
Está vostede en: Inicio > Oficina Virtual > Catálogo de servizos > Informe de vida laboral
Pedimento do informe de vida laboral
Unha vez obteña o Informe de Vida Laboral volva a esta páxina e lea a seguinte información:
Estas notas aclaratorias poden tamén obtelas en formato PDF
Os informes de vida laboral conteñen información respecto das situacións de alta ou baixa dunha persoa no conxunto dos distintos réximes do sistema da Seguridade Social. As situacións que se inclúen nos informes son computables para o acceso, polo menos, dunha das prestacións contributivas do sistema da Seguridade Social. Polo tanto, non todas as situacións que se inclúen no informe de vida laboral teñen que ser necesariamente computables para todas as prestacións económicas contributivas do sistema, aspecto este que deberá ser determinado pola entidade xestora competente sobre a resolución da solicitude da correspondente prestación.
A continuación acláranse algúns conceptos e denominacións usados no informe de vida laboral que poden axudarlle a comprender o seu contido.Non todos os conceptos que se detallan teñen que aparecer necesariamente no seu informe de vida laboral dado que algunha das denominacións son específicas de determinados réximes ou situacións concretas.
Identifica ao réxime no cal se encadra o correspondente período. Pode ser algún dos seguintes: Réxime XERAL, réxime especial de traballadores por conta propia ou AUTÓNOMOS, réxime especial AGRARIO, réxime especial dos traballadores do MAR, réxime especial da minería do CARBÓN ou réxime especial de empregados de FOGAR. Dentro do réxime XERAL identifícase ao colectivo de REPRESENTANTES DE COMERCIO, e ao SISTEMA ESPECIAL DE FROITAS, HORTALIZAS E CONSERVAS VEXETAIS.
Consígnase o código de conta de cotización ou número de inscrición do empresario utilizado para a individualización deste no respectivo réxime do sistema da Seguridade Social, así como a denominación da empresa ou organismo a cuxo nome figura o código de conta de cotización.
Situación diferente á da prestación de servizos ou actividade determinante do seu encadramento nun réxime do sistema da Seguridade Social, que produce efectos respecto das prestacións, continxencias e nas condicións que para cada unha delas se establecen no Regulamento xeral sobre inscrición de empresas e afiliación, altas, baixas e variacións de datos de traballadores aprobado polo Real decreto 84/1996, de 26 de xaneiro, e nas demais normas reguladoras destas.
Data de inicio da prestación de servizos ou da actividade, ou data de inicio da situación asimilada á de alta.
Data a partir da cal ten efectos a alta tocante a causar dereito ás prestacións do sistema de Seguridade Social, agás para as prestacións derivadas de accidentes de traballo e enfermidades profesionais, desemprego e asistencia sanitaria derivada de enfermidade común, maternidade e accidente non laboral, nas cales a data de efecto de alta coincide, en calquera caso, coa data de alta.
Data de cesamento da prestación de servizos ou da actividade, ou data de inicio da situación asimilada á de alta.
Clave que identifica para os efectos da xestión da Seguridade Social, a modalidade do contrato de traballo (*). As claves actualmente vixentes son as que figuran no reverso deste documento.
(*) No suposto de que o traballador, en cada período, tivera máis dun contrato de traballo, só aparece no informe de vida laboral o último de calquera destes datos.
Nos contratos de traballo a tempo parcial o coeficiente, en tantos por cento, identifica a porcentaxe que, sobre a xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, sobre a xornada ordinaria máxima legal, realiza ou realizou o traballador/a. (*)
(*) No suposto de que o traballador, en cada período, tivera máis dunha porcentaxe sobre a xornada habitual da empresa, só aparece no informe de vida laboral o último de calquera destes datos.
Grupo de categorías profesionais no que se inclúe ao traballador/a (*). Os grupos de cotización actuais son os que figuran no reverso deste documento.
(*) No suposto de que o traballador, en cada período, tivera máis dun grupo de cotización só aparece no informe de vida laboral o último de calquera destes datos.
Número de días comprendidos entre a DATA DE EFECTO DA ALTA e a DATA DE BAIXA. En situacións de alta o número de días compútase entre a DATA DE EFECTO DA ALTA e a DATA DE EMISIÓN DO INFORME que figuran no documento que se entregou a esa Subdirección Xeral.
Ao número resultante da diferenza entre a DATA DE EFECTO DA ALTA e a DATA DE BAIXA aplicóuselle a porcentaxe sobre a xornada habitual da empresa. No suposto de que nun período o traballador tivera distintas xornadas de traballo en canto á súa duración, no cálculo dos días tivéronse en conta todas elas. O cálculo do número de días en situación de alta en períodos con contrato a tempo parcial é provisional. O cálculo definitivo dos días teóricos de cotización efectuarase en función do número de horas ordinarias e complementarias efectivamente traballadas. Este cálculo realizarase no momento en que se efectúe unha solicitude para o acceso a unha prestación económica do sistema da Seguridade Social. En calquera caso, para as prestacións de xubilación e incapacidade permanente, ao número de días en situación de alta aplicaráselle o coeficiente multiplicador de 1,5.
Os días en situación de alta neste convenio especial unicamente son computables para o acceso á prestación económica de incapacidade permanente derivada de continxencias comúns.
Se no informe constan os datos de COEFICIENTE DE PERMANENCIAS, DÍAS DE TRABALLO e/ou DÍAS AOS QUE NON É DE APLICACIÓN O COEFICIENTE DE PERMANENCIAS o número de días en situación de alta calcúlase multiplicando os DÍAS DE TRABALLO polo COEFICIENTE DE PERMANENCIAS, sumándolle ao resultado obtido os DÍAS AOS QUE NON É DE APLICACIÓN O COEFICIENTE DE PERMANENCIAS.
A situación de alta de forma simultánea en dous, ou máis, réximes distintos do citado sistema -pluriactividade-, sendo unha das empresas do sistema especial de froitas, hortalizas e conservas vexetais, impide determinar se ao número de días calculado segundo se indicou no parágrafo anterior se lle deben restar días por existir unha superposición de períodos cotizados. Este cálculo definitivo realizarase no momento en que se efectúe unha solicitude para o acceso a unha prestación económica do sistema da Seguridade Social.
Certificación informática de seguranza.
| CLAVE | TIPO DE CONTRATO | |||||
|---|---|---|---|---|---|---|
| 100 | INDEFINIDO | TEMPO COMPLETO | ORDINARIO | |||
| 109 | INDEFINIDO | TEMPO COMPLETO | FOMENTO CONTRATACIÓN INDEFINIDA/EMPREGO | TRANSFORMACIÓN CONTRATO TEMPORAL | ||
| 130 | INDEFINIDO | TEMPO COMPLETO | MINUSVÁLIDOS | |||
| 139 | INDEFINIDO | TEMPO COMPLETO | MINUSVÁLIDOS | TRANSFORMACIÓN CONTRATO TEMPORAL | ||
| 150 | INDEFINIDO | TEMPO COMPLETO | FOMENTO CONTRATACIÓN INDEFINIDA/EMPREGO | INICIAL | ||
| 189 | INDEFINIDO | TEMPO COMPLETO | TRANSFORMACIÓN CONTRATO TEMPORAL | |||
| 200 | INDEFINIDO | TEMPO PARCIAL | ORDINARIO | |||
| 209 | INDEFINIDO | TEMPO PARCIAL | FOMENTO CONTRATACIÓN INDEFINIDA/EMPREGO | TRANSFORMACIÓN CONTRATO TEMPORAL | ||
| 230 | INDEFINIDO | TEMPO PARCIAL | MINUSVÁLIDOS | |||
| 239 | INDEFINIDO | TEMPO PARCIAL | MINUSVÁLIDOS | TRANSFORMACIÓN CONTRATO TEMPORAL | ||
| 250 | INDEFINIDO | TEMPO PARCIAL | FOMENTO CONTRATACIÓN INDEFINIDA/EMPREGO | INICIAL | ||
| 289 | INDEFINIDO | TEMPO PARCIAL | TRANSFORMACIÓN CONTRATO TEMPORAL | |||
| 300 | INDEFINIDO | FIXO/DESCONTINUO | ||||
| 309 | INDEFINIDO | FIXO/DESCONTINUO | FOMENTO CONTRATACIÓN INDEFINIDA/EMPREGO ESTABLE | TRANSFORMACIÓN CONTRATO TEMPORAL | ||
| 330 | INDEFINIDO | FIXO/DESCONTINUO | MINUSVÁLIDOS | |||
| 350 | INDEFINIDO | FIXO/DESCONTINUO | FOMENTO CONTRATACIÓN INDEFINIDA/EMPREGO ESTABLE | INICIAL | ||
| 389 | INDEFINIDO | FIXO/DESCONTINUO | TRANSFORMACIÓN CONTRATO TEMPORAL | |||
| 401 | DURACIÓN DETERMINADA | TEMPO COMPLETO | OBRA OU SERVIZO DETERMINADO | |||
| 402 | DURACIÓN DETERMINADA | TEMPO COMPLETO | EVENTUAL POR CIRCUNSTANCIAS DA PRODUCIÓN | |||
| 403 | DURACIÓN DETERMINADA | TEMPO COMPLETO | INSERCIÓN | |||
| 408 | TEMPORAL | TEMPO COMPLETO | CARÁCTER ADMINISTRATIVO | |||
| 410 | DURACIÓN DETERMINADA | TEMPO COMPLETO | INTERINIDADE | |||
| 418 | DURACIÓN DETERMINADA | TEMPO COMPLETO | INTERINIDADE | CARÁCTER ADMINISTRATIVO | ||
| 420 | TEMPORAL | TEMPO COMPLETO | PRÁCTICAS | |||
| 421 | TEMPORAL | TEMPO COMPLETO | FORMACIÓN | |||
| 430 | TEMPORAL | TEMPO COMPLETO | MINUSVÁLIDOS | |||
| 441 | TEMPORAL | TEMPO COMPLETO | REMUDA | |||
| 450 | TEMPORAL | TEMPO COMPLETO | FOMENTO CONTRATACIÓN INDEFINIDA | |||
| 501 | DURACIÓN DETERMINADA | TEMPO PARCIAL | OBRA OU SERVIZO DETERMINADO | |||
| 502 | DURACIÓN DETERMINADA | TEMPO PARCIAL | EVENTUAL POR CIRCUNSTANCIAS | |||
| 503 | DURACIÓN DETERMINADA | TEMPO PARCIAL | INSERCIÓN | |||
| 508 | TEMPORAL | TEMPO PARCIAL | CARÁCTER ADMINISTRATIVO | |||
| 510 | DURACIÓN DETERMINADA | TEMPO PARCIAL | INTERINIDADE | |||
| 518 | DURACIÓN DETERMINADA | TEMPO PARCIAL | INTERINIDADE | CARÁCTER ADMINISTRATIVO | ||
| 520 | TEMPORAL | TEMPO PARCIAL | PRÁCTICAS | |||
| 530 | TEMPORAL | TEMPO PARCIAL | MINUSVÁLIDOS | |||
| 540 | TEMPORAL | TEMPO PARCIAL | XUBILADO PARCIAL | |||
| 541 | TEMPORAL | TEMPO PARCIAL | REMUDA | |||
| 550 | TEMPORAL | TEMPO PARCIAL | FOMENTO CONTRATACIÓN INDEFINIDA/EMPREGO ESTABLE | |||
| GRUPO DE COTIZACION | CATEGORÍAS PROFESIONAIS |
|---|---|
| 01 | ENXEÑEIROS E LICENCIADOS. PERSOAL DE ALTA DIRECCIÓN NON INCLUÍDO NO ARTIGO 1.3. c) DO ESTATUTO DOS TRABALLADORES |
| 02 | ENXEÑEIROS TÉCNICOS, PERITOS E AXUDANTES TITULADOS |
| 03 | XEFES ADMINISTRATIVOS E DE TALLER |
| 04 | AXUDANTES NON TITULADOS |
| 05 | OFICIAIS ADMINISTRATIVOS |
| 06 | SUBALTERNOS |
| 07 | AUXILIARES ADMINISTRATIVOS |
| 08 | OFICIAIS DE PRIMEIRA E SEGUNDA |
| 09 | OFICIAIS DE TERCEIRA E ESPECIALISTAS |
| 10 | PEÓNS |
| 11 | TRABALLADORES MENORES DE DEZAOITO ANOS, CALQUERA QUE SEXA A SÚA CATEGORÍA PROFESIONAL |
| Documento | Descarga do ficheiro | Formato | Tamaño | Data |
|---|---|---|---|---|
| Notas aclaratorias |
| 463 kb | 23/04/2008 |
Información sobre documentos PDF:
Para poder visualizar correctamente os arquivos PDF é necesario que teña instalado o programa Acrobat Reader de Adobe