MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL

Seguridade Social

Escudo de España ao carón do logotipo do Ministerio de Emprego e Seguridade Social con ligazón á súa páxina web. Ligazón nunha nova ventá. Logotipo da Seguridade Social con enlace á páxina de inicio
Información Lingüística

Traballadores

Estás en: Inicio » Traballadores » Cotización / Recadación de Traballadores » Área informativa » Recadación de cotas » Devolución de ingresos indebidos

Devolución de ingresos indebidos

As persoas obrigadas a cotizar ou ao pagamento doutras débedas coa Seguridade Social teñen dereito á devolución total ou parcial do importe dos ingresos realizados por erro.

As devolucións inclúen os xuros de demora dende a data do ingreso na Tesourería Xeral da Seguridade Social ata a data da proposta de pagamento.

Non procederá a devolución das cotas ou recursos ingresados maliciosamente.

Se a persoa suxeito da devolución fose debedora da Seguridade Social ou tivese concedido un aprazamento ou moratoria, o importe da devolución aplicarase á débeda pendente de ingreso ou de amortización (agás no caso da débeda garantida mediante aval xenérico)

As solicitudes de devolución de ingresos deberán dirixirse á Administración da Seguridade Social correspondente ao domicilio do obrigado ao pagamento. No caso de que este teña centralizada a súa xestión nunha Administración en concreto, será esta a Administración competente.

Os traballadores dos Réximes Especiais de: Autónomos, Agrario conta allea, Traballadores do Mar conta propia, Empregados de Fogar (titulares do fogar familiar e traballadores descontinuos) e Convenios Especiais poden solicitar a devolución das súas cotas a través da Sede Electrónica >Cidadáns > Servizos con certificado dixital e/ou Servizos con certificado SILCON > Devolución de cotas.

Mediante este servizo tamén poden consultar o estado de tramitación da súa solicitude. Para acceder ao mesmo é necesario dispoñer de D.N.I  electrónico ou Certificado dixital.

Os empresarios deben solicitar á Tesourería Xeral da Seguridade Social a devolución da súa achega así como a dos seus traballadores aos que llelas deberán reintregar cando se lles faga efectiva a devolución. Non obstante, o traballador por conta allea pode solicitar directamente á Tesourería Xeral a devolución das súas cotas se a empresa desaparecese ou se negase a solicitar esta devolución.

O dereito á devolución de cotas prescribe aos catro anos contados dende o primeiro día seguinte ao seu ingreso.

DocumentoDescarga do ficheiroFormatoTamañoData
TC 13-1 Abrir o documento:tc-13-1 en Espa�ol. O documento abrirase nunha ventá nova.| Abrir o documento:tc-13-1 en Catalán. O documento abrirase nunha ventá nova.| Abrir o documento:tc-13-1 en Galego. O documento abrirase nunha ventá nova.| Abrir o documento:tc-13-1 en E�scaro. O documento abrirase nunha ventá nova.| Abrir o documento:tc-13-1 en Valenciano. O documento abrirase nunha ventá nova. PDF 202 kb 03/11/2010

                              




Información sobre documentos PDF:

Para poder visualizar correctamente os arquivos PDF é necesario que teña instalado o programa Acrobat Reader de Adobe


Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.

Icona de conformidade cos estándares AA Icona de conformidade cos estándares HTML 4.0. Icona de conformidade cos estándares CSS