Ir a Contido
Salto ao Menú de navegación
MINISTERIO
DE TRABAJO
E INMIGRACIóN
Seguridade Social
Escudo de España ao carón do logotipo do Ministerio de Traballo e Inmigración con ligazón á súa páxina web. Ligazón nunha nova ventá. Acceso á páxina Web da Presidencia Europea do Ministerio de Traballo e Inmigración. Ligazón a outra web, non garantimos a accesibilidade para discapacitados. Ligazón nunha nova ventá.
Información Lingüística

Selección de idiomas

Barra de Navegación

Área:

Traballadores

Está vostede en: Inicio  >  Traballadores  >  Afiliación  >  Réximes: ¿Quen os integra?  > Réxime Especial Agrario



Réxime Especial Agrario




Quedarán incluídos os traballadores maiores de dezaseis anos que realicen labores agrarias con carácter retribuído por conta allea, dentro do ámbito de organización e dirección doutra persoa física ou xurídica.

Expresamente quedan incluídos:

Os Pastores, Gardas Rurais e de cotos de caza pesca que teñan ao seu cargo a custodia de gando ou a vixilancia de explotacións agrarias dun ou varios propietarios.

Traballadores ocupados en faenas de rego e en labores de limpeza, monda e limpeza de regos, brazais, carreiros, cando estes traballos non teñan outro fin que o de aproveitamento das augas para uso exclusivo das explotacións agropecuarias.

Os traballadores que, como elementos auxiliares, presten servizos non propiamente agrícolas, forestais ou pecuarios de forma habitual e con remuneración permanente en explotacións agrarias. Terán este carácter os técnicos, administrativos, mecánicos, condutores de vehículos e maquinaria e calquera outro profesional que desempeñe o seu cometido na explotación.

Exclusións:

Os mecánicos e condutores de vehículos e maquinaria de propietarios que arrenden os seus servizos para labores agropecuarias, sen seren titulares dunha explotación ou cando o sexan non os utilicen na mesma.

Os operarios que traballen directamente por conta das Empresas cuxa actividade é a de aplicacións fitopatolóxicas.

O cónxuxe, descendentes, ascendentes e demais parentes do empresario por consanguinidade ou afinidade ata o terceiro grao inclusive, ocupados na súa explotación agraria cando convivan no seu fogar e estean ao seu cargo, a non ser que se demostre a súa condición de asalariados, sen prexuízo de que poidan ter a consideración de traballadores por conta propia.



Menú de navegación:

  1. Traballadores
    1. Afiliación
    2. Cotización / Recadación de Traballadores
    3. Prestacións / Pensións de Traballadores
    4. Traballadores do mar
  2. Pensionistas
  3. Empresarios
  4. Oficina Virtual
  5. Sistema RED
  6. Estatísticas e Informes
  7. A Seguridade Social
  8. Direccións e teléfonos
  9. Internacional
  10. Normativa
  11. Formularios / Modelos
  12. Contratación
  13. Operacións con bens
  14. Máis información
  15. Trámites e Xestións