MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL

Seguridade Social

Escudo de España ao carón do logotipo do Ministerio de Emprego e Seguridade Social con ligazón á súa páxina web. Ligazón nunha nova ventá. Logotipo da Seguridade Social con enlace á páxina de inicio
Información Lingüística

Traballadores

Estás en: Inicio » Traballadores » Afiliación » Convenios especiais » Regulación xeral » Regulación xeral

Regulación xeral

Pode enlazar á sección Trámites e Xestións para ver unha versión simplificada.



  • Os traballadores que causen baixa no Réxime da S. S. en que estean e non queden comprendidos en calquera outro. 
  • Os traballadores por conta allea indefinidos e os traballadores por conta propia incluídos no  Sistema da Seguridade Social, sempre que continúen en situación de alta, teñan 65 ou máis anos e 35 ou máis de cotización efectiva.
  • Os traballadores ou asimilados en situación de pluriemprego ou de pluriactividade que cesen nalgunha das actividades por conta allea ou propia. 
  • Os traballadores ou asimilados que cesen na súa actividade por conta propia ou allea e sexan contratados con remuneracións que dean lugar a unha base de cotización inferior á media dos doce meses inmediatamente anteriores a este cesamento.
  • Os pensionistas de incapacidade permanente total para a súa profesión habitual, que con posterioridade á data de efectos da correspondente pensión realizasen traballos e estivesen incluídos nalgún Réxime do Sistema de Seguridade Social e se atopen nunha das situacións anteriores.
  • Os traballadores que estean a percibir prestacións por desemprego ou o subsidio por desemprego e cesen na percepción das mesmas.
  • Os pensionistas que fosen declarados capaces ou inválidos parciais.
  • Os pensionistas de incapacidade permanente ou xubilación, a quen se anule a súa pensión en virtude de sentenza firme.
  • Os traballadores que causasen baixa a causa de solicitude dunha pensión e esta lles sexa denegada.


A solicitude do Convenio Especial efectuarase mediante a presentación do modelo correspondente (modelo TA-0040 ), ante a Dirección provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Socialou Administración da mesma correspondente ao domicilio do solicitante.

-Ábrense dous prazos:

* 90 días seguintes ao cesamento ou situación determinante do convenio especial.

* 1 ano seguinte ao cesamento ou situación determinante do convenio especial.



Ter cuberto un período mínimo de cotización de 1.080 días nos doce anos inmediatamente anteriores á baixa no Réxime da Seguridade Social de que se trate.

Para tales efectos, computaranse as cotizacións efectuadas a calquera dos Réximes do Sistema da Seguridade Social, incluídas as correspondentes aos días-cotas por pagas extraordinarias, as que puidesen realizarse como consecuencia doutro convenio especial para a cobertura das mesmas prestacións económicas, as relativas aos días que se consideren como período de cotización efectiva durante o primeiro ano de excedencia ou período menor, de acordo coa lexislación aplicable, por razón do coidado de cada fillo ou de familiar ata o segundo grao por razóns de idade, accidente ou enfermidade, así como, se é o caso, os días cotizados durante o período de percepción das prestacións ou subsidios por desemprego e os períodos así mesmo cotizados noutro dos Estados Membros do Espazo Económico Europeo ou cos que exista Convenio Internacional ao respecto, agás que a norma especial ou o Convenio Internacional prevexan outra cousa, sempre que non se superpoñan e sexan anteriores á data de efectos do convenio especial do que se solicita a celebración.

Non obstante, non se computarán os días en que, sendo o traballador solicitante o obrigado ao cumprimento da obriga de cotizar, non estea ao día no pagamento das cotas anteriores á data de efectos do convenio.

No caso de pensionistas de incapacidade permanente ou xubilación, aos cales se lles anulase ou extinguise por calquera causa o dereito á pensión, este período mínimo de cotización deberá estar cuberto no momento en que se extinguiu a obriga de cotizar.

Non será esixible o período mínimo de cotización nos convenios especiais cando regulamentariamente así se estableza.



Se a solicitude do convenio especial se presentase dentro dos noventa días naturais seguintes á data do cesamento na actividade ou na situación que determine a subscrición do convenio especial, este producirá efectos dende o día seguinte a aquel no que producise efectos a baixa no Réxime correspondente, agás que o solicitante opte porque os efectos se inicien dende a presentación da solicitude.

Se a solicitude do convenio se presentase fóra do prazo dos 90 días, o mesmo producirá efectos dende o día da presentación da solicitude.



O convenio especial coa Seguridade Social quedará suspendido, respecto da obriga de cotizar e a protección correspondente, durante os períodos de actividade do traballador ou asimilado que o subscribise cando os mesmos, tanto se teñen un carácter continuo como descontinuo, determinen o seu encadramento no campo de aplicación dalgún dos Réximes da Seguridade Social, sempre que a base de cotización a este sexa inferior á base de cotización aplicada no convenio especial, agás que o subscritor do convenio especial manifeste expresamente a súa vontade de que o convenio se extinga ou que o mesmo siga vixente.

A realización das actividades que dean lugar a esta suspensión haberá de ser comunicada, polo subscritor do convenio, dentro dos dez días naturais seguintes á citada continuación de actividades, producindo efectos a suspensión do convenio especial dende o día anterior ao da incorporación ao traballo. Se se notificase despois deste prazo, a suspensión unicamente producirá efectos dende a data de comunicación.

Finalizada a causa determinante da suspensión do convenio especial, poderá continuarse a efectividade do convenio que se tiña subscrito dende o día seguinte a aquel en que se finalizou a causa da suspensión, se o interesado efectúa comunicación ao respecto á correspondente Dirección Provincial da Tesourería ou Administración da mesma dentro do mes natural seguinte a aquel en que se produciu o cesamento no traballo.



O convenio especial extinguirase por calquera das seguintes causas: 

  • Por quedar o interesado comprendido, pola realización de actividade, no campo de aplicación do mesmo Réxime de Seguridade Social no que se subscribese o convenio ou noutro Réxime dos que integran o Sistema da Seguridade Social, sempre que o traballador ou asimilado que o subscibise preste os seus servizos ou exerza servizos ou exerza a súa nova actividade a tempo completo ou a tempo parcial, por tempo indefinido ou por duración determinada, con carácter continuo ou descontinuo, e a nova base de cotización que corresponda sexa igual ou superior á base de cotización do convenio especial.
  • Por adquirir o interesado a condición de pensionista por xubilación ou de incapacidade permanente en calquera dos Réximes do Sistema de Seguridade Social.
  • Por falta de aboamento das cotas correspondentes a tres mensualidades consecutivas ou a cinco alternativas, agás causa xustificada de forza maior debidamente acreditada. 
  • Por falecemento do interesado.
  • Por decisión do interesado, comunicada por escrito ou por medios técnicos á Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social ou Administración correspondente da mesma. Neste caso a extinción do convenio especial terá lugar a partir do día primeiro do mes seguinte á data da comunicación.

                              



Os convenios especiais subscritos con anterioridade á entrada en vigor desta Orde seguirán rexéndose pola normativa anterior que lles sexa de aplicación. Non obstante, os subscritores poderán optar por substituílos por algún dos regulados nesta Orde, sempre que reúnan os requisitos establecidos na mesma.

O novo convenio producirá efectos a partir do día primeiro do mes en que se solicitase a subscrición do mesmo.



Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.

Icona de conformidade cos estándares AA Icona de conformidade cos estándares HTML 4.0. Icona de conformidade cos estándares CSS