MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL

Seguridade Social

Escudo de España ao carón do logotipo do Ministerio de Emprego e Seguridade Social con ligazón á súa páxina web. Ligazón nunha nova ventá. Logotipo da Seguridade Social con enlace á páxina de inicio
Información Lingüística
Buscador avanzado

FAQ

Estás en: Inicio » FAQ » Subsidios e outras prestacións » Maternidade » Prestación económica / Contía

Prestación económica / Contía




A prestación económica consiste nun subsidio equivalente ao 100 por 100 dunha base reguladora que será equivalente á que estea establecida para a prestación por incapacidade temporal derivada de continxencias comúns, tomando como referencia a data de inicio do período de descanso.

Non obstante, durante o gozo dos períodos de descanso en réxime de xornada a tempo parcial, a base reguladora do subsidio reducirase en proporción inversa á redución que experimentase a xornada laboral.

No caso de traballadores contratados a tempo parcial, a base reguladora diaria do subsidio será o resultado de dividir a suma das bases de cotización acreditadas na empresa durante os 12 meses inmediatamente anteriores á data de inicio da suspensión laboral, entre 365. De ser menor a antigüidade do traballador na empresa, a base reguladora da prestación será o resultado de dividir a suma das bases de cotización  acreditadas entre o número de días naturais a que estas correspondan.

Cando o traballador se encontra en pluriemprego, computaranse as bases de cotización das distintas empresas, con aplicación do tope máximo vixente para os efectos de cotización.



En caso de parto múltiple e de adopción ou acollemento de máis dun menor, realizados de forma simultánea, concederase un subsidio especial por cada fillo ou menor acollido, a partir do segundo, igual ao que corresponda percibir polo primeiro, durante o período de 6 semanas inmediatamente posteriores ao parto, ou, cando se trate de adopción ou acollemento, a partir da decisión administrativa ou xudicial de acollemento ou da resolución xudicial pola que se constitúa a adopción.

Abóase o 100% da base reguladora durante os períodos efectivamente gozados por ambos os dous proxenitores, por períodos vencidos. O subsidio especial será aboado nun só pagamento ao termo do período de 6 semanas posteriores ao parto e, nos supostos de adopción ou acollemento múltiples, ao termo das 6 semanas inmediatamente posteriores á decisión administrativa ou xudicial de acollemento ou da resolución xudicial pola que se constitúe a adopción.

O devandito subsidio unicamente poderá ser percibido por un dos proxenitores ou acolledores, que, en caso de parto, se determinará por opción da nai e en caso de adopción ou acollemento por acordo dos interesados.



Continuará percibindo a prestación de maternidade ata que se extinga a devandita situación, pasando entón á situación legal de desemprego e a percibir, se reúne os requisitos necesarios, a correspondente prestación.

Neste caso, non se descontará do período de percepción da prestación por desemprego de nivel contributivo o tempo que tivese permanecido en situación de maternidade.



Suspenderáselle a prestación por desemprego e a cotización á Seguridade Social e pasará a percibir a prestación por maternidade na contía que corresponda, que será xestionada directamente pola súa Entidade Xestora (INSS  ou ISM ).

Unha vez extinguida a prestación por maternidade, reanudarase a prestación por desemprego pola duración que restaba por percibir e na contía que correspondía no momento da suspensión.



Os procesos de incapacidade temporal iniciados antes do parto e sen que a interesada tivese optado polo descanso maternal, manteranse nos seus propios termos ata o momento do parto, deixando sempre a salvo a posibilidade de opción da interesada polo devandito descanso. A partir da data do parto deberá comezar o gozo do descanso por maternidade. Se transcorrido este, a anterior situación de incapacidade temporal persistise, continuarase o cómputo interrompido, aínda cando se tivese extinguido o contrato de traballo.



Copyright © Seguridad Social 2017. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal