MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL

Seguridade Social

Escudo de España ao carón do logotipo do Ministerio de Emprego e Seguridade Social con ligazón á súa páxina web. Ligazón nunha nova ventá. Logotipo da Seguridade Social con enlace á páxina de inicio
Información Lingüística
Buscador avanzado

Traballadores

Sistema Especial para Empregados de Fogar




De acordo coa disposición adicional trixésimo novena da Lei 27/2011, do 1 de agosto (BOE do 2 de agosto), e con efectos do 1 de xaneiro de 2012, o Réxime Especial da Seguridade Social dos Empregados de Fogar queda integrado no Réxime Xeral da Seguridade Social, mediante o establecemento dun Sistema Especial para Empregados de Fogar.

DocumentoDescarga do ficheiroFormatoTamañoData
Tríptico Sistema Especial para Empregados de Fogar Abrir o documento: Tríptico Sistema Especial de Empleados de Hogar. Servicios electrónicos. enCastellano. O documento abrirase nunha ventá nova. | Abrir o documento: Tríptico Sistema Especial de Empleados de Hogar. Servicios electrónicos. enCatalán. O documento abrirase nunha ventá nova. | Abrir o documento: Tríptico Sistema Especial de Empleados de Hogar. Servicios electrónicos. enGalego. O documento abrirase nunha ventá nova. | Abrir o documento: Tríptico Sistema Especial de Empleados de Hogar. Servicios electrónicos. enEúscaro. O documento abrirase nunha ventá nova. | Abrir o documento: Tríptico Sistema Especial de Empleados de Hogar. Servicios electrónicos. enValenciano. O documento abrirase nunha ventá nova. PDF 498 Kb 28/06/2017


As bases de cotización por continxencias comúns durante o ano 2017 serán as determinadas na seguinte escala, en función da retribución mensual percibida polos empregados de fogar por cada relación laboral.


Tramo

Retribución mensual

euros/mes

Base de cotización

euros/mes

1.º Ata 188,61 161,29
2.º Dende 188,62 ata 294,60 266,84
3.º Dende 294,61 ata 400,80 372,39
4.º Dende 400,81 ata 506,80 477,96
5.º Dende 506,81 ata 612,90 583,52
6.º Dende 612,91 ata 718,20 689,09
7.º Dende 718,21 ata 825,65 825,60
8.º Dende 825,66 862,44


Para determinar a retribución mensual do empregado de fogar, o importe percibido mensualmente deberá ser incrementado, conforme o establecido no artigo 147.1 do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, coa parte proporcional das pagas extraordinarias a que teña dereito a percibir o empregado. 


  • Continxencias comúns

Durante o ano 2017, o tipo de cotización sobre a base de cotización que corresponda segundo a escala anterior, será o 26,50 por 100, sendo o 22,10 por 100 a cargo do empregador e o 4,40 por 100 a cargo do empregado.

  • Continxencias profesionais

Sobre a base de cotización que corresponda, aplicarase o tipo de cotización previsto na tarifa de primas aprobada pola disposición adicional cuarta da Lei 42/2006, do 28 de decembro, de Presupostos Xerais do Estado para o ano 2007, en redacción dada pola disposición final oitava da Lei 48/2015, do 29 de outubro, de Presupostos Xerais do Estado para 2016, sendo as primas resultantes a cargo exclusivo do empregador.



De conformidade co establecido na disposición transitoria única da Lei 27/2011, do 1 de agosto, sobre actualización e modernización do sistema da Seguridade Social, cuxos efectos foron prorrogados pola disposición adicional octoxésimo sétima da Lei 48/2015, do 29 de outubro, durante o ano 2017 será aplicable unha redución do 20 por 100 na achega empresarial á cotización á Seguridade Social por continxencias comúns neste Sistema Especial.

Serán beneficiarios desta redución os empregadores que contratasen, baixo calquera modalidade contractual, e dado de alta no Réxime Xeral a un empregado de fogar a partir do 1 de xaneiro de 2012, sempre e cando o empregado non figurase en alta no Réxime Especial de Empregados de Fogar a tempo completo, para o mesmo empregador, dentro do período comprendido entre o 2 de agosto e o 31 de decembro de 2011.

Esta redución de cotas ampliarase cunha bonificación ata chegar ao 45 por 100 para familias numerosas, nos mesmos termos das reducións e bonificacións que xa se veñen practicando neste Réxime Especial.

Os beneficios na cotización consistentes tanto en reducións na cotización á Seguridade Social a cargo do empregador, coma en bonificacións de cotas a cargo deste, non serán de aplicación nos supostos en que os empregados de fogar que presten os seus servizos durante menos de 60 horas mensuais por empregador asuman o cumprimento das obrigas en materia de encadramento, cotización e recadación no devandito sistema especial, de acordo co establecido na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei Xeral da Seguridade Social.




Responsable

O responsable do ingreso das cotas é o empregador, conforme a normativa establecida no Réxime Xeral da Seguridade Social. O procedemento de ingreso de cotas realizarase mediante domiciliación bancaria ou cargo en conta.

A partir do 01-04-2013 poderá acordarse co empregado que este asuma as obrigas en materia de encadramento, cotización e recadación, sempre que o número de horas de traballo mensuais sexa inferior a 60, conforme o artigo 43.2 do Real Decreto 84/1996, do 26 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento Xeral sobre Inscrición de Empresas e Afiliación, Altas, Baixas e Variacións de datos de Traballadores na Seguridade Social (BOE 27-2-96).

Prazo

O ingreso das cotas de cada mes realizarase durante o mes seguinte. 

Recargas e xuros de demora

Transcorrido o prazo regulamentario establecido para o pagamento das cotas á Seguridade Social, sen que estas se ingresasen e sen prexuízo das especialidades previstas para os aprazamentos, acumularanse as seguintes recargas:

  • Recargas:

    Recarga do 20% da débeda, se se aboasen as cotas debidas tras o vencemento do prazo regulamentario.
  • Xuros de demora:

    Os xuros de demora devindicaranse a partir do día seguinte ao do vencemento do prazo regulamentario de ingreso das cotas, aínda que serán esixibles unha vez transcorridos quince días dende a notificación da providencia de constrinximento ou comunicación do inicio do procedemento de dedución, sen que se aboase a débeda.

    Así mesmo, serán esixibles estes xuros cando non se aboase o importe da débeda no prazo fixado nas resolucións desestimatorias dos recursos presentados contra as reclamacións de débeda ou actas de liquidación, se a execución destas resolucións fose suspendida nos trámites do recurso contencioso-administrativo que contra elas se interpuxese.

    Os xuros de demora esixibles serán os que reportase o principal da débeda desde o vencemento do prazo regulamentario de ingreso e os que reportase, ademais, a recarga aplicable no momento do pagamento, desde a data en que, segundo o apartado anterior, sexan esixibles.

    O tipo de xuro de demora será o xuro legal do diñeiro vixente en cada momento do período de acumulación de xuros, incrementado nun 25%, agás que a Lei de Orzamentos Xerais do Estado estableza un diferente. Para o ano 2017, o 3,75 por cento.



Información sobre documentos PDF:

Para poder visualizar correctamente os arquivos PDF é necesario que teña instalado o programa Acrobat Reader de Adobe


Copyright © Seguridad Social 2018. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal