MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL

Seguridade Social

Escudo de España ao carón do logotipo do Ministerio de Emprego e Seguridade Social con ligazón á súa páxina web. Ligazón nunha nova ventá. Logotipo da Seguridade Social con enlace á páxina de inicio
Información Lingüística
Buscador avanzado

Pensionistas

Estás en: Inicio » Pensionistas » Xestión / Pagamento » Devindicación / Responsabilidade

Devindicación / Responsabilidade




  • As pensións de calquera dos réximes que integran o sistema da Seguridade Social devindícanse por mensualidades naturais vencidas e satisfanse en 14 pagas, unha por cada un dos meses do ano e dúas pagas extraordinarias que se devindican nos meses de xuño e novembro. Cando derivan de accidente de traballo e enfermidade profesional, satisfanse en 12 pagas, xa que as pagas extraordinarias están rateadas nas mensualidades ordinarias.
  • As mensualidades ordinarias abóanse íntegras, incluída a correspondente ao mes en que se produza a extinción do dereito, agás a pensión inicial  que, se  non se devindica o  día primeiro do mes, aboarase en proporción aos días naturais que teña o mes  de efectividade da pensión.
  • As mensualidades ou pagas extraordinarias, nos supostos de períodos completos de devindicación, abóanse por un importe, cada unha delas, igual á contía da mensualidade ordinaria correspondente a estes meses. Será suficiente un día de aboamento da pensión para o cómputo da sexta parte íntegra da paga extraordinaria correspondente.

    Nos supostos de recoñecemento inicial da pensión ou continuación da percepción dunha pensión que tivese sido obxecto de suspensión, as pagas extraordinarias de xuño e novembro aboaranse, respectivamente, en razón dunha sexta parte por cada un dos meses comprendidos entre:

    • Aquel en que teñan lugar os efectos iniciais do recoñecemento ou de continuación da percepción da pensión e o mes de maio, ambos inclusive, se os efectos están fixados entre o 1 de decembro e o 31 de maio.
    • Aquel en que teñan lugar os efectos iniciais do recoñecemento ou de continuación da percepción da pensión e o mes de novembro, ambos inclusive, se os efectos están fixados entre o 1 de xuño e o 30 de novembro.

    Nos supostos de suspensión da percepción da pensión ou extinción da mesma, calquera que sexa a causa, a paga extraordinaria, posterior á última percibida, entenderase devindicada o día 1 do mes en que se acorde a suspensión ou se produza a causa da extinción, e aboarase, xunto coa última mensualidade da pensión a que se tivese dereito ou como pensión devindicada e non percibida, aplicando as seguintes regras:

    • Se se trata da paga extraordinaria correspondente ao mes de xuño, aboarase en razón dunha sexta parte por cada un dos meses comprendidos entre o mes de decembro do ano anterior e o mes en que se produza a suspensión da percepción da pensión ou a causa de extinción da mesma, ambos inclusive.
    • Se se trata da paga extraordinaria correspondente ao mes de novembro, aboarase en razón dunha sexta parte por cada un dos meses comprendidos entre o mes de xuño do mesmo ano e o mes en que se produza a suspensión da percepción da pensión ou a causa de extinción, ambos inclusive.
''


O pagamento da pensión lévase a cabo por:

  • O Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) ou, se é o caso, polo Instituto Social da Marina (ISM), cando se trate de pensións de xubilación, así como nos casos de pensións por incapacidade permanente, viuvez, orfandade e en favor de familiares cando a continxencia da que deriven sexa enfermidade común ou accidente non laboral.
  • O INSS ou a Mutua Colaboradora coa Seguridade Social, segundo quen teña ao seu cargo a protección das continxencias derivadas de accidente de traballo. Se a responsable da protección é unha Mutua, o pagamento das pensións é realizado polo INSS logo de constitución, por parte da Mutua, do valor actual do capital custo da pensión correspondente.
  • O INSS, cando a continxencia da que deriven as pensións sexa debida a enfermidade profesional.


Copyright © Seguridad Social 2018. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal