Ir a Contido
Salto ao Menú de navegación
MINISTERIO
DE TRABAJO
E INMIGRACIóN
Seguridade Social
Escudo de España ao carón do logotipo do Ministerio de Traballo e Inmigración con ligazón á súa páxina web. Ligazón nunha nova ventá. Acceso á páxina Web da Presidencia Europea do Ministerio de Traballo e Inmigración. Ligazón a outra web, non garantimos a accesibilidade para discapacitados. Ligazón nunha nova ventá.
Información Lingüística

Selección de idiomas

Barra de Navegación

Área:

Traballadores

Está vostede en: Inicio  >  Traballadores  >  Afiliación  >  Réximes: ¿Quen os integra?  > Réxime Especial de Tralladores do Mar



Réxime Especial de Tralladores do Mar



Barco - Traballadores por conta allea, retribuídos a salario ou á parte, empregados en calquera das actividades seguintes:
  • Mariña mercante
  • Pesca marítima en calquera das súas modalidades.
  • Extracción doutros produtos do mar.
  • Tráfico interior de portos e embarcacións deportivas e de recreo e practicaxe.
  • Traballos de carácter administrativo, técnico e subalterno das empresas dedicadas ás actividades anteriores.
  • Traballo de estibadores portuarios.
  • Servizo auxiliar sanitario e de fonda e cociña prestado aos emigrantes españois a bordo das embarcacións que os transportan.
  • Persoal ao servizo das confrarías de pescadores e as súas federacións, e das cooperativas do mar.
  • Calquera outra actividade marítimo-pesqueira incluída neste réxime segundo o determina o Ministerio de Traballo e Inmigración.

- Os armadores de embarcacións que sexan de máis de 10 toneladas ou leven enrolados máis de cinco tripulantes, se figuran no rol e perciben como retribución polo seu traballo unha participación no "monte menor" ou un salario como tripulante, quedan asimilados a traballadores por conta allea, agás para os efectos de desemprego.

Os prácticos de porto que, para a realización da súa actividade de practicaxe, se constitúan en corporacións de prácticos de porto ou entidades que as substitúan asimílanse a traballadores por conta allea, agás para os efectos das prestacións por desemprego e do Fondo de Garantía Salarial.

- Traballadores por conta propia que realizan de forma habitual, persoal e directa algunha das actividades que a continuación se enumeran, sempre que constitúa o seu medio fundamental de vida:

  • Armadores de embarcacións que non excedan de 10 toneladas de rexistro bruto, non leven máis de cinco persoas enroladas incluído o armador e este vaia enrolado nelas como técnico ou tripulante.
  • Os que se dediquen á extracción de produtos do mar.
  • Os redeiros que non realicen as súas faenas por conta dunha empresa pesqueira determinada.

Para os efectos da inclusión neste réxime especial considerarase que tales actividades constitúen o seu medio fundamental de vida sempre que delas se obteñan ingresos para atender as súas propias necesidades ou, de ser o caso, as da unidade familiar, aínda cando se realicen outros traballos non especificamente marítimo-pesqueiros, determinantes ou non da súa inclusión en calquera outro réxime dos que integran o sistema da Seguridade Social, con carácter ocasional ou permanente.

Tamén poden incluírse o cónxuxe e os familiares ata o segundo grao de consanguinidade, afinidade ou adopción do traballador autónomo, se traballan, conviven e dependen economicamente daquel, agás proba de que son traballadores por conta allea.



Os traballadores do mar que causen baixa no réxime especial do mar e non queden incluídos noutros, poden subscribir co Instituto Social da Mariña o correspondente "convenio especial". Este cubrirá as continxencias de invalidez permanente, morte e supervivencia, por enfermidade común e accidente non laboral, xubilación, servizos sociais e asistencia sanitaria se é o caso. A solicitude poderá formularse en calquera momento, sempre que se reúnan os requisitos e condicións establecidas con carácter xeral para o resto dos traballadores.

Os mariños emigrantes e os fillos deles que posúan a nacionalidade española, con independencia de que con anterioridade estiveran ou non afiliados á Seguridade Social española e independentemente do país no que traballen e de que ese país teña ou non subscrito con España un acordo ou convenio en materia de Seguridade Social, poderán subscribir un convenio especial nos termos establecidos no Real decreto 996/1986 do 25 de abril.

Condicións e requisitos xerais: igual ca no réxime xeral.

Tramitación: direccións provinciais  e locais do ISM.

Normativa básica



Menú de navegación:

  1. Traballadores
    1. Afiliación
    2. Cotización / Recadación de Traballadores
    3. Prestacións / Pensións de Traballadores
    4. Traballadores do mar
  2. Pensionistas
  3. Empresarios
  4. Oficina Virtual
  5. Sistema RED
  6. Estatísticas e Informes
  7. A Seguridade Social
  8. Direccións e teléfonos
  9. Internacional
  10. Normativa
  11. Formularios / Modelos
  12. Contratación
  13. Operacións con bens
  14. Máis información
  15. Trámites e Xestións