cotización acreditados polos solicitantes da pensión de xubilación para os efectos de poder acceder á pensión de xubilación ao chegar á idade que, en cada caso, resulte de aplicación, virán reflectidos en días e, unha vez acumulados todos os días computables, sen que se teña en conta a parte proporcional correspondente ás pagas extraordinarias, serán obxecto de transformación a anos e meses coas seguintes regras de equivalencia:
    • O ano adquire o valor fixo de 365 días e
    • o mes adquire o valor fixo de 30,41666 días.
  • Para o cómputo dos anos e meses de cotización tomaranse anos e meses completos, sen que se equiparen a un ano ou a un mes as súas fraccións.
  • Para determinar os períodos de cotización computables para fixar a idade de acceso á pensión de xubilación, ademais dos días efectivamente cotizados polo interesado, teranse en conta:
    • Os días que se consideren efectivamente cotizados, conforme o establecido no art.237 da LGSS, como consecuencia dos períodos de excedencia dos que gocen os traballadores, de acordo co artigo 46.3 do texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, aprobado polo Real Decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro.
    • Os días que se computen como período cotizado en concepto de beneficios por coidado de fillos ou menores acollidos, segundo o disposto na disposición transitoria décimo cuarta da LGSS e no artigo 6 do R.D. 1716/2012, do 28 de decembro.
    • Os períodos de cotización asimilados por parto que se computen a favor da traballadora solicitante da pensión, de acordo co establecido no art. 235 da LGSS.

 



Traballadores en situación de alta ou asimilada:

  • Período de cotización xenérico: 15 anos (5.475 días), a partir do 25-05-2010.
  • Período de cotización específico: 2 anos deberán estar comprendidos dentro dos 15 anos inmediatamente anteriores ao momento de causar o dereito ou á data en que cesou a obriga de cotizar, se se accede á pensión de xubilación dende unha situación de alta ou asimilada, sen obriga de cotizar.

Traballadores en situación de non alta nin asimilada:

  • Período de cotización xenérico: 15 anos (5.475 días), a partir do 25-05-2010.
  • Período de cotización específico: 2 anos deberán estar comprendidos dentro dos 15 anos inmediatamente anteriores ao momento de causar o dereito.

Para os efectos de acreditar o período mínimo de cotización:

  • Só se computan as cotizacións efectivamente realizadas ou as asimiladas a elas legal ou regulamentariamente.
  • Non se terá en conta a parte proporcional correspondente por pagas extraordinarias.

                              

No caso dos traballadores contratados a tempo parcial:

A partir do 04-08-2013, para acreditar os períodos de cotización necesarios para causar dereito á prestación, aplicaranse as seguintes regras:

  1. Teranse en conta os distintos períodos durante os cales o traballador permanecese en alta cun contrato a tempo parcial, calquera que sexa a duración da xornada realizada en cada un deles.

    Para tal efecto, o coeficiente de parcialidade que vén determinado pola porcentaxe da xornada realizada a tempo parcial respecto da xornada realizada por un traballador a tempo completo comparable, aplicarase sobre o período de alta con contrato a tempo parcial, sendo o resultado o número de días que se considerarán efectivamente cotizados en cada período.

    Ao número de días que resulten sumaránselle, se é o caso, os días cotizados a tempo completo, sendo o resultado o total de días de cotización acreditados computables para o acceso ás prestacións.
  2. Unha vez determinado o número de días de cotización acreditados, procederase a calcular o coeficiente global de parcialidade, sendo este a porcentaxe que representa o número de días traballados e acreditados como cotizados, de acordo co establecido na letra a) anterior, sobre o total de días en alta ao longo de toda a vida laboral do traballador.
  3. O período mínimo de cotización esixido aos traballadores a tempo parcial para cada unha das prestacións económicas que o teñan establecido, será o resultado de aplicar ao período regulado con carácter xeral o coeficiente global de parcialidade a que se refire a letra b).

    Nos supostos en que, para os efectos do acceso á correspondente prestación económica, se esixa que parte ou a totalidade do período mínimo de cotización esixido estea comprendido nun prazo de tempo determinado, o coeficiente global de parcialidade aplicarase para fixar o período de cotización esixible. O espazo temporal no que haberá de estar comprendido o período esixible será, en todo caso, o establecido con carácter xeral para a respectiva prestación.

O disposto nos parágrafos anteriores será aplicable, igualmente, a  aquelas prestacións da Seguridade Social que con anterioridade ao  04-08-2013  tivesen sido denegadas por non acreditar o período mínimo de cotización esixido no seu caso. No suposto de cumprirse o período mínimo esixido conforme a nova regulación, o feito causante entenderase producido na data orixinaria, sen prexuízo de que os efectos económicos do recoñecemento teñan unha retroactividade máxima de 3 meses dende a nova solicitude, co límite en todo caso do día 04-08-2013.

Excepcionalmente, todas aquelas prestacións cuxa solicitude se encontre en trámite o 04-08-2013, se rexerán polo disposto na Lei 1/2014, do 28 de febreiro, para a protección dos traballadores a tempo parcial e outras medidas urxentes na orde económica e social, e o seu recoñecemento terá efectos dende o feito causante da respectiva prestación.

Para estes efectos, cando se trate de traballadores incluídos no Sistema especial para empregados de fogar, dende 2012 ata 2018, as horas efectivamente traballadas neste determinaranse en función das bases de cotización a que se refire a disposición transitoria 16ª da LGSS, divididas polo importe fixado para a base mínima horaria do Réxime Xeral pola LPGE para cada un dos devanditos exercicios.



Segundo a situación dende a que se acceda á pensión, considérase producido o feito causante:

  • O día do cesamento na actividade laboral, cando o traballador está en alta na Seguridade Social.
    • En caso de excedencia forzosa, o día do cesamento no cargo que deu orixe á asimilación.
    • En caso de traslado fóra do territorio nacional, o día do cesamento no traballo por conta allea.
  • O día de presentación da solicitude, nas situacións de non alta.

                              

Copyright © Seguridad Social 2018. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal