MINISTERIO
DE EMPLEO
Y SEGURIDAD SOCIAL

Seguridade Social

Escudo de España ao carón do logotipo do Ministerio de Emprego e Seguridade Social con ligazón á súa páxina web. Ligazón nunha nova ventá. Logotipo da Seguridade Social con enlace á páxina de inicio
Información Lingüística

Coñécenos

Estás en: Inicio » Coñécenos » Quen somos? » Instituto Nacional da Seguridade Social

Instituto Nacional da Seguridade Social

Que é o Instituto Nacional da Seguridade Social?

É unha entidade xestora adscrita ao Ministerio de Traballo e Inmigración, con personalidade xurídica propia, que ten encomendada a xestión e administración das prestacións económicas do sistema público de Seguridade Social e o recoñecemento do dereito á asistencia sanitaria, con independencia de que a lexislación aplicable teña natureza nacional ou internacional.

Que competencias ten?

  • O recoñecemento, xestión e control das seguintes prestacións:
  • Xubilación (nivel contributivo).
  • Incapacidade permanente (nivel contributivo).
  • Morte e supervivencia (viuvez, orfandade, en favor de familiares e auxilio por defunción).
  • Incapacidade temporal.
  • Maternidade.
  • Risco durante o embarazo.
  • Prestacións familiares (fillo a cargo, nacemento de terceiro ou sucesivos fillos e parto múltiple) (nivel contributivo e en nivel contributivo e non contributivo).
  • Indemnizacións económicas derivadas de lesións permanentes non invalidantes.
  • Prestacións económicas e sociais do síndrome tóxico.
  • Seguro escolar.
  • O recoñecemento do dereito á asistencia sanitaria.
  • A xestión e o funcionamento do rexistro de prestacións sociais públicas.
  • A xestión do fondo especial de mutualidades de funcionarios da Seguridade Social.
  • No ámbito internacional, a participación –na medida e co alcance atribuído polo Ministerio de Traballo e Inmigración– na negociación e execución dos Convenios Internacionais de Seguridade Social, así como a pertenza a Asociacións e Organismos internacionais.


Copyright © Seguridad Social 1995. Todos os dereitos reservados. Aviso Legal.

Icona de conformidade cos estándares AA Icona de conformidade cos estándares HTML 4.0. Icona de conformidade cos estándares CSS