
MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL
Contenido
Traballadores
Estás en: Inicio » Traballadores » Afiliación » Información xeral
Información xeral
O Sistema da Seguridade Social é un conxunto de réximes a través dos cales o Estado garante ás persoas comprendidas no seu campo de aplicación, por realizar unha actividade profesional, ou por cumprir os requisitos esixidos na modalidade non contributiva, así como aos familiares ou asimilados que tivesen ao seu cargo, a protección adecuada nas continxencias e situacións que a lei define.
A efectos das prestacións de modalidade contributiva, están incluídos dentro do campo de aplicación do Sistema da Seguridade Social, e calquera que sexa o seu sexo, estado civil ou profesión, tódolos españois que residan en España, e os estranxeiros que residan ou estean legalmente en España, sempre que, en ambos os dous supostos, exerzan a súa actividade en territorio nacional, e que estean incluídos nalgún dos seguintes apartados:
-
Traballadores por conta allea
-
Traballadores por conta propia ou autónomos
-
Socios traballadores de cooperativas de traballo asociado.
-
Estudantes
-
Funcionarios públicos, civís ou militares.
O Sistema da Seguridade Social está composto polo Réxime Xeral e Réximes Especiais
Dentro do Réxime Xeral da Seguridade Social, están tamén incluídos como Sistemas Especiais colectivos con particularidades en materia de afiliación e cotización:
Sistema Especial de froitas, hortalizas e industria de conservas vexetais
Sistema Especial da Industria Resineira
Sistema Especial dos servizos extraordinarios de hostalería
Sistema Especial de manipulado e empaquetado do tomate fresco, realizadas por colleiteiros exportadores
Sistema Especial de traballadores fixos descontinuos de cines, salas de baile e de festa e discotecas
Sistema Especial de traballadores fixos descontinuos de empresas de estudo de mercado e opinión pública
O Sistema da Seguridade Social comprende tamén os seguintes Réximes Especiais.
Actualmente son:
Réxime Especial AgrarioRéxime Especial de Traballadores Autónomos
Réxime Especial de Empregados de Fogar
Réxime Especial de Minería do Carbón
Réxime Especial de Traballadores do Mar
Información Relacionada
Pie
Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.





