
MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL
Contenido
FAQ
Estás en: Inicio » FAQ » Subsidios e outras prestacións » Paternidade
Paternidade
- Quen poden ser beneficiarios?
- Cando se pode considerar como nacido o fillo?
- Que condicións ten que reunir o menor adoptado ou acollido para xerar o dereito á prestación?
- Que período mímino de cotización se esixe para ter dereito á prestación?
- Como se calcula o período mínimo de cotización nos supostos de traballadores a tempo parcial?
- Cal é a súa duración?
- Se existe un só proxenitor (pai descoñecido, adopción ou acollemento por unha soa persoa), pódense acumular o período de descanso por paternidade e o de descanso por maternidade?
- Cando se inicia o descanso por nacemento do fillo?
- Se a nai non traballa, cando se inicia o descanso por paternidade?
- Se a nai realiza unha actividade profesional que non dea lugar á súa inclusión no sistema da Seguridade Social, cando se pode iniciar o descanso por paternidade?
- Cal é o seu importe?
- Pódese seguir percibindo a prestación por paternidade no caso de extinguirse o contrato de traballo?
- Se a paternidade se inicia estando en desemprego e percibindo esta prestación, pódese percibir prestación por paternidade?
- Pode o traballador reincorporarse ao traballo antes de que finalice a prestación?
- E compatible a paternidade co subsidio por maternidade?
Os traballadores incluídos no Réxime Xeral e nos Réximes Especiais da Seguridade Social, que gocen dos períodos de descanso legalmente establecidos por nacemento dun fillo, adopción ou acollemento, sempre que reúnan os requisitos esixidos.
No suposto de parto, a suspensión correspóndelle exclusivamente ao outro proxenitor. Nos casos de adopción ou acollemento, a suspensión corresponderalle a un só dos proxenitores, a elección dos interesados; non obstante, cando o descanso maternal fose gozado na súa totalidade por un dos proxenitores, o dereito á suspensión por paternidade unicamente podería ser exercido polo outro.
Entenderase o fillo como nacido cando tivese figura humana e vivise, polo menos vinte e catro horas, enteiramente desprendido do seo materno.
Nos supostos de traballadores incluídos no ET ou de traballadores por conta propia incluídos nos Réximes Especiais da Seguridade Social, para xerar dereito á prestación, esíxese que o adoptado ou acollido sexa menor de 6 anos.
Tamén xeran dereito os maiores de 6 anos pero menores de 18 discapacitados ou que, polas súas circunstancias e experiencias persoais ou por provir do estranxeiro, teñan especiais dificultades de inserción social e familiar, debidamente acreditadas polos servizos sociais competentes. Enténdese que o adoptado ou acollido está discapacitado, cando acredite unha discapacidade en grao igual ou superior ao 33%.
O período mínimo de cotización esixido é de 180 días dentro dos 7 anos inmediatamente anteriores á data de inicio da suspensión ou, alternativamente, 360 días ao longo da vida laboral con anterioridade a esa data, salvo algunhas excepcións.
O período de 7 anos, nos que deben estar comprendidos os 180 días de cotización esixidos con carácter xeral, ampliaranse na mesma proporción en que se reduza a xornada efectivamente traballada respecto da xornada habitual na actividade correspondente.
Os traballadores por conta allea incluídos no ET terán dereito á suspensión do contrato durante trece días ininterrompidos, ampliables en dous días máis por cada fillo a partir do segundo no suposto de parto, adopción ou acollemento múltiples, podendo gozar desa suspensión en réxime de xornada completa ou en réxime de xornada parcial dun mínimo do 50%, previo acordo entre o empresario e o traballador e conforme se determine regulamentariamente.
Polo que respecta aos traballadores por conta propia dos Réximes Especiais da Seguridade Social, os períodos serán coincidentes, tanto no relativo á súa duración como á súa distribución, cos períodos de descanso laboral establecidos para os traballadores por conta allea, se ben o goce en réxime de xornada parcial está pendente do correspondente desenvolvemento regulamentario.
Cando exista un só proxenitor, non se poderán acumular o período de paternidade e o de maternidade, xa que teñen que existir dous proxenitores.
Como regra xeral, os traballadores por conta allea incluídos no ET poderán exercitar este dereito ou ben dende a finalización do permiso retribuído previsto legal ou convencionalmente (mínimo 2 días) polo nacemento do fillo ata que finalice a suspensión do contrato por maternidade; ou ben, inmediatamente despois da finalización desta suspensión por maternidade.
Polo que respecta aos traballadores por conta propia dos Réximes Especiais, o período de descanso poderase iniciar a partir do momento do nacemento do fillo.
Polo que respecta aos traballadores incluídos no Estatuto Básico do Empregado Público, o período de descanso exercitarase a partir da data de nacemento, da decisión administrativa ou xudicial de acollemento ou da resolución xudicial pola que se constitúe a adopción.
Fóra destes supostos máis comúns, hai que estar ao disposto para cada caso particular (nai que exerce unha actividade profesional que non dá lugar á súa inclusión no sistema de Seguridade Social; situación de pluriactividade; descanso por maternidade ampliado como consecuencia da hospitalización do neno...).
Nos casos de parto, se a nai non traballa, non existe a posibilidade de que suspenda a súa actividade, polo que se presumirá que os períodos de descanso da nai existiron aos efectos do permiso de paternidade, que debe iniciarse:
- Se se trata de proxenitores aos que é de aplicación o ET , dende a finalización do permiso retribuído por nacemento do fillo ata a finalización da suspensión do contrato por maternidade ou inmediatamente despois da finalización desta suspensión.
- Se se trata de proxenitores incluídos no campo de aplicación dos Réximes Especiais, dende o mesmo día do nacemento do fillo ata que finalice a suspensión do contrato por maternidade ou inmediatamente despois da finalización desta suspensión.
- Se se trata de proxenitores incluídos no campo de aplicación do Estatuto Básico do Empregado Público, dende o mesmo día do nacemento do fillo.
Nestes casos, o outro proxenitor, se lle é aplicable o ET, terá dereito:
- Primeiro á paternidade, que iniciará inmediatamente despois do permiso retribuído.
- Despois, á maternidade.
A prestación consiste nun subsidio equivalente ao 100% da base reguladora (a de incapacidade temporal por continxencias comúns), tomando como referencia a data do feito causante.
Do seu importe, deduciranse as cotizacións sociais correspondentes e as retencións por IRPF.
Pódese seguir percibindo a prestación por paternidade no caso de extinguirse o contrato de traballo?
Se o traballador está gozando do permiso de paternidade e durante esta situación se extingue o seu contrato de traballo por algunha das causas previstas no apartado 1 do art. 128 da LXSS:
- Continuará a percibir a prestación por paternidade ata que se extinga esta situación, momento no que pasará á situación legal de desemprego e a percibir, se reúne os requisitos necesarios, a correspondente prestación.
- Neste caso, non se lle descontará do período de percepción da prestación por desemprego de nivel contributivo o tempo que permanecese en situación de paternidade.
Cando o traballador estea percibindo a prestación por desemprego contributivo e pase á situación de paternidade:
- Suspenderánselle a prestación por desemprego e a cotización á Seguridade Social e pasará a percibir a prestación por paternidade na contía que corresponda (100% da base reguladora), que será xestionada directamente pola súa entidade xestora (INSS ou ISM).
- Extinguida a prestación de paternidade, renovarase a prestación por desemprego polo período que restaba por percibir e a contía que correspondía no momento da suspensión.
Se o traballador beneficiario se reincorpora voluntariamente ao traballo con anterioridade ao cumprimento do prazo máximo de duración do período de descanso por paternidade, prodúcese a extinción da prestación.
A paternidade é incompatible coa maternidade cando un mesmo proxenitor perciba na súa totalidade o descanso maternal por adopción ou acollemento, cando só un deles as pode percibir.
Será compatible nos seguintes supostos:
- Co de 10 semanas de duración ao que tivese dereito o proxenitor por recoñecérselle á nai biolóxica o subsidio non contributivo por maternidade de 42 días.
- Co de maternidade cando o goce deste sexa compartido.
- Co subsidio por maternidade íntegro do outro proxenitor no suposto de que a nai non tivese dereito a suspender a súa actividade profesional con dereito a prestacións (sistema de previsión privado).
- Co subsidio por maternidade íntegro do outro proxenitor no suposto de falecemento da nai.
Pie
Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.





