
MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL
Contenido
Traballadores
Estás en: Inicio » Traballadores » Prestacións / Pensións de Traballadores » Incapacidade temporal » Réxime Xeral » Solicitudes
Solicitudes
Orixinal acompañado de copia para a súa compulsa ou fotocopia xa compulsada, agás para os documentos de identidade nos que será suficiente a exhibición do orixinal
EN TODOS OS CASOS:
1. Acreditación de identidade do solicitante mediante a seguinte documentación en vigor:
- Españois: DNI
- Estranxeiros: Pasaporte ou, no seu caso, documento de identidade vixente no seu país e NIE esixido pola Axencia Estatal de Administración Tributaria para efectos de pagamento.
2. Documentación relativa á cotización:
- Traballador por conta allea do réxime xeral: Certificación da/s última/s empresa/s na que traballou.
- Traballadores por conta allea do réxime especial agrario: certificado de empresa, cuberto conforme ao TC 2/8 do mes anterior á baixa e xustificantes de pagamento dos tres últimos meses (TC 1/9).
- Traballador por conta propia: xustificante de pagamento de cotas dos tres últimos meses.
- Para os Artistas e Profesionais Taurinos declaración de actividades (TC 4/6) e xustificante de actuacións (TC4/5) que non se presentaran na Tesourería Xeral da Seguridade Social.
- Representantes de comercio: xustificantes do pagamento de cotas dos tres últimos meses (TC 1/3).
3. Datos médicos:
- Partes de baixa e confirmación da baixa.
- Se o traballador procede de pagamento delegado: parte(s) de confirmación seguinte(s) ao último que aboou a empresa.
- Se se produciu a alta médica, parte médico de alta.
4. Parte de accidentes de traballo ou enfermidade profesional (AT e EP ), cuberto pola empresa, no seu caso.
DOCUMENTOS QUE ACREDITEN A EXTINCIÓN DA RELACIÓN LABORAL:
5. Se a extinción se produce nos 15 primeiros días da incapacidae temporal: contrato de traballo e prórrogas.
6. No caso de despedimento: carta de despedimento, acta de conciliación ou sentenza.
OUTRA DOCUMENTACIÓN:
7. Declaración de situación de actividade, só para os traballadores do réxime especial de traballadores autónomos.
8. No suposto dos traballadores do réxime especial agrario por conta allea: xustificante da realización das xornadas reais.
9. Libro de familia e certificado de discapacidade co grao recoñecido, nos supostos de extinción da relación laboral, cos fillos a ter en conta para aplicar os topes de desemprego contributivo.
10. Empresa de menos de dez traballadores: é necesaria unha comunicación previa á solicitude, cunha antelación mínima de 15 días, de que a empresa traslada ao INSS a súa obriga de pagamento directo a partir do día 1º do mes natural seguinte.
Esta documentación pode presentarse en calquera dos centros de atención e información da Seguridade Social.
Información Relacionada
Pie
Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.





