
MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL
Contenido
Traballadores
Estás en: Inicio » Traballadores » Prestacións / Pensións de Traballadores » Incapacidade temporal » Réxime Xeral » Situacións protexidas / Beneficiarios / Requisitos
Situacións protexidas / Beneficiarios / Requisitos
Teñen a consideración de situacións determinantes da incapacidade temporal:
- As debidas a enfermidade, común ou profesional, e a accidente, sexa ou non de traballo, mentres o traballador estea impedido para o traballo e reciba asistencia sanitaria da Seguridade Social.
- Os períodos de observación por enfermidade profesional, nos que se prescriba a baixa no traballo durante estes.
As persoas integradas no Réxime Xeral que reúnan os seguintes requisitos:
- Estar afiliadas e en alta ou en situación asimilada á de alta na data do feito causante, mentres reciban asistencia sanitaria da Seguridade Social e estean impedidas para o traballo.
Cando derive de accidente de traballo ou enfermidade profesional, os traballadores consideraranse de pleno dereito afiliados e en alta, aínda que o empresario incumprise as súas obrigas.
Para os profesionais taurinos, a inclusión no seu censo de activos equivale á situación de alta.
Considérase situación de alta especial a folga legal ou peche patronal.
Considéranse situacións asimiladas á de alta:
- A percepción da prestación por desemprego de nivel contributivo.
- Traslado pola empresa fóra do territorio nacional.
- Convenio especial de deputados e senadores e de gobernantes e parlamentarios de Comunidades Autónomas.
- Ter cuberto un período de cotización de:
- 180 días dentro dos 5 anos inmediatamente anteriores ao feito causante, no caso de enfermidade común.
- Non se esixe período previo de cotización en caso de accidente, sexa ou non de traballo, e de enfermidade profesional.
Cando se trate de traballadores contratados a tempo parcial, computaranse exclusivamente as cotizacións efectuadas en función das horas traballadas, tanto ordinarias como complementarias, calculando a súa equivalencia en días teóricos de cotización:
- O número de horas efectivamente traballadas dividirase entre 5, equivalente diario do cómputo de 1.825 horas anuais.
- O período de 5 anos, dentro do que deben de estar comprendidos os 180 días, incrementarase na mesma proporción na que se reduza a xornada efectivamente realizada respecto á xornada habitual na actividade correspondente.
- A fracción de día, de ser o caso, asimilarase a día completo
A estes efectos, cando se trate de traballadores incluídos no Sistema especial para empregados de fogar, dende 2012 ata 2018, as horas efectivamente traballadas no mesmo determinaranse en función das bases de cotización a que se refiren os números 1º, 2º e 3º do apartado 2.a) da disposición adicional 39 da Lei 27/2011, divididas polo importe fixado para a base mínima horaria do Réxime Xeral pola LPGE para cada un destes exercicios.
Os períodos de incapacidade temporal, risco durante o embarazo ou descanso por maternidade, durante os que perviva o contrato a tempo parcial, así como os de percepción da prestación por desemprego determinados pola suspensión ou extinción dunha relación laboral dese tipo, terán a mesma consideración, que o período precedente á baixa médica, ao descanso, á suspensión ou á extinción do contrato respectivamente.
O cómputo dos períodos que legalmente se asimilan a cotizados, que sucedan a períodos traballados a tempo parcial, levarase a cabo de forma idéntica á utilizada en relación co último período traballado.
Cando se realice simultaneamente máis dunha actividade a tempo parcial, sumaranse os días teóricos de cotización acreditados nas distintas actividades, tanto nas situacións de pluriemprego como nas de pluriactividade nas que deba aplicarse o cómputo recíproco.
En ningún caso, poderá computarse un número de días cotizados superior ao que correspondería de terse realizado a prestación de servizos a tempo completo.
Información Relacionada
Pie
Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.





