
MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL
Contenido
Servizos de cesión de datos para as Administracións Públicas
Estás en: Inicio » Servizos de cesión de datos para as Administracións Públicas
Servizos de cesión de datos para as Administracións Públicas
Se coñece xa estes servizos e os requisitos necesarios, pode acceder directamente:
Acceso con certificado dixital Acceso con Certificado Silcon
Descrición:
Servizos destinados única e exclusivamente ás Administracións Públicas, segundo se describe no Real Decreto 209/2003 do 21 de febreiro (B.O.E. 28/2/2003).
Os servizos consisten na cesión por parte da Tesourería Xeral da Seguridade Social (TGSS) ou do Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), a outras Administracións e Organismos Públicos, de determinada información necesaria para o exercicio das súas funcións, con suxeición ao establecido na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal e a Lei 11/2007 do 22 de xuño de Acceso Electrónico dos Cidadáns aos Servizos Públicos. A obtención desta información estará suxeita á previa xustificación por parte do solicitante e a correspondente aceptación por parte da TGSS ou do INSS.
A autorización para o uso dos servizos poderá ser revogada en calquera momento sen previo aviso, cando se detecte calquera uso irregular ou indebido. Esta autorización tamén poderá ser revogada, previo aviso, no caso de detectarse calquera dato incorrecto na solicitude de autorización de acceso.
O titular do órgano asinante da solicitude velará polo cumprimento das obrigas, garantías e normativa aplicable ao subministro e/ou comunicación da información, que será utilizada para as finalidades indicadas nos formularios e cada unha das peticións que se efectúen no marco dun procedemento administrativo concreto.
O organismo requirente adoptará cantas medidas de seguridade se estimen necesarias de acordo á normativa referente á protección de datos (LOPD 15/1999) e disporá dun documento de seguridade, que, naqueles servizos en que así se estableza, poderá ser requirido para a súa avaliación como requisito previo á autorización da cesión de datos.
Cantas autoridades, funcionarios e resto de persoal teñan coñecemento dos datos ou información subministrados en virtude da autorización para a utilización deste sistema estarán obrigados ao máis estrito sixilo respecto deles. A violación desta obriga implicará incorrer nas responsabilidades penais, administrativas e civís que resulten procedentes, así como o sometemento ao exercicio das competencias que corresponden á Axencia de Protección de Datos.
A prestación destes servizos baséase no intercambio de ficheiros de xeito seguro. O solicitante deberá crear un ficheiro de solicitude e envialo á TGSS ou ao INSS, e posteriormente poderá recoller os ficheiros de resposta xerados pola TGSS ou polo INSS .
Servizos dispoñibles:
- R001.- INFORME DE SITUACIÓN DE DÉBEDA
Con este servizo, á entidade requirente, se lle informa acerca de se terceiros suxeitos teñen ou non débedas coa Seguridade Social.
Requisitos de acceso a este servizo
Instruccións para a utilización deste servizo
- A002.- INFORME DE VIDA LABORAL DE EMPRESAS
Con este servizo proporciónase a relación de traballadores adscritos a un Código de Conta de Cotización nun período determinado. Para acceder a este servizo é necesario dispoñer dun Sóftware IFI.
Requisitos de acceso a este servizo.
Instrucións para a utilización deste servizo
- A003.- ACREDITACIÓN ACTIVIDADE AGRARIA CONTA PROPIA
Con este servizo emítese un informe que acredita a actividade agraria como traballador por conta propia a unha data determinada ou nun período concreto.
Requisitos de acceso a este servizo.
Instrucións para a utilización deste servizo. - A004.- INFORME SITUACIÓN ACTUAL DO TRABALLADOR
Con este servizo proporciónase un informe no que consta, á data de petición, a situación do solicitante no Ficheiro Xeral de Afiliación.
Requisitos de acceso a este servizo.
Instrucións para a utilización deste servizo
- A006.- INFORME DE VIDA LABORAL ÚLTIMOS 6 MESES
A través deste servizo facilitarase un informe cos datos laborais do traballador referido aos 6 meses anteriores á solicitude do mesmo.
Requisitos de acceso a este servizo.
Instrucións para a utilización deste servizo
- A007.- INFORME ALTA LABORAL A DATA CONCRETA
Con este servizo pódese consultar ou obter un informe no que unicamente se indicará SI ou NON respecto de se o identificador consultado estaba de alta laboral a unha data concreta. No seu caso, aparecerá algunha das seguintes mensaxes:- Identificador inexistente na base de datos.
- Identificador duplicado na base de datos.
- Identificador incorrecto / formato erróneo
Instruccións para a utilización deste servizo.
- A008.-INFORME NÚMERO MEDIO ANUAL DE TRABALLADORES EN SITUACIÓN DE ALTA
Con este servizo poderase consultar ou obter un informe sobre o número medio de traballadores que permaneceron en alta nalgún momento durante os últimos tres anos nunha empresa.
Requisitos de acceso a este servizo.
Instrucións para a utilización deste servizo
- A009.- INFORME DEBEDORES TRIBUTARIOS
A través deste servizo poderase obter un informe, unicamente a efectos de recadación por débedas tributarias, con datos de traballadores en situación de alta en empresas ou por conta propia.
Requisitos de acceso a este servizo.
Instrucións para a utilización deste servizo
- P001.- INFORME DE PENSIONISTAS A EFECTOS FISCAIS
Con este servizo infórmase á entidad requirente, acerca de se terceiros suxeitos son ou non pensionistas do sistema de Seguridade Social a efectos do cumprimento de obrigas fiscais no ámbito das súas competencias.
Requisitos de acceso a este servizo.
Instrucións para a utilización deste servizo.
- P002.- INFORME DE PENSIONISTAS CON IMPORTES ACTUAIS E CONSENTIMENTO DO INTERESADO
Con este servizo infórmase á entidade requirente do tipo e importe actual das pensións do sistema de Seguridade Social para a xestión das súas competencias.
Requisitos de acceso a este servizo.
Instruccións para a utilización deste servizo.
- P003.- INFORME DE PENSIONISTAS CON IMPORTES ACTUAIS E DE EXERCICIOS ANTERIORES E CONSENTIMENTO DO INTERESADO.
Con este servizo infórmase á entidade requirente do tipo e importe actual e de exercicios anteriores das pensións do sistema de Seguridade Social para a xestión das súas competencias.
Requisitos de acceso a este servizo.
Instrucións para a utilización deste servizo.
Pie
Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.





