MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL

Seguridade Social

Escudo de España ao carón do logotipo do Ministerio de Emprego e Seguridade Social con ligazón á súa páxina web. Ligazón nunha nova ventá. Logotipo da Seguridade Social con enlace á páxina de inicio
Información Lingüística
Buscador avanzado

Pensionistas

Estás en: Inicio » Pensionistas » Obrigas » Comunicación de datos

Comunicación de datos


A omisión do cumprimento das obrigas indicadas nos parágrafos seguintes será constitutiva de infracción de acordo ao establecido na sección 2ª do capítulo III da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobada por RD Lexislativo 5/2000, do 4 de agosto (BOE 189 do 8 de agosto).

 



Debe comunicar, dentro dos 30 días seguintes a que se produzan, as seguintes variacións:

  • Cambios de domicilio: residencia habitual ou fiscal.

  • Inicio de actividades laborais.

  • Cambios na situación económica: rendas de traballo, recoñecemento e/ou cobro doutras prestacións ou pensións nacionais ou estranxeiras ou outro tipo de rendas.

  • Cambios da situación familiar: estado civil, nacementos, defuncións...

  • Así mesmo, os beneficiarios de prestacións económicas do sistema da Seguridade Social, cuxo gozo se atope condicionado á residencia efectiva en España poderán ser citados a comparecencia nas Oficinas da Entidade Xestora competente.

    En caso de non presentar a documentación requirida no prazo establecido ou de non comparecer ante a Entidade Xestora, previa citación, a prestación ou complemento a mínimos da mesma, será obxecto de suspensión cautelar. Se se presenta a documentación solicitada ou se comparece trascorridos máis de 90 días, dende a súa solicitude ou citación, producirase a rehabilitación da prestación ou do seu complemento, cunha retroactividade máxima de 90 días.


Os pensionistas perceptores de complementos por mínimo que, durante o ano anterior, obtivesen rendementos por rendas de traballo persoal e/ou de capital ou calquera outro rendemento substitutivo daqueles (excluída a pensión que se vaia complementar), superiores ao importe anualmente establecido na correspondente LPGE, deberán presentar declaración expresiva desta circunstancia antes do día 1 de marzo de cada ano.

Sen prexuízo da obriga establecida no parágrafo anterior, para acreditar as rendas e ingresos as Entidades xestoras da Seguridade Social poderán en todo momento requirir aos perceptores de complementos por mínimos unha declaración destes, así como dos seus bens patrimoniais e, no seu caso, a achega das declaracións tributarias presentadas.



Están obrigados a declarar, dentro do mes seguinte ao momento en que se produza, calquera variación do seu estado civil, que afecte a esta situación, así como calquera cambio na situación de dependencia económica do seu cónxuxe.

Sen prexuízo do anterior, a Entidade xestora poderá solicitar, en calquera momento, os datos identificativos do cónxuxe, así como a declaración dos ingresos que perciban ambos cónxuxes.



Dado que os requisitos (falta de ingresos, cargas familiares e que a pensión de viuvez constitúe a principal fonte de ingresos) deben concorrer simultaneamente, os pensionistas están obrigados a presentar, no prazo de 30 días a contar dende a data en que se produzan, comunicación debidamente acreditada de cantas variacións tivesen lugar na súa situación familiar ou económica, que poidan supoñer o nacemento ou extinción do dereito a esta porcentaxe de pensión.

A efectos de determinar a subsistencia de cargas familiares, deben presentar, antes do 1 de marzo de cada ano, declaración expresiva dos rendementos percibidos no exercicio anterior polo propio pensionista e os membros da unidade familiar.



Están obrigados a presentar, no prazo de 30 días a contar dende a data en que se produza, comunicación debidamente acreditada de cantas variacións tivesen lugar na súa situación familiar ou económica, que poidan supoñer a extinción do mencionado complemento a mínimos.

A efectos de determinar a subsistencia de cargas familiares, deben presentar, antes do 1 de marzo de cada ano, declaración expresiva dos rendementos percibidos no exercicio anterior polo propio pensionista e os membros da unidade familiar.



Copyright © Seguridad Social 2018. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal