MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL

Seguridade Social

Escudo de España ao carón do logotipo do Ministerio de Emprego e Seguridade Social con ligazón á súa páxina web. Ligazón nunha nova ventá. Logotipo da Seguridade Social con enlace á páxina de inicio
Información Lingüística

Novidades

Estás en: Inicio » Novidades

09/05/2012 AVISO IMPORTANTE PARA EMPREGADORES E EMPREGADOS DE FOGAR

O próximo día 30 de xuño de 2012 finaliza o período transitorio para que os empregadores comuniquen á Tesourería Xeral da Seguridade Social os datos necesarios para cambiar aos traballadores do Réxime Especial ao Sistema Especial para Empregados de Fogar.

02/12/2011 Integración do Réxime Especial Agrario no Réxime Xeral

Integración dos traballadores por conta allea do Réxime Especial Agrario dentro do Réxime Xeral da Seguridade Social mediante a creación dun Sistema Especial.

16/02/2012 Seguridade Social para as persoas en programas de formación

Integración en Réxime Xeral da Seguridade Social das persoas que participan en programas de formación, con prácticas formativas en empresas, institucións ou entidades públicas ou privadas que supoñan contraprestación económica para os afectados.

07/02/2012 Incorporación do Sistema Especial Agrario no ámbito de cotización ao Sistema RED Directo

A Tesourería Xeral da Seguridade Social puxo en marcha o servizo de cotización en RED Directo para as empresas pertencentes ao Sistema Especial de Traballadores por Conta Allea Agrarios.

02/01/2012 Revalorización de pensións 2012 e outras medidas de Seguridade Social

Publicado, no BOE do 31-12-2011, o RDL 20/2011, do 30 de decembro, de medidas urxentes en materia orzamentaria, tributaria e financeira para a corrección do déficit público, no que se establece un incremento xeral do 1% para as pensións aboadas polo sistema da Seguridade Social en 2012 e o aboamento dunha paga única a perceptores de complementos por mínimos e a beneficiarios de determinadas prestacións, para compensar a perda de poder adquisitivo en 2011 pola desviación do IPC.

27/02/2012 Xornadas informativas internacionais 2012

Se encuentra disponible el calendario, con las fechas y direcciones,  en las que tendrán lugar las “Jornadas informativas internacionales de Seguridad Social,” a lo largo de 2012.


24/04/2012 Medidas para a sustentabilidade do Sistema Nacional de Saúde e mellorar a seguridade das súas prestacións.

No BOE nº 98 do 24-04-12, publicouse o Real Decreto-lei 16/2012, do 20 de abril, de medidas urxentes para garantir a sustentabilidade do Sistema Nacional de Saúde (SNS) e mellorar a calidade e seguridade das súas prestacións.

20/04/2012 Xornadas informativas de Seguridade Social en Ourense

Do 7 ao 8 de maio de 2012, vanse celebrar as xornadas informativas de Seguridade Social, nas que expertos dos organismos informarán sobre materias de interese para quen traballase en España, Alemaña ou en Suíza.

17/04/2012 Informe anual da evolución e actuacións do Fondo de Reserva da Seguridade Social do ano 2011

Está dispoñible o Informe anual da evolución e actuacións do Fondo de Reserva da Seguridade Social do ano 2011.

22/03/2012 Selo AEVAL obtido polo ISM

A Dirección Provincial do ISM en A Coruña obtivo certificación nivel de excelencia (NIVEL 200 - 299 puntos) conforme ao Modelo EFQM.

11/04/2012 Actualizado servizo Vostede mesmo: programa de autocálculo de pensión de xubilación.

Atópase dispoñible na Sede electrónica a versión 2.1.4 do servizo, sen certificado dixital, "Vostede mesmo: programa de autocálculo de pensión de xubilación", que incorpora unha Guía completa de instalación e actualización, en formato PDF, con instrucións detalladas para os usuarios menos expertos e recomendacións para resolver os problemas máis frecuentes (caducidade 31/01/2013).

16/02/2012 Actualizado o servizo Información de retencións e ingresos a conta do IRPF.

Actualizado o servizo "Información de retencións e ingresos a conta do IRPF" na Sede Electrónica, o cal permite obter información sobre o importe total das pensións de Seguridade Social de nivel contributivo, prestacións familiares e prestacións de pagamento único aboadas polo INSS e o ISM, así como as retencións practicadas a efectos do IRPF no exercicio 2011.

14/02/2012 Actualizado o servizo Percepción de pensións públicas.

Foi actualizado e reactivado o servizo: Percepción de pensións públicas, na Sede Electrónica.

02/01/2012 Novo trámite: Comunicación de declaración de concurso á Tesourería Xeral da Seguridade Social.

Está dispoñible na Sede Electrónica un novo trámite no Rexistro Electrónico que permite a comunicación da declaración de concursos por parte da Administración Concursal á Tesourería Xeral da Seguridade Social en cumprimento do artigo 21.4 da Lei Concursal 22/2003 do 9 de xullo.

25/04/2012 COTIZA - Guía 2012

Publicouse a nova versión do manual "COTIZA - Guía 2012", en arquivo comprimido executable, con extensión ".zip", de doada descarga e que permitirá unha navegación clara, práctica e dinámica polo manual. Inclúese unha versión imprimible en formato PDF.

10/08/2011 Lei 27/2011. Actualización, adecuación e modernización da Seguridade Social.

Publicada no BOE do 2 de agosto de 2011, a Lei 27/ 2011 sobre actualización, adecuación e modernización do sistema de Seguridade Social.

17/04/2012 Suíza no Regulamento (CE) núm. 883/2004, a partir do 01/04/2012.

A partir do 01/04/2012 aplícase a Suíza o Regulamento (CE) núm. 883/2004.

15/02/2012 Novo servizo: Consulta de autorizados RED que xestionan unha empresa

Está dispoñible na Sede Electrónica un novo servizo para empresas e profesionais, con certificado dixital, que permite consultar os Autorizados RED que xestionan os seus Códigos de Conta de Cotización.

01/03/2012 Selo AEVAL obtido pola D.P. ISM Vilagarcía de Arousa

A Dirección Provincial do ISM en Vilagarcía de Arousa obtivo a certificación do nivel de excelencia, 200-299 con selo AEVAL.

10/05/2012 O Espazo Económico Europeo no Regulamento (CE) núm. 883/2004, a partir do 01/06/2012.

A partir do 01/06/2012 aplícase tamén o Regulamento (CE) núm. 883/2004 aos países do Espazo Económico Europeo.

24/02/2012 Selo AEVAL obtido pola D.P. TGSS Tarragona

La Dirección Provincial de la TGSS en Tarragona ha obtenido la certificación del nivel de excelencia 400-499 con sello AEVAL de plata.

24/02/2012 V Xornadas de Administración Electrónica en Cádiz

Los días 23 y 24 de noviembre se van a celebrar las V Jornadas de Administración Electrónica en Cádiz donde se dará a conocer los servicios prestados en Internet.

24/02/2012 Solicitude electrónica da prestación? Coidado de menores afectados por cancro ou outra enfermidade grave?

Se encuentra disponible, en el Registro electrónico, el formulario electrónico para solicitar la prestación “Cuidado menores afectados por cáncer u otra enfermedad grave”.

24/02/2012 Adaptación do Plan Xeral de Contabilidade Pública

Publicada la Resolución de 1 de julio de 2011, de la Intervención General de la Administración del Estado, por la que se aprueba la adaptación del Plan General de Contabilidad Pública, a las entidades que integran el Sistema de la Seguridad Social.

24/02/2012 Selos AEVAL obtidos por INSS de Zamora e Palencia

Las Direcciones Provinciales del INSS de Zamora y Palencia han obtenido certificación nivel de excelencial (400 – 499 puntos y 200 - 299 puntos, respectivamente) con sello AEVAL.

  • Sede Electrónica. Ligazón a outra web, non garantimos a accesibilidade para discapacitados. Ligazón nunha nova ventá.

Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.

Icona de conformidade cos estándares AA Icona de conformidade cos estándares HTML 4.0. Icona de conformidade cos estándares CSS