MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL

Seguridade Social

Escudo de España ao carón do logotipo do Ministerio de Emprego e Seguridade Social con ligazón á súa páxina web. Ligazón nunha nova ventá. Logotipo da Seguridade Social con enlace á páxina de inicio
Información Lingüística

Trámites e Xestións

Estás en: Inicio » Trámites e Xestións » Seguro Obrigatorio de Vellez e Invalidez

Seguro Obrigatorio de Vellez e Invalidez





Obxecto:

Recoñecer pensións de vellez, invalidez ou viuvez polas cotizacións realizadas ao extinto Seguro de Vellez e Invalidez ou estar afiliado ao Retiro Obreiro.

Beneficiarios:

As persoas que reúnan os requisitos establecidos  para cada clase de pensión.

Requisitos:
  • Vellez: ter 65 anos feitos, ou 60 se se trata de vellez por incapacidade, e ter cotizados 1800 días antes do 1-1-1967 ao estar afiliado ao Retiro obreiro.

  • Invalidez: 1800 días cotizados ao SOVI , ter 50 anos e estar incapacitado para o traballo.

  • Viuvez: os requisitos esixidos dependen da data de falecemento do causante e de se era pensionista.
Contía:

A contía fixa  da pensión de vellez, invalidez e viuvez  é de 395,70 euros mensuais.

Cando concorran a pensión de viuvez e a do SOVI, a súa suma non poderá ser superior ao dobre do importe da pensión mínima de viuvez para beneficiarios maiores de 65 anos establecido en cada momento. Se se supera este límite, procederase á minoración da contía da pensión do SOVI no importe necesario para non exceder do límite indicado.

Efectos económicos:

Vellez: Devindicarase a partir do día seguinte ao cumprimento dos 65 anos se se presenta a solicitude nos trinta días seguintes.  Se  se presenta despois, devindicarase a partir do día primeiro do mes seguinte á súa presentación.

Invalidez: Devindícase a partir do día primeiro do mes seguinte á presentación da solicitude no INSS.

Viuvez:

  • Se o causante non era pensionista do SOVI e a solicitude se presenta dentro do ano do falecemento, tense dereito a percibila desde o primeiro día do mes seguinte ao falecemento. Se se presenta despois, recoñécese con efectos retroactivos dun ano desde a data da solicitude.
  • Se o causante era pensionista do SOVI e se solicita antes de transcorrer tres meses do falecemento, tense dereito á súa percepción a partir do mes seguinte ao falecemento; se se presenta despois abóase con tres meses de retroactividade.
Pagamentos:

A pensión abóase mensualmente con dúas pagas extraordinarias que se devindican coa mensualidade de xuño e de novembro.

Incompatibilidades:

As pensións do SOVI son incompatibles entre si e co percibo doutra pensión do actual Sistema da Seguridade Social, agás a pensión de viuvez que o beneficiario puidese ter dereito. Se ben, os beneficiarios poden exercitar o dereito de opción pola pensión máis favorable.

Prazos:

O recoñecemento das pensións do SOVI  deberá resolverse e notificarse ao interesado nos seguintes prazos:

  • Vellez e viuvez: 90 días.
  • Invalidez: 135 días.
Extinción:

Vellez: por falecemento do pensionista.
Invalidez: por perder a condición de inválido ou por falecemento.
Viuvez: Por matrimonio ou falecemento.

Impresos:

Solicitude da pensión de xubilación, invalidez, viuvez.

Documentación:

A documentación que debe presentar para o trámite da pensión está detallada no modelo de solicitude de xubilación, de invalidez ou de viuvez.

Onde se tramita:

Nos Centros de Atención e Información da Seguridade Social.

Entidade competente:

A xestión e o recoñecemento do dereito ás pensións do extinguido SOVI corresponde ao Instituto Nacional da Seguridade Social.




Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.

Icona de conformidade cos estándares AA Icona de conformidade cos estándares HTML 4.0. Icona de conformidade cos estándares CSS