
MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL
Contenido
Coñécenos
Quen somos?
O organigrama amosa os Organismos e Entidades que integran a Seguridade Social.
Como órgano superior atópase o Ministerio de Traballo e Inmigración, do que depende a Secretaría de Estado da Seguridade Social. Como órgano de apoio e asistencia inmediata ao Secretario de Estado existe un Gabinete, cun nivel orgánico de Subdirección Xeral.
Á súa vez, da Secretaría de Estado dependen a Dirección Xeral de Ordenación da Seguridade Social, a Intervención Xeral da Seguridade Social e o Servizo Xurídico da Administración da Seguridade Social .
A xestión do Sistema de Seguridade Social español atribúese, entre outros, aos seguintes entes públicos con personalidade xurídica propia, adscritos ao Ministerio de Traballo e Inmigración a través da Secretaría de Estado da Seguridade Social: o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), o Instituto Social da Mariña (ISM), a Tesourería Xeral da Seguridade Social (TGSS) e a Xerencia de Informática da Seguridade Social.
Pie
Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.





