
MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL
Contenido
Traballadores
Estás en: Inicio » Traballadores » Prestacións / Pensións de Traballadores » Incapacidade permanente » Réxime Xeral » Cualificación e revisión
Cualificación e revisión
Corresponde ao Instituto Nacional da Seguridade Social, a través dos órganos correspondentes e en todas as fases do procedemento (calquera que sexa a Entidade xestora ou colaboradora que cubra a continxencia de que se trate), avaliar, cualificar e revisar a incapacidade e recoñecer o dereito ás prestacións económicas contributivas da Seguridade Social por incapacidade permanente, nos seus distintos graos, así como determinar as continxencias causantes da mesma.
Causas de revisión:
- Agravación.
- Melloría.
- Erro de diagnóstico
- Realización de traballos por conta allea ou propia do pensionista.
Prazos de revisión:
-
Toda resolución, inicial ou de revisión, pola que "se recoñeza o dereito" ás prestacións de incapacidade permanente, en calquera dos seus graos, ou "se confirme o grao recoñecido previamente", fará constar necesariamente o prazo a partir do cal se poderá instar a revisión por agravación ou melloría, en tanto que o incapacitado non teña feitos os 65 anos para acceder á pensión de xubilación.
Non obstante o disposto no parágrafo anterior, poderá revisarse o grao de incapacidade permanente e a prestación inicialmente recoñecida, aínda que o beneficiario teña feitos os 65 anos, se esta incapacidade deriva de enfermidade profesional.
Cando na resolución inicial de recoñecemento da incapacidade permanente, se faga constar un prazo, igual ou inferior a dous anos, para poder instar a revisión por previsible melloría do estado invalidante, o traballador terá dereito á reserva do seu posto de traballo, durante un período de dous anos, a contar dende a data da resolución pola que se declare a incapacidade permanente. -
O referido prazo de revisión é vinculante para todos os suxeitos que poidan promovela, de modo que non poderá instarse con anterioridade ao cumprimento dese prazo, agás nos supostos seguintes:
-
Realización, por parte do pensionista de incapacidade permanente, de calquera traballo, xa sexa por conta allea ou propia. O Instituto Nacional da Seguridade Social poderá, de oficio ou a instancia do propio interesado, promover a revisión, con independencia de que transcorrese ou non o prazo sinalado na resolución.
-
Erro de diagnóstico A revisión pode levarse a cabo en calquera momento, en tanto que o interesado non teña 65 anos.
-
Se concorren novas doenzas.
-
As restantes resolucións e, en especial, as denegatorias das solicitudes de revisión non poderán establecer ningún prazo, podendo instarse unha nova revisión en calquera momento.
Efectos da revisión:
-
Confirmación do grao de incapacidade.
- Modificación do grao de incapacidade e, en consecuencia, da prestación.
- Extinción da incapacidade e, en consecuencia, da pensión.
Información Relacionada
Pie
Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.





