
MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL
Contenido
Traballadores
Estás en: Inicio » Traballadores » Cotización / Recadación de Traballadores » Réximes » Réxime Xeral da Seguridade Social » Información Xeral
Información Xeral
Os empresario e os traballadores incluídos no réxime xeral que realicen a súa actividade por conta de aqueles.
A obriga de cotizar nace desde o comezo da prestación do traballo e non se interrompe mentres dura a relación laboral entre o empresario e o traballador. Mesmo subsiste nas situacións de incapacidade temporal, risco durante o embarazo, risco durante a lactación natural, aproveitamento dos períodos de descanso por maternidade e paternidade ou períodos de proba do traballador.
A obriga de cotizar remata ao finalizar a prestación de traballo, sempre que se presente o parte de baixa do traballador dentro dos 6 días naturais seguintes.
Se a baixa do traballador se presenta despois deses 6 días de prazo, a obriga de cotizar continúa ata o día en que a Tesourería Xeral da Seguridade Social coñeza o cesamento no traballo, agás que os interesados proben que este cesamento se produciu con anterioridade.
Cota
As cantidades que se deben ingresar á Seguridade Social, chamadas cotas, calcúlanse aplicándolle á base de cotización do traballador a porcentaxe ou tipo de cotización que lle corresponde a cada continxencia protexida.
Base de cotización
A base de cotización calcúlase engadíndolles ás retribucións mensuais que teña dereito a percibir o traballador, ou que realmente perciba, de seren estas superiores, a parte proporcional das pagas extraordinarias e as demais percepcións de vencementos superiores ao mensual ou que non teñan carácter periódico e se satisfagan no exercicio.
Base de cotización, mínimas e máximas
Anualmente establécense bases de cotización (mensuais ou diarias) mínimas e máximas para as distintas continxencias e categorías profesionais dos traballadores (grupos de cotización). Para o ano 2011 ver Bases de Cotización. A base de accidentes de traballo e enfermidades profesionais tamén se utiliza para calcular as cotizacións por desemprego, Fondo de Garantía Salarial e Formación Profesional.
Tipo de cotización
O tipo de cotización é a porcentaxe que se aplica ás bases de cotización para a obtención das cotas da Seguridade Social. O tipo de cotización distribúese entre o empregador e o empregado, agás as correspondentes a accidentes de traballo e enfermidades profesionais e ao Fondo de Garantía Salarial, que van a cargo exclusivamente da empresa. Os tipos de cotización son fixados anualmente pola Lei de orzamentos xerais do Estado. Para o ano 2011 os tipos de cotización para cada continxencia protexida serán os seguintes:
| Concepto | Empresa | Traballador | Total |
|---|---|---|---|
| Continxencias comúns | 23,6 | 4,7 | 28,3 |
| Accidentes de traballo e enfermidades profesionais | Tarifa Primas Disposición adicional cuarta, Lei 42/2006 do 28 de decembro - P.G.E. 2007, en redacción dada pola disposición final oitava da Lei 26/2009, do 23 de decembro - P.G.E. para o 2010. | Non cotiza |
(1) Tipo Continxencias Comúns (IT ) traballadores maiores de 65 anos de idade e 35 anos cotizados: 1,75 por 100 (1,46 por 100 -empresa- e 0,29 por 100 -traballador-).
| Concepto | Empresa | Traballador | Total | |
|---|---|---|---|---|
| Desemprego | Tipo xeral | 5,50 | 1,55 | 7,05 |
| Contrato duración determinada a tempo completo | 6,70 | 1,60 | 8,30 | |
| Contrato duración determinada a tempo parcial | 7,70 | 1,60 | 9,30 | |
| Fondo de Garantía Salarial | 0,2 | Non cotiza | 0,2 | |
| Formación profesional | 0,60 | 0,10 | 0,70 | |
| Concepto | Empresa | Traballador | Total | |
|---|---|---|---|---|
| Cotización adicional por horas extraordinarias | Horas extraordinarias forza maior | 12 | 2 | 14 |
| Resto horas extraordinarias | 23,60 | 4,70 | 28,30 | |
Responsable:
O empresario é o responsable do ingreso da cotización propia e da dos seus traballadores, para o que descontará do salario dos seus traballadores as achegas que lles correspondan no momento do seu aboamento.
Prazo regulamentario:
As cotas ingresaranse dentro do mes seguinte da súa adquisición do dereito á percepción.
Lugar:
A presentación dos documentos de cotización para o ingreso das cotas pódese realizar en calquera entidade financeira (bancos, caixas de aforros, cooperativas de crédito ou caixas rurais) autorizada para actuar como oficina recadadora.
Documentación a presentar:
- Boletín de cotización (TC -1)
- Relación nominal de traballadores (TC-2).
No caso de empresas cun só traballador en alta no período deberá encher o recadro do boletín de cotización identificado como "TC-2 ABREVIADO". Só poderá cubrirse se a empresa reúne os requisitos para iso (un só traballador durante o mes obxecto de liquidación, sen variacións na clave de contrato e epígrafe de AT /EP ).
Remisión electrónica de documentos (RED)
A Dirección Xeral da Tesourería Xeral da Seguridade Social poderá autorizar que a información contida nas relacións nominais de traballadores TC-2 sexa facilitada a través da Remisión electrónica, informática ou telemática de documentos. A comunicación de datos utilizando os medios citados determinará o cumprimento da obriga verbo da presentación de documentos de cotización en prazo regulamentario.
A utilización do Sistema RED permite efectuar o pagamento das cotas mediante as modalidades de pagamento electrónico ou de domiciliación bancaria.
Se a empresa elixe a modalidade de pagamento electrónico, efectuará o ingreso en calquera entidade financeira colaboradora da Seguridade Social co recibo que lle facilita a Tesourería Xeral da Seguridade Social a través do Sistema RED.
En caso de que opte pola modalidade de domicilación bancaria unicamente, terá que indicar o número de conta no que desexa se lle efectúe o cargo, sen necesidade de acudir á entidade financeira.
Efectos da presentación de documentación no prazo
A presentación no prazo regulamentario dos documentos de cotización producirá os efectos seguintes:
- O suxeito responsable pode efectuar na súa liquidación as compensacións polas prestacións económicas aboadas, en réxime de pagamento delegado, por incapacidade temporal, correspondentes ao mesmo período, obxecto de liquidación. Se ademais da presentación se efectuase o ingreso en prazo regulamentario, poderanse aplicar as correspondentes deducións por reducións e/ou bonificacións.
- Evitarase cometer unha infracción tipificada como grave no artigo 22 do RD lexislativo 5/2000 do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da lei sobre infraccións e sancións na orde social ou na responsabilidade penal que, de ser o caso, puidese derivarse.
Recargas e intereses de demora:
- Presentación dos documentos de cotización dentro do prazo regulamentario:
-
Recarga do 3% da débeda, se se aboasen as cotas debidas dentro do primeiro mes seguinte ao do vencemento do prazo regulamentario.
-
Recarga do 5% da débeda, se se aboasen dentro do segundo mes seguinte ao do vencemento do prazo regulamentario.
-
Recarga do 10% da débeda, se se aboasen dentro do terceiro mes seguinte ao do vencemento do prazo regulamentario.
-
Recarga do 20% da débeda, de aboarse a partir do terceiro mes seguinte ao do vencemento do prazo regulamentario.
-
-
Sen presentación dos documentos de cotización no prazo:
-
Recarga do 20% da débeda, se se aboasen as cotas debidas antes da terminación do prazo de ingreso establecido na reclamación de débeda ou na acta de liquidación.
-
Recarga do 35% da débeda, se se aboasen as cotas debidas a partir da terminación deste prazo de ingreso.
-
-
Xuros de demora
Terase dereito a percibir os xuros de demora a partir do día seguinte ao do vencemento do prazo regulamentario de ingreso das cotas, aínda que serán esixibles unha vez transcorridos quince días desde a notificación da providencia de constrinximento ou comunicación do inicio do procedemento de dedución, sen que se aboase a débeda.
Así mesmo, serán esixibles estes intereses cando non se aboase o importe da débeda no prazo fixado nas resolucións desestimatorias dos recursos presentados contra as reclamacións de débeda ou actas de liquidación, se a execución destas resolucións fose suspendida nos trámites do recurso contencioso-administrativo que contra elas se interpuxese.
Os intereses de demora esixibles serán os que reportase o principal da débeda desde o vencemento do prazo regulamentario de ingreso e os que reportase, ademais, a recarga aplicable no momento do pagamento, desde a data en que, segundo o apartado anterior, sexan esixibles.
O tipo de interese de demora será o interese legal do diñeiro vixente en cada momento do período de acumulación de xuros, incrementado nun 25%, agás que a Lei de orzamentos xerais do Estado estableza un diferente. Para o ano 2011, o 5,00%.
- Bases de cotización para Continxencias Comúns
- Bases de cotización para Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais
- Cotización a tempo parcial. Continxencias comúns
- Cotización a tempo parcial. Accidentes de traballo e enfermidades profesionais
- Cotización por contratos de aprendizaxe e formación
| Grupo de cotización | Categorías profesionais | Bases mínimas euros/mes |
Bases máximas euros /mes |
|---|---|---|---|
| 1 | Enxeñeiros e licenciados. Persoal de alta dirección non incluído no artigo 1.3.c) do Estatuto dos traballadores | 1.045,20 | 3.230,10 |
| 2 | Enxeñeiros técnicos, peritos e axudantes titulados | 867,00 | 3.230,10 |
| 3 | Xefes administrativos e de taller | 754,20 | 3.230,10 |
| 4 | Axudantes non titulados | 748,20 | 3.230,10 |
| 5 | Oficiais administrativos | 748,20 | 3.230,10 |
| 6 | Subalternos | 748,20 | 3.230,10 |
| 7 | Auxiliares administrativos | 748,20 | 3.230,10 |
| Bases mínimas euros/día |
Bases máximas euros /día |
||
| 8 | Oficiais de primeira e segunda | 24,94 | 107,67 |
| 9 | Oficiais de terceira e especialistas | 24,94 | 107,67 |
| 10 | Peóns | 24,94 | 107,67 |
| 11 | Traballadores menores de dezaoito anos, calquera que sexa a súa categoría profesional | 24,94 | 107,67 |
| Tope Mínimo (euros/mes) | Tope Máximo (euros/mes) |
|---|---|
| 748,20 | 3.230,10 |
As bases mínimas aplicables aos contratos a tempo parcial durante o ano 2011 son as seguintes:
| Categorías profesionais | Base Mínima horaria(euros) | |
|---|---|---|
| 1. Enxeñeiros e licenciados. Persoal de alta dirección non incluído no artigo 1.3.c) do Estatuto dos traballadores | 6,30 | |
| 2. Enxeñeiros Técnicos, Peritos e Axudantes titulados | 5,22 | |
| 3. Xefes administrativos e de taller | 4,54 | |
| 4. Axudantes non titulados | 4,51 | |
| 5. Oficiais administrativos | 4,51 | |
| 6. Subalternos | 4,51 | |
| 7. Auxiliares administrativos | 4,51 | |
| 8. Oficiais de primeira e segunda | 4,51 | |
| 9. Oficiais de terceira e Especialistas | 4,51 | |
| 10. Traballadores maiores de 18 anos non cualificados | 4,51 | |
| 11. Traballadores menores de 18 anos, calquera que sexa a súa categoría profesional | 4,51 | |
A base mínima para continxencias profesionais aplicable aos contratos a tempo parcial, durante o ano 2011, será de 4,51 euros/hora traballada.
A cotización á Seguridade Social polos contratos de formación consistirá nunha cota única mensual distribuída da seguinte forma:
| Concepto | Empresa | Traballador | Total | |
|---|---|---|---|---|
| Por continxencias comúns | 30,34|€ | 6,05 € | 36,39 € | |
| Por accidentes de traballo e enfermidades profesionais | IT: 2,33 € IMS:1,84 € |
4,17 € | ||
| Fondo de Garantía Salarial | 2,31 € | 2,31 € | ||
| Formación profesional | 1,11 € | 0,15 € | 1,26 € | |
Observacións:
A cotización de bolseiros e investigadores, incluídos no campo de aplicación do Real Decreto 63/2006, do 27 de xaneiro, polo que se aproba o Estatuto do persoal investigador en formación, durante os dous primeiros anos levarase a cabo aplicando as regras correspondentes á cotización nos contratos para a formación, respecto da cotización por continxencias comúns e profesionais.
Información Relacionada
Pie
Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.





