
MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL
Contenido
Pensionistas
Estás en: Inicio » Pensionistas » Revalorización » Revalorización
Revalorización
Revalorización de pensións:
1. As pensións aboadas polo sistema da Seguridade Social, na súa modalidade contributiva, experimentarán en 2012 un incremento do 1 por cento, de conformidade co previsto no artigo 48 do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social.
Idéntica porcentaxe de incremento experimentarán as contías dos límites de percepción de pensións públicas, de ingresos para o recoñecemento de complementos económicos para mínimos e das prestacións familiares da Seguridade Social por fillo a cargo.
2. Así mesmo incrementaranse nun 1 por cento os importes das pensións mínimas do sistema da Seguridade Social, das pensións non contributivas e do extinguido Seguro Obrigatorio de Vellez e Invalidez (SOVI) non concorrentes, así como das prestacións da Seguridade Social por fillo a cargo con dezaoito ou máis anos e cun grao de minusvalía igual ou superior ao 65 por 100 e do subsidio de mobilidade e compensación para gastos de transporte. A contía destas pensións e prestacións, sobre a que terá que aplicarse o incremento indicado, será a resultante de incrementar a vixente ao 31 de decembro de 2010 na porcentaxe do 2,9 por cento, correspondente ao Índice de Prezos de Consumo (IPC) real do período de novembro de 2010 a novembro de 2011.
3. Quedan exceptuadas do incremento establecido no apartado 1 as pensións públicas seguintes:
-
As pensión aboadas con cargo a calquera dos réximes ou sistemas de previsión enumerados no artigo 42 da Lei 37/1988, do 28 de decembro, de Orzamentos Xerais do Estado para 1989, cuxo importe íntegro mensual, sumado, no seu caso, ao importe íntegro mensual das outras pensións públicas percibidas polo seu titular, exceda do límite mensual de percepción das pensións públicas establecido no anexo I do Real Decreto-lei 20/2011, do 30 de decembro.
O disposto no parágrafo anterior non será aplicable ás pensións extraordinarias do Réxime de Clases Pasivas do Estado e da Seguridade Social orixinadas por actos terroristas, nin ás pensións excepcionais derivadas de atentados terroristas recoñecidas ao amparo do Real Decreto-lei 6/2006, do 23 de xuño, nin ás pensións recoñecidas en virtude da disposición adicional cuadraxésimo terceira da Lei 62/2003, do 30 de decembro, de Medidas Fiscais, Administrativas e da Orde Social.
-
As pensións do extinguido SOVI cando entren en concorrencia con outras pensións públicas, agás cando concorran con pensións de viuvez dalgún dos réximes do sistema da Seguridade Social, ou con algunha destas pensións e, ademais, con calquera outra pensión pública de viuvez.
A estes efectos, non se considerarán pensións concorrentes a prestación económica recoñecida ao amparo da Lei 3/2005, do 18 de marzo, nin a pensión percibida polos mutilados útiles ou incapacitados de primeiro grao por causa da pasada guerra civil española, calquera que fose a lexislación reguladora, nin o subsidio por axuda de terceira persoa previsto na Lei 13/1982, do 7 de abril, de Integración Social dos Minusválidos, nin as pensións extraordinarias derivadas de actos de terrorismo.
Non obstante o disposto no parágrafo anterior, cando a suma de todas as pensións concorrentes e as do citado SOVI, unha vez revalorizadas aquelas, sexa inferior á contía fixada en 2012 para a pensión de tal seguro concorrente, calculadas unhas e outras en cómputo anual, a pensión do SOVI revalorizarase nun importe igual á diferenza resultante. Esta diferenza non ten carácter consolidable, sendo absorbible con calquera incremento que poidan experimentar as percepcións do interesado, xa sexa en concepto de revalorizacións ou por recoñecemento de novas prestacións de carácter periódico.
Mantemento do poder adquisitivo das pensións:
Os perceptores de complementos por mínimos das pensións do sistema da Seguridade Social recibirán, antes do 1 de abril de 2012 e nun único pagamento, unha cantidade equivalente á diferenza entre a pensión percibida en 2011 e a que correspondese de aplicar ás contías mínimas destas pensións o incremento do 2,9 por cento, correspondente ao IPC real no período de novembro de 2010 a novembro de 2011.
O previsto no parágrafo anterior será igualmente de aplicación aos beneficiarios neste exercicio de pensións non contributivas da Seguridade Social, de pensións do SOVI non concorrentes, así como aos perceptores de prestacións da Seguridade Social por fillo a cargo con 18 ou máis anos de idade e un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 por 100, e do subsidio de mobilidade e compensación para gastos de transporte.
Información Relacionada
Pie
Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.





