MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL

Seguridade Social

Escudo de España ao carón do logotipo do Ministerio de Emprego e Seguridade Social con ligazón á súa páxina web. Ligazón nunha nova ventá. Logotipo da Seguridade Social con enlace á páxina de inicio
Información Lingüística

Traballadores

Estás en: Inicio » Traballadores » Prestacións / Pensións de Traballadores » Coidado de menores afectados por cancro ou outra enfermidade grave

Coidado de menores afectados por cancro ou outra enfermidade grave

Pode enlazar á sección Trámites e Xestións  para ver unha versión simplificada.

Prestación económica destinada aos proxenitores, adoptantes ou acolledores que reducen a súa xornada de traballo para o coidado do menor ao seu cargo afectado por cancro ou outra grave enfermidade.

O subsidio ten por obxecto compensar a perda de ingresos que sofren os interesados ao ter que reducir a súa xornada, coa conseguinte diminución do seu salario, pola necesidade de coidar de maneira directa, continua e permanente aos fillos ou menores ao seu cargo, durante o tempo da súa hospitalización e tratamento continuado da enfermidade.

Esta prestación está incluída dentro da acción protectora do Sistema da Seguridade Social dende o 01-01-2011, non sendo aplicable aos funcionarios públicos, que se rexirán polo establecido no |art.41.e) da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público e normativa que o desenvolve.



Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.

Icona de conformidade cos estándares AA Icona de conformidade cos estándares HTML 4.0. Icona de conformidade cos estándares CSS