MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL

Seguridade Social

Escudo de España ao carón do logotipo do Ministerio de Emprego e Seguridade Social con ligazón á súa páxina web. Ligazón nunha nova ventá. Logotipo da Seguridade Social con enlace á páxina de inicio
Información Lingüística

Direccións e teléfonos

Estás en: Inicio » Direccións e teléfonos » Servizo de atención telefónica

Servizo de atención telefónica

A Seguridade Social pon á súa disposición as súas liñas telefónicas a través das cales poderá recibir información e realizar diferentes trámites sen necesidade de desprazamentos e co compromiso de: Non deixarlle sen resposta, facilitar a información e datos solicitados en prazos mínimos e confidencialidade.

Liña 900 16 65 65 de Pensións e outras prestacións (INSS )

Liña 901 50 20 50 de Afiliación, Inscrición, Recadación, Aprazamentos, RED  (TGSS )

Liñas das oficinas e outros centros da Seguridade Social

Para manter a confidencialidade dos seus datos todos os informes ou documentos relativos a eles enviaranse unicamente ao seu nome e ao domicilio que conste nos nosos ficheiros.

De non coincidir os datos achegados polo cidadán cos existentes nas nosas bases de datos, enviarémoslle un impreso (a franquear en destino) no que de forma sinxela poderá actualizar os datos para que unha vez seguros da súa identidade podamos remitirlle o solicitado

Para facilitar a comunicación ao realizar a chamada teña a man a documentación necesaria para a súa consulta: DNI  (Documento Nacional de Identidade), NAF (Número de afiliación), CCC (Código de Conta de Cotización) etc .

Liña 900 16 65 65 de pensións e outras prestacións (INSS )

  • É un teléfono gratuíto, común a todo o territorio nacional, no que se ofrece atención directa e personalizada, de luns a venres (non festivos), en horario ininterrompido de 9 a 20 horas.
  • Este servizo especializado de atención e información proporciona:
    • Información xeral e orientación sobre requisitos, solicitudes, documentación, procedemento e trámites necesarios para acceder ás prestacións do sistema da Seguridade Social.
    • Información xeral sobre prestacións recoñecidas, revalorización, complementos por mínimos, incompatibilidades e concorrencia de pensións, etc.
    • Información particularizada sobre a fase na que se atopa o trámite das solicitudes ou cuestións relacionadas coa prestación recoñecida.
    • A través deste servizo, pódese solicitar a Tarxeta Sanitaria Europea que se enviará, por correo postal, ao domicilio do interesado.
    • Ademais, facilítase información sobre calquera tema de Seguridade Social relacionado coa xestión encomendada ao INSS.

Liña 901 50 20 50 de Afiliación, Inscrición, Recadación, Aprazamentos, RED  (TGSS)

Este teléfono estará dispoñible durante as 24 horas do día, se ben a atención será personalizada durante a xornada laboral de mañá e tarde.

Proporcionarase información sobre os seguintes temas:

Afiliación, Inscrición, Recadación, Aprazamentos:

  • Información xeral sobre:
    • Afiliación, altas, baixas e variacións de datos de traballadores.
    • Inscrición de empresas e asignación de códigos de conta de cotización.
    • Convenios especiais.
    • Cotización e recadación de cotas.
    • Aprazamentos e fraccionamentos do pagamento.
    • Calquera outra información relacionada coa xestión da Tesourería Xeral da Seguridade Social
  • Expedición informes e certificados:
    • Informes ou certificados de afiliación, altas ou baixas.
    • Certificados de situación de cotización de empresas.
    • Certificados de cotización de exercicios económicos anteriores.
    • Vidas laborais de traballadores.
  • Facilitar o trámite de diversas xestións:
    • Envío de documentación necesaria para as altas e baixas dos Réximes Especiais de Traballadores Autónomos e Empregados de Fogar.
    • Emisión e envío de duplicados de documentos de afiliación.
    • Remisión de modelaxe para actos concretos.
    • Actualización e variacións de datos persoais e domicilios de traballadores.
  • Nas Cartas de Servizo de Xestión e Atención telefónica ao cidadán pode obter unha información máis completa sobre os Servizos de Atención Telefónica que proporciona a Tesourería Xeral da Seguridade Social.

Servizos RED

  • A través deste número, as empresas, agrupacións de empresas e profesionais poderán contactar para resolver as dúbidas relativas ao manexo do Sistema RED na modalidade de Internet, proporcionándolle un asesoramento personalizado, atendendo as súas consultas e incidencias e xestionando o acceso a xornadas e cursos para o usuario.

    Toda a información relativa a este servizo atópase en Sistema RED .

Configuración de Equipos Telefónicos

No suposto de que observe problemas á hora de seleccionar as opcións que se lle ofrecen neste teléfono 901 50 20 50, pregamos siga as seguintes instrucións:

  • Usuarios que non teñan central telefónica: a práctica totalidade dos terminais deben dispoñer da posibilidade de transmitir en multifrecuencia (en adiante MF), debido a que a maioría das centrais públicas permiten esta posibilidade.
  • Usuarios que posúan central telefónica:

    • TELÉFONOS ANALÓXICOS: a práctica totalidade dos terminais permite transmitir tons MF sen intervención do usuario. Non obstante, poden existir aparatos analóxicos que dispoñán dunha tecla para activar MF ou DEC, en cuio caso o usuario deberá verificar que se atopa na posición MF .
    • TELÉFONOS DIXITAIS: os terminais dixitais adoitan requirir premer un código previo para activar a transmisión de tons MF. A continuación amósase unha táboa que indica a forma de activar a MF nos teléfonos dixitais máis comúns do mercado.
Forma de activar a |MFnos teléfonos dixitais
MARCA CENTRAL TELEFÓNICA APARATO TELEFÓNICO CONFIGURACIÓN
Ericsson MD110 Dixital Premer 9 durante a escoita da locución. Aparece "Emisor de Tons Activo"
Ericsson Bussinessphone 50 e 250 Dixital Na maioría, chega con premer 9 ou *
Alcatel Algúns analóxicos Premer 72
Alcatel Dixital No menú do teléfono existe a opción MF
Neris Digital Office Premer * durante uns segundos ata que aparezan unhas pequenas raias no display/pantalla do teléfono
Neris Digital Cristal No menú, premer a tecla "Estado comunicación", baixar coa frecha ata "Modo Transparente" e cambiar o estado a ACTIVADO.
DKDA Dixital Por defecto, teñen activados os tons MF. Se non, deberán activarse por programación da central telefónica.
Siemens Dixital Por defecto, teñen activados os tons MF. En versións antigas, premer *53
Os usuarios que posúan outra marca de central sería aconsellable que contactaran co seu provedor. Así mesmo, dentro de cada marca hai moitos modelos e dentro de cada modelo pode haber diferentes preconfiguracións realizadas nas centrais, polo que nalgúns casos deberíase contactar igualmente co subministrador da central telefónica.


Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.

Icona de conformidade cos estándares AA Icona de conformidade cos estándares HTML 4.0. Icona de conformidade cos estándares CSS