
MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL
Contenido
FAQ
Estás en: Inicio » FAQ » Subsidios e outras prestacións » Asistencia sanitaria
Asistencia sanitaria
- Quen pode percibir asistencia sanitaria da Seguridade Social?
- A persoa incluída como beneficiaria na cartilla da Seguridade Social dun traballador, ten dereito ás mesmas prestacións sanitarias ca o titular?
- O traballador divorciado, que convive coa súa parella sen estaren casados, pode incluír a esta como beneficiaria na súa cartilla da Seguridade Social se a súa ex muller segue estando nela porque non traballa?
- Como titulares do dereito, os traballadores (afiliados e en alta ou en situación asimilada á de alta ), os pensionistas e perceptores de prestacións periódicas, incluídos os perceptores da prestación ou subsidio de desemprego.
- Os familiares ou asimilados a cargo dos anteriores titulares do dereito:
- O cónxuxe.
- Os separados/as e divorciados/as que, na data de efectos da separación ou divorcio, figuren na cartilla do seu cónxuxe, sempre que non teñan dereito á asistencia sanitaria por outro concepto.
- A persoa que, sen ser cónxuxe titular do dereito, conviva maritalmente con el, polo menos cun ano de antelación á data da solicitude, e tamén os fillos desta.
- Os descendentes (de ambos os cónxuxes ou de calquera deles), fillos adoptivos e irmáns.
- Excepcionalmente, os acollidos de feito, incluídos os nenos estranxeiros acollidos de feito e con carácter temporal por españois titulares do dereito á asistencia sanitaria.
- Os ascendentes do titular e do seu cónxuxe, ademais dos cónxuxes de tales ascendentes por ulteriores nupcias.
Todos eles han de reunir os seguintes requisitos:
- Convivir co titular e estar ao seu cargo (agás separados e divorciados).
- Non realizar traballo remunerado ningún, nin percibir renda patrimonial nin pensión ningunha superiores ao dobre do IPREM.
- Non ter dereito a esta prestación por título distinto.
- Outros colectivos con dereito á asistencia sanitaria son: as persoas sen recursos económicos suficientes, os titulares de pensións causadas por actos de terrorismo...
En xeral, as prestacións sanitarias teñen o mesmo contido tanto para o titular do dereito (traballadores e pensionistas) como para os beneficiarios ao seu cargo, agás que a continxencia determinante fose un accidente de traballo ou enfermidade profesional; neste caso, a asistencia é máis completa (cirurxía plástica e reparadora ...).
Con carácter xeral e sempre que cumpra os requisitos esixidos, ten dereito á asistencia sanitaria a persoa que, sen ser cónxuxe do titular do dereito, convive maritalmente con el, polo menos cun ano de antelación á data da solicitude, así como os fillos desta.
A inclusión como beneficiaria desta persoa non modifica o dereito á asistencia sanitaria do posible ex cónxuxe.
Pie
Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.





