MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL

Seguridade Social

Escudo de España ao carón do logotipo do Ministerio de Emprego e Seguridade Social con ligazón á súa páxina web. Ligazón nunha nova ventá. Logotipo da Seguridade Social con enlace á páxina de inicio
Información Lingüística

Pensionistas

Estás en: Inicio » Pensionistas » Dereitos » Asistencia sanitaria

Asistencia sanitaria

Esta prestación comprende tanto as prestacións médicas como as farmacéuticas.



  • Titular: o propio pensionista.
  • Beneficiarios: os familiares que convivan co pensionista e ao seu cargo, sempre que cumpran os requisitos  esixidos.


As prestacións sanitarias comprenden as seguintes modalidades:

  • Prestacións farmacéuticas gratuítas tanto para o pensionista como para os beneficiarios que estean ao seu cargo. 
  • Atención primaria.
  • Atención especializada.
  • Atención de urxencia.
  • Transporte sanitario e prestacións complementarias.
  • Servizos de información e documentación sanitaria.


O recoñecemento do dereito á    asistencia sanitaria do pensionista e dos beneficiarios ao seu cargo efectúase polo INSS ,  mediante  a expedición de documento  que acredita o seu dereito,  que será notificado, con carácter xeral,  xunto coa resolución pola que se  lle recoñece a pensión.

Este documento terá validez en todo o territorio nacional, ante a Administración sanitaria autonómica  que, en cada caso, corresponda, tanto para a obtención da tarxeta sanitaria individual como para o acceso aos servizos sanitarios durante a tramitación e expedición da tarxeta.



É un documento "individual" e personalizado que acredita o dereito á asistencia sanitaria pública tanto do titular como dos beneficiarios, calquera que sexa a idade destes.

Onde e como se obtén:

  • No centro de saúde ou consultorio que corresponda ao domicilio do interesado.
  • Por solicitude dos interesados, que han presentar o documento que acredita a súa condición de pensionista para os efectos de asistencia sanitaria da Seguridade Social, así como o DNI do titular e dos beneficiarios maiores de 14 anos.

Inclusión de novos beneficiarios:

Antes de ir ao centro de saúde ou consultorio para solicitar a tarxeta sanitaria individual do novo beneficiario, é preciso acudir ao INSS para que recoñeza o dereito a obter asistencia sanitaria da Seguridade Social.



A prestación dos servizos sanitarios lévase a cabo por órganos competentes de cada Comunidade Autónoma e polas Direccións Provinciais do Instituto Nacional de Xestión Sanitaria nas cidades de Ceuta e Melilla.


Bandeira Comunidade Autónoma Bandeira Comunidade Autónoma Bandeira Comunidade Autónoma Bandeira Comunidade Autónoma
Bandeira autonómica de Andalucía Andalucía Bandeira autonómica de Castela - A Mancha Castela-A Mancha Bandeira autonómica de Galicia Galicia Bandeira autonómica de Murcia Murcia
Bandeira autonómica de Aragón Aragón Bandeira autonómica de Castela e León Castela e León Bandeira autonómica de Illas Baleares Illas Baleares Bandeira autonómica de Navarra Navarra
Bandeira autonómica de Asturias Asturias Bandeira autonómica de Cataluña Cataluña Bandeira autonómica de A Rioxa A Rioxa Bandeira autonómica do País Vasco País Vasco
Bandeira autonómica de Canarias Canarias Bandeira autonómica de Ceuta Ceuta Bandeira autonómica de Madrid Madrid Bandeira autonómica de C. Valenciana Valenciana
Bandeira autonómica de Cantabria Cantabria Bandeira autonómica de Extremadura

Extremadura

Bandeira autonómica de Melilla Melilla


Nos seus desprazamentos por España, o titular e os beneficiarios do dereito á asistencia sanitaria deben ir  provistos da tarxeta sanitaria individual.



Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.

Icona de conformidade cos estándares AA Icona de conformidade cos estándares HTML 4.0. Icona de conformidade cos estándares CSS