
MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL
Contenido
Trámites e Xestións
Estás en: Inicio » Trámites e Xestións » Prestacións de morte e supervivencia » Pensión de viuvez
Pensión de viuvez
| Obxecto: |
Protexer a situación de necesidade económica ocasionada polo falecemento da persoa que orixina a prestación. |
|---|---|
| Beneficiarios: |
Persoas que tivesen vínculo matrimonial ou fosen parella de feito do falecido e non contraesen novo matrimonio:
|
| Requisitos: |
Cumprirá acreditar un período de cotización, que variará segundo a situación laboral do falecido e da causa que determina a morte:
Non se esixe período previo de cotización, cando a morte se produce como consecuencia de accidente ou enfermidade profesional. Ademais, será necesario acreditar unhas condicións específicas nos supostos de matrimonio, cando o falecemento se deba a unha enfermidade común anterior ao vínculo matrimonial; nos supostos de separación, divorcio e nulidade; e nos de parellas de feito. |
| Contía: |
A prestación económica calcúlase aplicando a porcentaxe do 52 % á correspondente base reguladora , que varía en función da situación laboral do falecido na data do falecemento e da causa que determine a morte. Cando o beneficiario ten cargas familiares e un determinado nivel de ingresos, a porcentaxe poderá aumentar ata o 70 %. Cando non se acceda á pensión, por non acreditar o período de duración do matrimonio ou non ter fillos en común, aboarase unha prestación temporal durante dous anos, en contía igual á pensión de viuvez que lle correspondese. |
| Efectos económicos: |
Cando a solicitude se presente fóra dos 3 meses seguintes á data do falecemento, terase dereito á percepción cunha retroactividade máxima de 3 meses á data de solicitude. |
| Pagamentos: |
A pensión abóase mensualmente, con dúas pagas extraordinarias nos meses de xuño e de novembro, quitado as pensións de accidente de traballo e enfermidade profesional, que se reparten entre as doce mensualidades ordinarias. A pensión está suxeita ao imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF). |
| Compatibilidades / Incompatibilidades |
|
| Prazos: |
|
| Extinción: |
|
| Impresos: | |
| Documentación: |
Os documentos que se detallan no modelo de solicitude. |
| Onde se tramita: |
Nos centros de atención e información da Seguridade Social e nas oficinas do Instituto Social da Mariña (os traballadores do mar). |
| Entidade competente: |
O recoñecemento do dereito á pensión corresponde ao Instituto Nacional da Seguridade Social, ao Instituto Social da Mariña (para os traballadores do mar) e á mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais (cando a morte se deba a accidentes de traballo). |
| Outros datos de interese: |
|
Pie
Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.





