MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL

Seguridade Social

Escudo de España ao carón do logotipo do Ministerio de Emprego e Seguridade Social con ligazón á súa páxina web. Ligazón nunha nova ventá. Logotipo da Seguridade Social con enlace á páxina de inicio
Información Lingüística

Traballadores

Estás en: Inicio » Traballadores » Afiliación » Convenios especiais » Supostos especiais » Convenio especial de coidadores non profesionais de persoas en situación de dependencia R.D. 615/2007

Convenio especial de coidadores non profesionais de persoas en situación de dependencia R.D. 615/2007



Os coidadores non profesionais das persoas en situación de dependencia que sexan perceptores da prestación económica regulada polo R.D.  615/2007 do 11 de maio (BOE do 12 de maio).

Con carácter xeral, para subscribilo é preciso que o coidador non estea de alta en ningún réxime da Seguridade Social a tempo completo, en situación de desemprego ou sexa perceptor de determinadas prestacións.



A acción protectora dispensada por este convenio especial será a correspondente a xubilación, incapacidade permantente, morte e supervivencia, derivadas de accidente ou enfermidade, e formación.



As solicitudes presentaranse na Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social, ou na Administración desta no modelo correspondente (modelo TA-0040).



Con carácter xeral, o convenio producirá efectos desde o mesmo día en que sexa efectiva a prestación económica para coidados profesionais concedida á persoa asistida.

Os efectos serán desde a data de solicitude do convenio cando o coidador, no momento de concesión da prestación, estea en alta no sistema ou incluído nalgunha das causas de incompatibilidade.  



O convenio para este colectivo extinguirase por calquera das causas seguintes:

- Por adquirir o coidador a condición de titular dunha pensión de xubilación ou de incapacidade permanente, ou de viuvez ou de favor familiar, cando teña 65 anos ou máis en calquera dos réximes do sistema da Seguridade Social.

- Por falecemento da persoa asistida ou extinción da prestación económica para coidados familiares por esta percibida ou por falecemento do subscritor.

- Por deixar de prestar os servizos como coidador.

- Por deixar de reunir os requisitos establecidos no R.D.  615/2007.



Para o non establecido na norma reguladora deste convenio específico, este convenio especial regúlase polo disposto no capítulo I da Orde TAS/2865/2003, do 13 de outubro.



Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.

Icona de conformidade cos estándares AA Icona de conformidade cos estándares HTML 4.0. Icona de conformidade cos estándares CSS