MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL

Seguridade Social

Escudo de España ao carón do logotipo do Ministerio de Emprego e Seguridade Social con ligazón á súa páxina web. Ligazón nunha nova ventá. Logotipo da Seguridade Social con enlace á páxina de inicio
Información Lingüística

Traballadores

Canto se debe cotizar?

Cota

As cantidades que hai que ingresar á Seguridade Social, chamadas cotas, calcúlanse aplicando á base de cotización do traballador a porcentaxe ou tipo de cotización que corresponde a cada continxencia protexida.

Base de cotización por continxencias comúns

A cotización por continxencias comúns efectúase por bases normalizadas. A normalización refírese a anos naturais e establece a base de cotización aplicable a cada categoría, grupo profesional e especialidade profesional dentro do ámbito territorial de cada una das zonas mineiras. Para iso teranse en conta as remuneracións percibidas ou que tivesen dereito a percibir os traballadores, computables para os efectos de cotización para accidentes de traballo e enfermidades profesionais, durante o exercicio anterior, sen aplicación do tope máximo de cotización.

Estas remuneracións totalizaranse agrupándoas por categorías, grupos profesionais, especialidades profesionais e zonas mineiras, consonte o disposto no artigo 57 do Regulamento xeral de cotización, aprobado polo Real decreto 2064/1995, do 22 de decembro.

Os importes totalizados dividiranse polo número de días a que correspondan e o resultado obtido será a base normalizada diaria de cotización para continxencias comúns.

O importe desta base normalizada non poderá ser:

  • Inferior, ao fixado para o exercicio inmediatamente anterior, para cada categoría profesional, incrementado na mesma porcentaxe experimentada polo tope máximo xeral, para o que se calculan as bases.
  • Superior á cantidade que resulte de elevar a contía anual o tope máximo de cotización, vixente en cada momento, e dividilo polos días naturais do ano para o que se calculan as bases.

Na actualidade existen catro zonas mineiras: 1ª.- Asturias, 2ª.- Noroeste, 3ª.- Sur e 4ª.- Centro - Levante.

Base de cotización de AT e EP.

A base de cotización calcúlase engadindo ás retribucións mensuais que teña dereito a percibir o traballador, o que realmente perciba, de ser estas superiores, a parte proporcional das pagas extraordinarias e as demais percepcións de vencemento superior a un mes ou que non teñan carácter periódico e se satisfagan no exercicio.

A base mensual de cotización durante o ano 2011 por Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais estará comprendida dentro destes límites:

  • Mínima:    748,20 euros 
  • Máxima: 3.230,10 euros 

    A base de accidentes do traballo e enfermidades profesionais tamén se utiliza para calcular as cotizacións por desemprego, Fondo de Garantía Salarial e formación profesional.

    Tipo de cotización

    O tipo de cotización durante o 2011 para cada continxencia protexida será o fixado para o Réxime Xeral da Seguridade Social, distribuíndose entre empresarios e traballadores as súas achegas correspondentes, consonte o seguinte detalle:

    CONTINXENCIAS SEGURIDADE SOCIAL
    Concepto Empresa Traballador Total
    Continxencias comúns 23,6 4,7 28,30
    Accidentes de traballo e enfermidades profesionais Tarifa disposición adicional cuarta Lei 42/2006, do 28 de decembro, en redacción dada pola disposición final oitava da Lei 26/2009, do 23 de decembro Non cotiza


    OUTROS CONCEPTOS RECADACIÓN CONXUNTA
    Concepto Empresa Traballador Total
    Desemprego Tipo xeral (*) 5,50 1,55 7,05
    Contrato duración determinada tempo completo 6,70 1,60 8,30
    Contrato duración determinada tempo parcial 7,70 1,60 9,30
    Fondo de Garantía Salarial 0,20 Non cotiza 0,20
    Formación Profesional 0,60 0,10 0,70


    Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.

    Icona de conformidade cos estándares AA Icona de conformidade cos estándares HTML 4.0. Icona de conformidade cos estándares CSS