MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL

Seguridade Social

Escudo de España ao carón do logotipo do Ministerio de Emprego e Seguridade Social con ligazón á súa páxina web. Ligazón nunha nova ventá. Logotipo da Seguridade Social con enlace á páxina de inicio
Información Lingüística
Buscador avanzado

Queixas e suxestións

Estás en: Inicio » Queixas e suxestións

Queixas e suxestións


Os formularios de suxestións e queixas teñen por obxecto recoller as iniciativas presentadas para a mellora da calidade e, tamén, as manifestacións de insatisfacción dos cidadáns cos servizos prestados pola Administración da Seguridade Social.

Normativa

A normativa básica na que se regulan os formularios de queixas e suxestións recóllese na Real Decreto 951/2005, do 29 de xullo, polo que establece o marco xeral para a mellora da calidade na Administración Xeral do Estado (BOE 3/9 - |Corr. Err. 22/9).

Localización

Nesta páxina facilítase aos cidadáns o formulario electrónico para a remisión das suxestións e queixas. Para o seu uso, é necesario dispoñer dun DNI Electrónico ou outro certificado dixital recoñecido incluído na lista de certificados admitidos, así como cumprir co resto de requisitos técnicos e ter configurado o navegador para o uso de funcionalidades de sinatura electrónica.

Ademais, no caso de que este certificado non se obtivese nunha oficina da Seguridade Social, os datos identificativos do certificado dixital deben coincidir cos que figuran na base de datos da Seguridade Social.


Ademais, existirán formularios de suxestións e queixas a disposición dos cidadáns en todas as Oficinas e Centros de Atención da Seguridade Social abertos ao público, así como nos rexistros xerais e auxiliares de recepción ou saída de documentos dos Servizos Centrais, Direccións Provinciais e outras unidades periféricas. A súa existencia estará sinalizada de forma visible e a súa situación será accesible para posibilitarlles a súa localización e o seu uso aos cidadáns. Igualmente, pódese descargar ao final desta páxina o citado formulario a presentar nas instalacións indicadas.

Formas de presentación

As suxestións e queixas poden ser presentadas mediante as seguintes vías:

  • Vía telemática, a través do formulario electrónico dispoñible, utilizando DNI Electrónico ou outro certificado dixital admitido.
  • Vía presencial, cubrindo o formulario correspondente, o cal se pode atopar ao final desta páxina.
  • Vía postal, onde se fará constar o nome, apelidos e domicilio, co fin de remitirlle a copia correspondente así como a contestación.

Contestación

Recibido o formulario, a unidade responsable correspondente deberá informar o cidadán no prazo de 20 días hábiles. O transcurso deste prazo poderase suspender no caso de que se deba requirir ao interesado para que, nun prazo de 10 días hábiles, formule as aclaracións necesarias para a correcta tramitación da suxestión ou queixa.

Se transcorrido o prazo non se obtivese ningunha resposta, o interesado poderase dirixir á Inspección Xeral de Servizos do Organismo onde presentou a suxestión ou queixa, co fin de coñecer os motivos que orixinaron a falta de contestación e para que a esta Inspección propoña, no seu caso, aos órganos competentes a adopción das medidas oportunas.

Observacións

As queixas formuladas non terán en ningún caso a cualificación de recurso administrativo e a súa interposición tampouco parará os prazos establecidos na normativa vixente.
A presentación dunha queixa non condiciona, en modo algún, o exercicio das restantes accións ou dereitos que, de conformidade coa normativa reguladora de cada procedemento poidan exercitar os que figuren nel como interesados.
No formulario para a súa entrega presencial incluído ao final desta páxina poderanse obter tantas copias en branco como se estime oportuno para a súa formalización de forma manual ou escribir os datos requiridos e seguidamente obter o número de copias desexado (recoméndase a obtención de 4 copias para que unha delas sexa selada na oficina de presentación).

DocumentoDescarga do ficheiroFormatoTamañoData
Formulario de queixas e suxestións Abrir o documento:Formulario Quejas y Sugerencias en Castellano. O documento abrirase nunha ventá nova.| Abrir o documento:Formulario Quejas y Sugerencias en Catalán. O documento abrirase nunha ventá nova.| Abrir o documento:Formulario Quejas y Sugerencias en Galego. O documento abrirase nunha ventá nova.| Abrir o documento:Formulario Quejas y Sugerencias en Eúscaro. O documento abrirase nunha ventá nova.| Abrir o documento:Formulario Quejas y Sugerencias en Valenciano. O documento abrirase nunha ventá nova. PDF 134 Kb 27/12/2011

                              




Información sobre documentos PDF:

Para poder visualizar correctamente os arquivos PDF é necesario que teña instalado o programa Acrobat Reader de Adobe


Copyright © Seguridad Social 2013. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.