MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL

Seguridade Social

Escudo de España ao carón do logotipo do Ministerio de Emprego e Seguridade Social con ligazón á súa páxina web. Ligazón nunha nova ventá. Logotipo da Seguridade Social con enlace á páxina de inicio
Información Lingüística
Buscador avanzado

Pensionistas

Estás en: Inicio » Pensionistas » Revalorización » Pensións recoñecidas en aplicación de normas internacionais

Pensións recoñecidas en aplicación de normas internacionais


  1. A revalorización de pensións que fosen recoñecidas en virtude de normas internacionais das que estean a cargo da Seguridade Social un tanto por cento da súa contía teórica levarase a cabo aplicando o devandito tanto por cento ao incremento que tivese correspondido de atoparse a cargo da Seguridade Social española o cento por cento da citada pensión.

    No importe da contía teórica a que se refire o parágrafo anterior, non se considerará incluído o complemento por mínimo que, se é o caso, puidese corresponder, agás que se dispoña outra cousa nun convenio bilateral ou multilateral.
  2. Á pensión rateada, unha vez revalorizada conforme o disposto no apartado anterior, engadiráselle, cando proceda en aplicación das normas xerais establecidas, o complemento por mínimos que corresponda. O devandito complemento calcularase aplicando a porcentaxe tida en conta no apartado 1 á diferenza que exista entre a contía que tivese correspondido de atoparse a cargo da Seguridade Social española o cento por cento da pensión e o mínimo que poida corresponder por aplicación das normas xerais.
     
  3. Se, despois de aplicar o disposto no apartado anterior, a suma dos importes das pensións, recoñecidas ao abeiro dun convenio bilateral ou multilateral de Seguridade Social, tanto pola lexislación española coma pola estranxeira, fose inferior ao importe mínimo da pensión de que se trate vixente en cada momento en España, garantiráselle ao beneficiario, en tanto resida en territorio nacional, a diferenza entre a suma das pensións recoñecidas, española e estranxeira, e o referido importe mínimo de acordo coas normas xerais establecidas para a súa concesión.

    Para a aplicación deste apartado 3 e do artigo 50 do Regulamento (CEE) núm. 1408/1971 do Consello, do 14 de xuño de 1971, relativo á aplicación dos réximes de Seguridade Social aos traballadores por conta allea, aos traballadores por conta propia e aos membros das súas familias que se desprazan dentro da Comunidade, e do artigo 58 do Regulamento (CE) núm. 883/2004 do Parlamento Europeo e do Consello, do 21 de abril de 2004, sobre a coordinación dos sistemas de Seguridade Social, as contías fixas do extinguido Seguro Obrigatorio de Vellez e Invalidez terán a consideración de importes mínimos.
     
  4. Para os efectos dos complementos por mínimos, as prestacións percibidas con cargo a unha entidade estranxeira serán consideradas ingresos ou rendementos de traballo, agás para a aplicación do apartado 3, ou que nun convenio bilateral ou multilateral se dispoña outra cousa.
  5. Para proceder ao cálculo do complemento que, se é o caso, haxa que recoñecer ao beneficiario, o importe da pensión estranxeira considerarase en euros. O tipo de cambio que se aplicará será o establecido para o domingo, 01 de xaneiro de 2017 ou para a data que corresponda en función daquela en que se cause o dereito ao citado complemento durante 2017. A fixación do devandito cambio farase de acordo coas disposicións ditadas para a aplicación dos regulamentos comunitarios e dos convenios bilaterais ou multilaterais.


Copyright © Seguridad Social 2018. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal