MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL

Seguridade Social

Escudo de España ao carón do logotipo do Ministerio de Emprego e Seguridade Social con ligazón á súa páxina web. Ligazón nunha nova ventá. Logotipo da Seguridade Social con enlace á páxina de inicio
Información Lingüística

Pensionistas

Estás en: Inicio » Pensionistas » Dereitos » Servizos Sociais

Servizos Sociais

Os servizos sociais son prestacións que están incluídas dentro da acción protectora do sistema da Seguridade Social, cuxa finalidade é complementar as prestacións económicas e, á vez, procurar unha mellora das condicións de vida dos beneficiarios reducindo, no posible, as limitacións persoais motivadas por razóns de idade ou discapacidade.

Esta acción protectora amplíase e compleméntase cun sistema público de prestacións e servizos para a atención ás persoas en situación de dependencia, que se prestan a través da rede de servizos sociais das Comunidades Autónomas. 



  • Fogares e residencias:

Centros de día (fogares, clubs ...): establecementos abertos onde se prestan servizos sociais e asistenciais aos beneficiarios, sempre que cumpran determinados requisitos, e realízanse actividades culturais, deportivas, turísticas, manuais... , tendentes a fomentar a integración e a convivencia, así como a mellorar o benestar e a calidade de vida dos mesmos.

Centros residenciais: establecementos destinados a residencia permanente, onde se presta unha asistencia integral e continuada ás personas que non poidan satisfacer estas necesidades por outros medios, sempre que cumpran os requisitos esixidos.

Existen distintas modalidades, segundo cada Comunidade Autónoma: apartamentos, pisos e vivendas tuteladas, vivendas comunitarias, residencias... 

Guía-Directorio, do IMSERSO , de residencias e fogares para os maiores.

  • Vacacións / turismo:

Este servizo proporciona ás persoas maiores a posibilidade de gozar quendas de vacacións en zonas de clima cálido, a realización de circuítos culturais de interese turístico e o turismo de natureza.

Máis información sobre os requisitos esixidos para ser beneficiario, características das viaxes, prazos e presentación de solicitudes...

  • Termalismo:

Servizo complementario que ten por obxecto facilitar asistencia, nos establecementos termais, a aquelas persoas que a precisen por prescrición facultativa.

Máis información sobre os requisitos para ser beneficiario, estancias e tratamentos, balnearios, solicitudes e prazos...

  • Asistencia domiciliaria:

Estas axudas tratan de favorecer e prolongar, mentres sexa posible, a permanencia dos maiores con problemas no propio domicilio:

    • Axudas persoais: de compañía, para a hixiene persoal e toma de alimentos.
    • Servizo doméstico: axuda nas tarefas cotiás que se realizan no fogar.
    • Servizo de comidas a domicilio.
    • Axudas técnicas e de adaptación funcional do fogar, para facilitar a autonomía do ambiente familiar ás persoas con problemas de mobilidade.

Máis información para maiores (programas de axudas existentes nas diferentes Comunidades Autónomas, residencias, direccións...) na Observatorio de Persoas Maiores.



  • Centros:

Son establecementos onde se procura a rehabilitación e/ou recuperación psíquica e/ou física das persoas que padecen algún tipo de discapacidade. Dependendo desta, os centros residenciais poden ser:

Centros para minusválidos físicos:

    • Centros de atención a minusválidos físicos (CAMFs): o seu ámbito é nacional, polo que poden acceder a eles os minusválidos de calquera punto do territorio español.

      Máis información dos CAMFs (quén pode ser usuario destes centros, solicitudes, servizos, direccións...).
    • Centros de recuperación de minusválidos físicos (CRMFs): o seu ámbito é nacional, polo que poden acceder a eles os minusválidos de calquera punto do territorio español.

      Máis información dos CRMFs (quén pode ser usuario destes centros, solicitudes, servizos, direccións...)

Centros para minusválidos psíquicos:

    • Centros de atención a minusválidos psíquicos gravemente afectados (CAMPs): dedicados á atención e asistencia a persoas con deficiencia mental que, pola natureza  da súa afectación, esixen tratamentos idóneos para lograr, ata onde sexa posible, a súa habilitación persoal ou integración social.
    • Centros ocupacionais (CO): teñen por finalidade asegurar os servizos de terapia ocupacional e de axuste persoal e social aos discapacitados, cuxa acusada minusvalía temporal ou permanente lles impida a súa integración nunha empresa ou nun centro especial de emprego. 
  • Axudas técnicas:

Tratan de facilitar ás persoas con discapacidade o desenvolvemento e autonomía persoal no domicilio (adaptacións na vivenda), na rúa (adaptacións nos medios de transporte) e no seu ámbito socioambiental.

Máis información sobre estas axudas na páxina web da Instituto de Maiores e Servizos Sociais (IMSERSO), onde pode atoparse información sobre o Centro Estatal de Autonomía Persoal e de Axudas Técnicas (CEAPAT), un catálogo de axudas...

  • Accesibilidade - eliminación de barreiras físicas:

Accesibilidade.

  • Programas de vacacións e termalismo:

A súa finalidade é conseguir a integración persoal e social das persoas con minusvalía mediante a súa participación en viaxes de vacacións e termalismo.

Programas e axudas convocadas polo IMSERSO.

  • Outras ligazóns de interese para discapacitados:

Emprego - INEM  (contratos, centros especiais de emprego, autónomos...).



A xestión dos servizos sociais está atribuída aos órganos competentes de cada Comunidade Autónoma e ás direccións provinciais do Instituto de Maiores e Servizos Sociais (IMSERSO) nas cidades de Ceuta e Melilla.


Bandeira Comunidade Autónoma Bandeira Comunidade Autónoma Bandeira Comunidade Autónoma Bandeira Comunidade Autónoma
Bandeira autonómica de Andalucía Andalucía Bandeira autonómica de Castela - A Mancha Castela-A Mancha Bandeira autonómica de Galicia Galicia Bandeira autonómica de Murcia Murcia
Bandeira autonómica de Aragón Aragón Bandeira autonómica de Castela e León Castela e León Bandeira autonómica de Illas Baleares Illas Baleares Bandeira autonómica de Navarra Navarra
Bandeira autonómica de Asturias Asturias Bandeira autonómica de Cataluña Cataluña Bandeira autonómica de A Rioxa A Rioxa Bandeira autonómica do País Vasco País Vasco
Bandeira autonómica de Canarias Canarias Bandeira autonómica de Ceuta Ceuta Bandeira autonómica de Madrid Madrid Bandeira autonómica de C. Valenciana C. Valenciana
Bandeira autonómica de Cantabria Cantabria Bandeira autonómica de Extremadura Extremadura Bandeira autonómica de Melilla Melilla


Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.

Icona de conformidade cos estándares AA Icona de conformidade cos estándares HTML 4.0. Icona de conformidade cos estándares CSS