MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL

Seguridade Social

Escudo de España ao carón do logotipo do Ministerio de Emprego e Seguridade Social con ligazón á súa páxina web. Ligazón nunha nova ventá. Logotipo da Seguridade Social con enlace á páxina de inicio
Información Lingüística

Traballadores

Ingreso de cotas

Responsable

O empresario é o responsable do ingreso da cotización propia e da dos seus traballadores, para o que descontará do salario dos seus traballadores as achegas correspondentes destes no momento do seu aboamento.

Prazos

As cotas ingresaranse por mensualidades, durante o mes seguinte ao da súa devindicación.

Prazos especiais de ingreso

Por Resolución do 23 de setembro de 2011 da Secretaría de Estado da Seguridade Social, establécense prazos especiais para o ingreso das diferenzas resultantes da aplicación da Orde |TIN/2501/2011, do 15 de setembro, pola que se fixan para o exercicio 2011 as bases normalizadas de cotización , por continxencias comúns, no Réxime Especial da Minería do Carbón. Estas diferenzas poderán ser ingresadas polas empresas nos prazos e na forma seguinte:

    • No prazo que finalizará o último día do mes de marzo do ano 2012, as diferenzas de cotización correspondentes aos meses de xaneiro a abril de 2011, ambos incluídos.
    •  No prazo que finalizará o último día do mes de maio do ano 2012, as diferenzas de cotización correspondentes aos meses de maio a agosto de 2011, ambos inclusive.
    • No prazo que finalizará o último día do mes de xullo do ano 2012, as diferenzas de cotización correspondentes aos restantes meses de 2011.

Lugar 

O ingreso das cotas pódese realizar en calquera Entidade Financeira (Bancos, Caixas de Aforros, Cooperativas de Crédito ou Caixas Rurais) autorizada para actuar como Oficina Recadadora.

Documentos que hai que presentar

  • Boletín de cotización (TC-1/4).
  • Relación nominal de traballadores (TC-2/4).
     

Remisión electrónica de documentos (RED) 

A Dirección Xeral da Tesourería Xeral da Seguridade Social poderá autorizar que a información contida nas relacións nominais de traballadores  TC-2/4 sexa facilitada a través da Remisión Electrónica, informática ou telemática de Documentos. A comunicación de datos utilizando os medios citados determinará o cumprimento da obriga verbo da presentación de documentos de cotización en prazo regulamentario.

A utilización do Sistema RED  permite efectuar o pagamento das cotas mediante as modalidades de pagamento electrónico ou de domiciliación bancaria.

Se a empresa elixe a  modalidade de pagamento electrónico, efectuará o ingreso en calquera entidade financeira colaboradora da Seguridade Social co recibo que lle facilita a Tesourería Xeral da Seguridade Social a través do Sistema RED.

En caso de que opte pola modalidade de domicilación bancaria unicamente, terá que indicar o número de conta no que desexa se lle efectúe o cargo, sen necesidade de acudir á entidade financeira.


Efectos de presentación documentación en prazo

A presentación no prazo regulamentario dos documentos de cotización producirá os seguintes efectos:

    • O suxeito responsable pode efectuar na súa liquidación a compensación polas prestacións económicas aboadas, en réxime de pagamento delegado, por incapacidade temporal, correspondentes ao mesmo período, obxecto da liquidación. Se ademais da presentación se efectuase o ingreso en prazo regulamentario, poderíanse aplicar as correspondentes deducións por reducións ou bonificacións.
    • Evitarase a comisión dunha infracción tipificada como grave polo artigo 22 do R.D.Lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre Infraccións e Sancións na orde social, ou na responsabilidade penal que, no seu caso, se puidese derivar.
       

Recargas e intereses de demora:

  • Presentación dos documentos de cotización dentro do prazo regulamentario:

    • Recarga do 3% da débeda, se se aboasen as cotas debidas dentro do primeiro mes seguinte ao do vencemento do prazo regulamentario.
    • Recarga do 5% da débeda, se se aboasen dentro do segundo mes seguinte ao do vencemento do prazo regulamentario.
    • Recarga do 10% da débeda, se se aboasen dentro do terceiro mes seguinte ao do vencemento do prazo regulamentario.
    • Recarga do 20% da débeda, de aboarse a partir do terceiro mes seguinte ao do vencemento do prazo regulamentario.

  • Sen presentación dos documentos de cotización no prazo:

    • Recarga do 20% da débeda, se se aboasen as cotas debidas antes da terminación do prazo de ingreso establecido na reclamación de débeda ou na acta de liquidación.
    • Recarga do 35% da débeda, se se aboasen as cotas debidas a partir da terminación deste prazo de ingreso.

  • Xuros de demora

    Terase dereito a percibir os xuros de demora a partir do día seguinte ao do vencemento do prazo regulamentario de ingreso das cotas, se ben serán esixibles unha vez transcorridos quince días dende a notificación da providencia de prema ou comunicación do inicio do procedemento de dedución, sen que se aboase a débeda.

    Así mesmo, serán esixibles estes intereses cando non se aboase o importe da débeda no prazo fixado nas resolucións desestimatorias dos recursos presentados contra as reclamacións de débeda ou actas de liquidación, se a execución destas resolucións fose suspendida nos trámites do recurso contencioso-administrativo que contra elas se interpuxese.

    Os intereses de demora esixibles serán os que reportase o principal da débeda desde o vencemento do prazo regulamentario de ingreso e os que reportase, ademais, a recarga aplicable no momento do pagamento, desde a data en que, segundo o apartado anterior, sexan esixibles.

    O tipo de interese de demora será o interese legal do diñeiro vixente en cada momento do período de acumulación de xuros, incrementado nun 25%, agás que a Lei de orzamentos xerais do Estado estableza un diferente. Para o ano 2012, o 5%.



Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.

Icona de conformidade cos estándares AA Icona de conformidade cos estándares HTML 4.0. Icona de conformidade cos estándares CSS