
MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL
Contenido
Traballadores
Estás en: Inicio » Traballadores » Afiliación » Convenios especiais » Regulación xeral » Cotización
Cotización
A cotización é a cargo do subscritor e obrigatoria dende a data de efectos do Convenio Especial e mentres se manteña a vixencia do mesmo.
A base de cotización por convenio especial terá carácter mensual. Nos supostos en que fose necesario tomar bases diarias, a base anterior dividirase por trinta en tódolos casos.
No momento de subscribir o convenio especial o interesado poderá elixir calquera das seguintes bases mensuais de cotización:
a) A base máxima de cotización por continxencias comúns do grupo de cotización correspondente á categoría profesional do interesado ou no Réxime en que estivese encadrado, na data de baixa no traballo determinante da subscrición do convenio especial, sempre que cotizase por ela polo menos durante vintecatro meses, consecutivos ou non, nos últimos cinco anos.
A opción do interesado que a elexira, esa base máxima poderá incrementarse en cada exercicio posterior á baixa no traballo na mesma porcentaxe en que se aumente a base máxima do grupo de cotización correspondente á súa categoría profesional a efectos de conformar a base de cotización para o convenio especial ao que se refire ese apartado.
b) A base de cotización que sexa o resultado de dividir por 12 a suma das bases por continxencias comúns polas que se efecturaran cotizacións, respecto do traballador solicitante do convenio especial, durante os doce meses consecutivos anteriores a aquel no que surtira efectos a baixa ou se extinguira a obrigación de cotizar e que sexa superior á base mínima á que se refire o apartado c) seguinte.
De ter acreditado un período de cotización inferior a doce meses, esta base estará constituida polo resultado de multiplicar por 30 o cociente de dividir a suma das bases de cotización entre o número de días cotizados.
c) A base mínima de cotización vixente, na data de efectos do convenio especial, no Réxime Especial da Seguridade Social dos Traballadores por Conta Propia ou Autónomos.
d) Unha base de cotización que estea comprendida entre as bases determinadas conforme ao disposto nos apartados a), b) e c) anteriores.
Para determinar a cota a ingresar, teranse en conta as normas seguintes:
Calcularase a cota íntegra, aplicando á base correspondente o tipo único de cotización vixente, con carácter xeral.
O resultado obtido multiplicarase polos coeficientes que correspondan, en función da acción protectora dispensada polo Convenio Especial, e o produto que resulte constituirá a cota a ingresar.
Convenios subscritos con posterioridade ao 1 de xaneiro de 1998: 0.94
Convenios subscritos con anterioridade ao 1 de xaneiro de 1998 e cobertura das prestacións de xubilación, incapacidade permanente, morte e supervivencia e servizos sociais: 0.77
A cota ingresarase dentro do mes natural seguinte ao que a mesma estea referida, excepto cando o último Réxime inmediatamente anterior á inscrición do convenio sexa o Réxime Especial de Traballadores por Conta Propia ou Autónomos, no que a cota se ingresará dentro do mesmo mes ao que a mesma se refira.
O ingreso efectuarase na Entidade Financeira Colaboradora, a través do documento de cotización modelo TC -1/50.
Información Relacionada
Pie
Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.





