MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL

Seguridade Social

Escudo de España ao carón do logotipo do Ministerio de Emprego e Seguridade Social con ligazón á súa páxina web. Ligazón nunha nova ventá. Logotipo da Seguridade Social con enlace á páxina de inicio
Información Lingüística

Trámites e Xestións

Estás en: Inicio » Trámites e Xestións » Prestacións de morte e supervivencia » Pensión a prol de familiares

Pensión a prol de familiares





Obxecto:

Protexer a situación de necesidade económica ocasionada polo   falecemento da persoa que orixina a prestación.

Beneficiarios:

Os familiares seguintes que, convivindo e dependendo economicamente do causante cunha antelación mínima de 2 anos á data de falecemento, non teñan dereito a outra pensión pública, carezan de medios de subsistencia e acrediten os requisitos establecidos:

  • Netos/as e irmáns/ás.
  • Nai e avoas.
  • Pai e avós.
  • Fillos/as e irmáns/ás de pensionistas de xubilación ou incapacidade permanente.
Causante:

Persoa falecida ou desaparecida cuxa morte orixina o dereito á prestación.

Requisitos:

Cumprirá acreditar un período de cotización, que variará segundo a situación laboral do falecido e da causa que determina a morte:

  • En alta ou situación asimilada á alta, 500 días dentro dun período ininterrompido de 5 anos inmediatamente anteriores ao falecemento ou 15 anos ao longo de toda a vida laboral.
  • En non alta: 15 anos ao longo de toda a vida laboral.
  • Pensionistas: non se esixe período de cotización.

Non se esixe período previo de cotización cando a morte se produce como consecuencia de accidente ou enfermidade profesional.

Contía:

A prestación económica calcúlase aplicando a porcentaxe do 20% á correspondente base reguladora, que será diferente segundo a situación laboral do falecido na data do falecemento e da causa que determine a morte.

Se non hai cónxuxe sobrevivente, nin fillos con dereito a pensión, a contía da pensión en favor de familiares incrementarase co 52% correspondente á viuvez segundo orde de preferencia  e co límite do 100% da base reguladora.

Efectos económicos:
  • Causantes en alta, asimilada á alta ou non alta: día seguinte á data do feito causante, cando a solicitude se presente nos 3 meses seguintes á data do falecemento.
  • Causantes pensionistas: día primeiro do mes seguinte á data do feito causante, cando a solicitude se presente nos 3 meses seguintes á data do falecemento.

Cando a solicitude se presente fóra dos 3 meses seguintes á data do falecemento, terase dereito á percepción cunha retroactividade máxima de 3 meses á data de solicitude.

Pagamentos:

A pensión abóase mensualmente, con dúas pagas extraordinarias nos meses de xuño e novembro, agás nas pensións de accidente de traballo e enfermidade profesional, que se reparten entre as doce mensualidades ordinarias.

A pensión ten garantidas contías mínimas e revalorízase ao comezo de cada ano.

A pensión está suxeita ao imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF).

Compatibilidades / Incompatibilidades
  • A pensión será incompatible cun determinado nivel de rendas e coa percepción doutra pensión pública.
  •  A realización de traballos por parte de netos e irmáns maiores de 18 anos produce os mesmos efectos suspensivos que na pensión de orfandade.
Prazos:

Presentación da solicitude: Non existen prazos.

Resolución do expediente: 90 días desde a data de presentación da solicitude. Actualmente, o prazo medio é de 13 días.

Extinción:

Netos/as e irmáns/ás.

  • Por facer da idade máxima, agás incapacitados.
  • Por cesar a incapacidade que outorga o dereito á pensión.
  • Por adopción.
  • Por contraer matrimonio, salvo excepcións.
  • Por falecemento.
  • Por comprobarse que non faleceu o traballador desaparecido.

Ascendentes e fillos e irmáns de pensionistas:

  • Por contraer matrimonio.
  • Por falecemento.
  • Por comprobarse que non faleceu o traballador desaparecido.
Impresos:

Solicitude de prestacións de supervivencia.

Documentación:

Os documentos que se detallan no modelo de solicitude.

Onde se tramita:

Nos centros de atención e información da Seguridade Social e nas oficinas do Instituto Social da Mariña (os traballadores do mar).

Entidade competente:

O recoñecemento do dereito á pensión corresponde ao Instituto Nacional da Seguridade Social ou ao Instituto Social da Mariña, para os traballadores do mar. Cando a morte se deba a accidente de traballo, poderá corresponder á Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais.

Outros datos de interese:

Preguntas máis frecuentes 



Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.

Icona de conformidade cos estándares AA Icona de conformidade cos estándares HTML 4.0. Icona de conformidade cos estándares CSS