MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL

Seguridade Social

Escudo de España ao carón do logotipo do Ministerio de Emprego e Seguridade Social con ligazón á súa páxina web. Ligazón nunha nova ventá. Logotipo da Seguridade Social con enlace á páxina de inicio
Información Lingüística

Trámites e Xestións

Estás en: Inicio » Trámites e Xestións » Prestacións familiares » Prestación non económica por coidado de fillo, de menor acollido ou doutros familiares

Prestación non económica por coidado de fillo, de menor acollido ou doutros familiares





Obxecto:

A consideración como período de cotización efectiva de certo tempo do período de excedencia que os traballadores gocen para coidar de cada fillo, dun menor acollido ou dun familiar e o incremento das cotizacións en determinados supostos de redución de xornada de traballo polo coidado dun menor ou persoa con discapacidade.

Causantes:

Cada fillo, natural ou adoptado ou menor acollido, nos supostos de acollemento familiar permanente ou preadoptivo, aínda que sexan provisionais.

Outros familiares, ata o 2º grao de consanguinidade ou afinidade que, por razóns de idade, accidente, enfermidade ou discapacidade, non poidan valerse por si mesmos e non desempeñen ningunha actividade retribuída.

Beneficiarios:
  • Todos os traballadores por conta allea.
  • Exclúense os traballadores por conta propia dos Réximes Especiais de Traballadores do Mar e Autónomos.

Máis información sobre beneficiarios

Requisitos:

Gozar da excedencia prevista no artigo 46.3 do Estatuto dos traballadores e as reducións de xornada por coidado dun menor ou persoa con discapacidade previstos no artigo 37.5 do devandito Estatuto.

Efectos:

Para efectos das prestacións por xubilación, incapacidade permanente, morte e supervivencia, maternidade e paternidade, o período de excedencia considerado de "cotización efectiva" servirá para: 

  • Acreditar os períodos mínimos de cotización, determinar a base reguladora e a porcentaxe aplicable (de ser o caso), manter o dereito á asistencia sanitaria da Seguridade Social.
  • Durante ese período, considerarase que os beneficiarios están en situación de alta.

O período en que o traballador permaneza en excedencia laboral que exceda do período considerado de cotización efectiva, será considerado en situación asimilada á de alta para acceder ás prestacións (agás IT , maternidade e paternidade).

Máis información sobre efectos

Período computable como efectivamente cotizado: 

Os dous primeiros anos do período de excedencia que os traballadores gocen para o coidado de cada fillo ou menor acollido. Nos casos de familias numerosas, o período de cotización efectiva amplíase a:

  • 30 meses, se é de categoría xeral.
  • 36 meses, se é de categoría especial.

O primeiro ano do período de excedencia que os traballadores gocen para o coidado doutros familiares.

Se non chega a gozarse dun ano completo, computarase como cotizado o período gozado.

Iniciarase o cómputo dun novo período de cotización efectiva por cada excedencia laboral á que poidan dar lugar os sucesivos fillos.

O incremento das cotizacións en supostos de redución de xornada por coidado dun menor ou persoa con discapacidade.

Máis información sobre cotizacións

Prazos:

As empresas deberán comunicarlle á Tesourería Xeral da Seguridade Social, no prazo de 15 días, o inicio e finalización da excedencia con reserva do posto de traballo do que gocen os seus traballadores.

Denegación / Extinción:

O dereito ao recoñecemento desta prestación é imprescritible, polo que se poderá alegar en todo momento, podendo dar lugar, de ser o caso, á revisión da contía de prestacións xa recoñecidas, así como ao recoñecemento de novas prestacións denegadas anteriormente por non computarse.

Impresos:

Non existe un modelo de solicitude.

Documentación:

Bastará a alegación do período cotizado correspondente no momento en que sexa necesario xustificar a súa procedencia.

Ónde tramitalo:

Polo Sistema RED ou en calquera Administración da Tesourería Xeral da Seguridade Social.

Entidade competente:

O recoñecemento das cotizacións é competencia da Tesourería Xeral da Seguridade Social.

Outros datos de interese:

Redución das cotizacións empresariais.

Preguntas máis frecuentes



Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.

Icona de conformidade cos estándares AA Icona de conformidade cos estándares HTML 4.0. Icona de conformidade cos estándares CSS