MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL

Seguridade Social

Escudo de España ao carón do logotipo do Ministerio de Emprego e Seguridade Social con ligazón á súa páxina web. Ligazón nunha nova ventá. Logotipo da Seguridade Social con enlace á páxina de inicio
Información Lingüística

Traballadores

Estás en: Inicio » Traballadores » Prestacións / Pensións de Traballadores » Xubilación » Réxime Xeral » Xubilación ordinaria » Xestión / Solicitudes

Xestión / Solicitudes



A xestión e o recoñecemento do dereito corresponden ao Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) ou, se se trata de traballadores incluídos no campo de aplicación do Réxime Especial do Mar, ao Instituto Social da Mariña (ISM).



Os documentos que se indican a continuación débense presentar en orixinal e acompañados de copia para a súa compulsa ou en fotocopia xa compulsada, agás para os documentos de identidade nos que será suficiente a exhibición do orixinal.

EN TODOS OS CASOS:

  • Acreditación da identidade do solicitante, representante legal e demais persoas que figuran na solicitude, mediante a seguinte documentación en vigor:
    • Españois: Documento Nacional de Identidade (DNI). 
    • Estranxeiros residentes ou non residentes en España: pasaporte ou, no seu caso, documento de identidade vixente no seu país e NIE  (Número de Identificación de Estranxeiro) esixido pola AEAT a efectos de pagamento.
  • Documentación acreditativa da representación legal, no seu caso. Se é titor institucional, CIF/NIF, documento no que conste o nomeamento de tutela da Institución e certificación acreditativa da representación da Institución.

EN TODOS OS TIPOS DE XUBILACIÓN:

  • Xustificante de pagamento de cotizacións dos últimos 3 meses se é vostede o obrigado a ingresalas e o cesamento no traballo se producíu nese mesmo período.

EN XUBILACIÓN ESPECIAL AOS 64 ANOS:

  • Certificado de empresa sobre os datos do traballador substituto.

EN XUBILACIÓN PARCIAL:

  • Certificado de empresa sobre datos laborais do xubilado parcial e do traballador remudista.

EN XUBILACIÓN ANTICIPADA:

  • Con bonificación de idade e por enfermidade especial:

    • Se traballou nalgunha actividade que teña recoñecida bonificación de idade: certificado da empresa ou empresas onde consten a categoría profesional e os períodos traballados nese posto, ou cartilla de embarque e desembarque para o ISM.
    • Certificado de discapacidade e grao recoñecido expedido polo IMSERSO  ou organismo competente ou auto xudicial, con indicación, no seu caso, de que é consecuencia dunha das enfermidades listadas no RD 1851/2009, así como data de inicio da discapacidade e data da cualificación.
    • Acreditación da necesidade de axuda de terceiras persoas ou por mobilidade reducida, expedida polo IMSERSO ou organismo competente. 

  • Por cesamento forzoso ou outra causa:

    • Documento que acredite que o seu contrato de traballo se extinguíu por causas alleas á súa vontade, se vai xubilarse con máis de 60 anos e menos de 65 (só se non está cobrando o desemprego).
    • Certificado da empresa, se anticipa a idade de xubilación e recibiu indemnización en virtude de acordo colectivo.

PARA INCLUÍR EN ASISTENCIA SANITARIA E ACREDITAR OUTRAS CIRCUNSTANCIAS:

  • Beneficiarios de asistencia sanitaria:

    • Libro de Familia ou actas do Rexistro Civil que acrediten o parentesco co solicitante.
    • Certificado do Concello que acredite a convivencia co solicitante (non se esixe para o cónxuxe e os fillos), cando o funcionario o considere necesario.
    • Auto xudicial ou certificado de acollemento familiar, expedido pola Comunidade Autónoma.
    • Resolución xudicial de separación ou divorcio onde conste a custodia dos fillos menores e, no seu caso, a contía da pensión compensatoria ao cónxuxe ou ex-cónxuxe e a de alimentos a fillos.
    • Acreditación de residencia habitual en España de estranxeiros, mediante certificado do empadroamento do Concello ou tarxeta de residencia, cando o funcionario o considere necesario.
  • Outras circunstancias:

    • Acreditación de ter cumprido o servizo militar obrigatorio ou a prestación social substitutiva, se o alega.
    • Se tivo algún aborto de máis de 6 meses ou fillos falecidos antes das 24 horas de vida, certificado do Rexistro Civil onde conste a súa existencia, se o alega.

Esta documentación pode presentarse en calquera dos centros de atención e información da Seguridade Social.



Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.

Icona de conformidade cos estándares AA Icona de conformidade cos estándares HTML 4.0. Icona de conformidade cos estándares CSS