MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL

Seguridade Social

Escudo de España ao carón do logotipo do Ministerio de Emprego e Seguridade Social con ligazón á súa páxina web. Ligazón nunha nova ventá. Logotipo da Seguridade Social con enlace á páxina de inicio
Información Lingüística

Trámites e Xestións

Estás en: Inicio » Trámites e Xestións » Prestacións familiares » Prestación económica por nacemento ou adopción dun terceiro ou sucesivos fillos

Prestación económica por nacemento ou adopción dun terceiro ou sucesivos fillos





Obxecto:

É unha prestación económica de pagamento único, que ten por obxecto compensar, en parte, o aumento de gastos que produce o nacemento ou adopción do terceiro ou posteriores fillos naquelas familias que non superen un determinado nivel de ingresos.

Causantes:

O terceiro fillo nacido ou adoptado e os siguintes, sempre que o nacemento ou adopción se producise en territorio español (ou no  estranxeiro, cando se acredite que o fillo integrouse de xeito inmediato en núcleo familiar con residencia en España), nunha data anterior ao 16 de novembro de 2007.

Máis información sobre causantes

Beneficiarios:

Os proxenitores ou adoptantes que cheguen a ter, con motivo do nacemento ou adopción, 3 ou máis fillos e cumpran os requisitos esixidos.

Se existe convivencia dos proxenitores ou adoptantes, será beneficiario calquera deles de común acordo; se hai falta de acordo, serao a nai. Se non existe convivencia, será beneficiario o que teña ao seu cargo a garda e custodia do fillo.

Cando o neno sexa orfo dos dous proxenitores ou adoptantes ou estea abandonado, será beneficiaria a persoa física que legalmente se faga cargo del, sempre que previamente teña ao seu cargo dous ou máis fillos.

Máis información sobre beneficiarios

Requisitos:
  • Residir legalmente en territorio español.
  • Non percibir ingresos anuais de calquera natureza superiores ao límite establecido. Para a determinación do límite, teranse en conta os ingresos obtidos polo beneficiario no ano anterior ao nacemento ou á adopción.
  • Non ter dereito a prestacións desta mesma natureza en calquera outro réxime público de protección social.
Contías / Pagamentos / Efectos:

Abóase nun pagamento único por cada fillo natural ou adoptado a partir do terceiro, sempre que os ingresos anuais non superen o límite establecido; de superaren este límite, pero seren inferiores ao importe que resulte de sumar a ese límite o importe da prestación, a contía  que se debe aboar será igual á diferenza  entre os ingresos percibidos e o indicado importe conxunto.  

Duración:

Abóase dunha soa vez.

Prazos:

O prazo máximo para ditar resolución e notificala ao interesado é de 45 días

Denegación / Extinción:

O dereito ao recoñecemento prescribe aos 5 anos, contados desde o día seguinte ao nacemento do fillo.

Impresos:

Formulario de solicitude.

Documentación:

Achegaranse os documentos necesariospara a acreditación da identidade e das circunstancias determinantes do dereito.

En ningún caso, se poderá esixir ao solicitante que acredite feitos, datos ou circunstancias que a administración da Seguridade Social deba coñecer por si mesma.

Ónde tramitalo:

A solicitude e documentación necesaria deberá presentarse en calquera dos Centros de Atención e Información da Seguridade Social.

Entidade competente:

A xestión e o recoñecemento do dereito á asignación económica é competencia do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS). 

No caso de estar un dos pais incluído nun réxime público de Seguridade Social, a prestación recoñécese por este réxime.

Outros datos de interese:

Preguntas máis frecuentes



Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.

Icona de conformidade cos estándares AA Icona de conformidade cos estándares HTML 4.0. Icona de conformidade cos estándares CSS